14 C
Santa Comba
martes, marzo 11, 2025

Iris Marcote avanza na investigación do cancro colorrectal

Unha xove médica de 26 anos, filla dun veciño de Ponte do Porto, Juan Carlos Marcote, acaba de dar un novo paso na súa carreira no laborioso e calado estudo contra o cancro, dentro dun prestixioso grupo de investigación con referentes de primeira liña mundial.

Iris Marcote, estudante de Doutorado pola Universidade de Barcelona e investigadora oncolóxica en Oniria Therapeutics acostuma a visitar a localidade natal do seu pai, na ría de Camariñas.

Recentemente foi obxecto dunha información neste medio dando conta dalgunhas das súas accións no campo da loita contra o cancro, novas da súa fase inicial que queremos actualizar coa voz da propia protagonista que avanza na súa encomiable labor, agora cun novo campo de traballo.

«Aínda que son de Santiago, levo anos pasando veráns en Ponte do Porto e éncheme de alegría ser recoñecida nunha reportaxe como a de Adiante Galicia» indica a xove, que comezou no grupo de Joan Seoane na súa primeira estancia no Vall d´Hebrón Instituto Oncológico VHIO mais explica que «actualmente non estou nese laboratorio; eu estudo as células durmintes en cancro colorrectal».

Oniria Therapeutics

Neste novo avance na súa biografía tras a fase de aprendizaxe anterior da que nos fixemos eco a científica indica que «Actualmente, e desde o último ano, estou nunha spin-off do VHIO, Oniria Therapeutics, que xurdiu dunha investigación de Héctor G. Palmer (xefe do grupo) e a Dra. Isabel Puig».

Anuncia a estudante porteña que «A labor na que se basea a miña investigación de Oniria Therapeutics iniciouse grazas ó estudo de TET2», que aparece referenciado nunha publicación da AECC, de inhibidores TET2 como nova estratexia contra a progresión do cancro.

«A día de hoxe seguimos traballando con Isabel Puig, quen é cofundadora e proporciona consello científico a Oniria Tx»; sendo Puig unha prestixiosa científica que ten a súa propia investigación no VHIO en DPPA3.

Marcote quere aclarar que os grupos de investigación do VHIO que citamos no artículo anterior «son tremendamente innovadores no estudo oncolóxico. Así, foi un placer traballar con eles e citalos é relevante para coñecer a miña traxectoria», aínda que ela de inicio non tivo unha parte activa en certas investigacións e logros que fixeron posteriormente.

Agradece que Adiante Galicia se faga eco da investigación contra o cancro, «É un honor aparecer nun artigo no diario, sobre todo despois de tantos anos adicados neste campo que me apaixona e me parece tan imprescindible que coñeza a cidadanía».

Segundo indica o centro de investigación Oniria Therapeutics, ONR-001 é a primeira molécula da súa clase que activa alostéricamente TET2, unha encima epigenética mestra, o que fai que as células tumorales entren nun estado latente e mesmo morran. Este método único pódese utilizar con éxito en todas as etapas da enfermidade, desde tumores primarios ata cancro metastásico resistente recorrente.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos