O Concello de Vimianzo foi un partido xudicial no 1820 e dous anos despois pasou da antiga provincia de Santiago a da Coruña. En obras como o diccionario de Madoz ou o traballo «Os concellos galegos» de Xosé Fariña Jamardo aparecen datos de interese.
Vimianzo e os primeiros concellos constitucionais
Nesta etapa, o que hoxe é concello de Vimianzo e o seu término, tiveron un axuntamento constitucional chamado Vimianzo, que pertencia o partido xudicial do mesmo nome, e que figura nos repartimentos que fai a entón deputación única de Galicia, para distribuirlle entre os axuntamentos quintas e contribucións.
Vimianzo, figura no repartimento que fai a deputación de Galicia o 7 de xullo de 1821, para distribuila quinta, coa obriga por parte do axuntamento de Vimianzo de entregar catro homes y tres cuartos. Tamén no repartimento da contribución territorial figura coa cantidade de 55.719 rs. 17ms. que leva a data do 13 de setembro de 1821; o no da contribución de consumos do 2 de outubro de 1821, coa de 8.286 rs. 6ms.
Vimianzo, segue pertencendo o partido xudicial de Vimianzo cando a comezos do 1822 se fai a división de Galicia en catro provincias, pasando a depender da provincia da Coruña, no orde de imposicións, sendo a súa deputación a que o 27 de xullo de 1821, fai un repartimento de quintas, no que queda obrigado Vimianzo a entregar dous homes e tres décimos; e logo cando a mesma deputación distribúe un seu presuposto para o ano 1822-23, o día 10 de decembro de 1822, figura coa cantidade de 4.351 rs. 30 ms.
A DIVISIÓN MUNICIPAL DO R.D. DE 23 DE XULLO DE 1835
O facerse a nova división xudicial do 1834, o antiguo partido xudicial de Vimianzo, deixa de chamarse asi e pasa a chamarse: Corcubión, e nél é no que se integra o axuntamento de Vimianzo, e cando se fai a división de axuntamentos segundo o R.D. de 23 de xullo de 1835, o proxecto correspondente a este partido e publicado pola deputación de Coruña para observación, no BOPCO, número 123 do 11 de maio de 1836, en el figura o axuntamento de Vimianzo coas mesmas catorce parroquias que agora ten.
Rematado o período de presentación de observación, o proxecto foi levado a sesión da deputación do 6 de xuño de 1836 na que é aprobado o proxecto, sen cambios no que o axuntamento de Vimianzo se refire en relación co proxecto.
E foi tamén a diputación provincial a encargada de publicar o acordado, que fixo apresa, porque queria a instalación inmediata dos novos concellos, sendo a do partido xudicial de Corcubión, publicada no BOPCO, número 139, do 18 de xuño de 1836, e nel figura o axuntamento de Vimianzo, do seguinte xeito literal:
AS VARIACIÓNS QUE SE PRODUXERON DESPOIS
Non se produxeron variacións no concello de Vimianzo. Cando a Deputación na sesión do 5 de abril de 1842, decide reducir o número de axuntamentos, deixa no partido de Corcubión só tres, desaparecendo o de Vimianzo, pasandolle tres parroquias o de Camariñas, e o resto méteo no preconizado axuntamento de Roma, xunto cos de Zas, pero a cousa non pasou dun proxecto mais.
ADSCRICIÓNS
O agora término municipal de Vimianzo, nos tempos do antigo rexime, pertencia a provincia de Santiago, unha das sete clásicas do Reino. Promulgada a Constitución do ano 1812, pasa a integrarse na provincia única de Galicia. Feita a distribución de Galicia en catro provincias, polo D. de Cortes de 27 de xaneiro de 1822, e logo polo R.D. de 30 de novembro de 1833, nas duas veces pasa adscrito a nova provincia da Coruña, onde segue.
O facerse a distribución en partidos xudicias pola deputación única o 3 de marzo de 1820, Vimianzo é entón cabeceira ou capital do partido xudicial que leva o seu nome. Na nova distribución feita polo R.D. do 21 de abril de 1834, pasa entón a formar parte do novo partido xudicial de Corcubión, do que dende entón segue dependiendo ata agora.
No tempo de vixencia dos xulgados comarcais creados pola Orde do 24 de marzo de 1945, Vimianzo, dispuso do seu xulgado comarcal do que dependían os xulgados de paz dos concellos de Camariñas e Zas.
As suas parroquias eclesiásticamente pertenecen a diócese de Santiago.