7.5 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

A Escribenta das Canaveiras, en situación crítica

A Escribenta das Canaveiras, en castelán “Escribano Palustre” (Emberiza schoeniclus) é de tamaño medio, duns 15 ou 16 centímetros. Na súa plumaxe destacan os tonos castaños e brancos, con variacións na época de cría.

Está en situación de perigo crítico. É unha das aves paseriformes que máis están sufrindo a regresión.

Hembra en plumaje de invierno

Entre 20 e 30 parellas reprodutoras en Galicia

En Galicia a subespecie lusitánica localízase en media ducia de humidais de Galicia. De feito, o último censo elaborado por SEO-Birdlife calcula a existencia de entre 20 e 30 parellas cun descenso dun 62% con respecto as estatísticas anteriores. Da especie iboriental estímase unha poboación de 238-244 parellas. Xa desapareceu de comunidades como Euskadi, Asturias ou Cantabria.

Ao tratarse dunha ave moi vencellada aos humidais e tendo en conta o mal estado destes, a situación non fai máis que empeorar. Desde a Sociedade Española de Ornitoloxía piden unha estratexia nacional para a recuperación da Escribenta das Canaveiras, que pasa pola recuperación dos hábitats axeitados e mellorando a xestión hidrolóxica dos humedais.

Macho en plumaje de invierno

Parques eólicos

Precisamente esta entidade presentou alegacións contra o proxecto do parque eólico Pena dos Mouros, que afectaría aos concellos de Laxe, Vimianzo e Camariñas.

Destacan os valores ornitolóxicos deste territorio como residencia e tamén como corredor migratorio, e sinalan que está preto de humedais como a Lagoa de Traba, que é unha das áreas críticas designadas no plan de recuperación da escribenta das canaveiras aprobado pola Xunta de Galicia fai unha década.

En base a isto, parece que ameazas non lle faltan a esta ave que habita a vexetación e os carrizais, e se alimenta de sementes de plantas aínda que en época reprodutora tamén se alimentan de invertebrados, na maioría insectos que son o alimento básico das súas crías.

FOTOS- SEO BIRDLIFE

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos