9.1 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

“Queriamos que a xente quedase con ganas e non empachara con Los Gemelos”

Los Gemelos y su Orquesta” tiveron moita sona nos anos 80 e 90, cos irmáns Ángel e Eduardo Vázquez Calvete á fronte das diferentes formacións que se sucederon desde 1979.

“Foron tempos de moito traballo. Ao ser xemelgos tiñamos ese gancho pero a orquestra saíu preparada e gustaba. O nome tiraba pero tamén respondiamos ó prezo que levabamos” comentoume Ángel nunha entrevista fai uns meses en Radio Xallas.

E cal sería o secreto do éxito de Los Gemelos?

  • Nós viamos como algúns artistas cansaban á xente. Queriamos que a xente quedara con ganas e non empachara con Los Gemelos.

De feito os seus pases eran duns 40 minutos. Tiveron repercusión en Galicia e nas comunidades de emigrantes de Brasil, Suíza, Alemania e Francia onde fixeron xiras. Gravaron catro cassettes que se venderon moi ben e deixaron multitude de anécdotas que aínda perviven na memoria colectiva. Como as súas rancheiras.

«As cousas con cariño sempre saen mellor»

“Gustábanos cantar rancheiras e cando fas as cousas con cariño sempre saen mellor. Sempre había rancheiras no noso repertorio”. E tamén tiraban da imaxinación:“Eles collían unha canción e inventaban unha letra” contoume un músico que estivo varios anos con eles.

“Había bo rollo. A xente non marchaba mentres a orquestra actuaba” lembraba Ángel Vázquez. Sen dúbida unha mostra da atención que lle prestaban a esta formación que hoxe quero lembrar.

Comentario sobre LOS GEMELOS EN RADIO XALLAS

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos