5.1 C
Santa Comba
sábado, marzo 30, 2024

María Mourelle:“Empecei a traballar na mina de Varilongo con dez anos»

“Empecei a traballar na mina con dez anos de pico e pala e despois fun para o lavadoiro grande”. A vida de María Mourelle Martínez estivo vencellada desde pequena e durante case unha década á mina de Varilongo.

O testemuño doutra muller mineira. Como outras da zona. “En Grixoa de Esternande estabamos todos na mina e quedaba o lugar limpo. Tamén xa andivemos a roubeta cos vixiantes correndo detrás nosa”.

Agora vive en Boaña de Arriba(Castriz) e comparte as súas lembranzas:”Primeiro traballei nas canaletas de madeira onde lavábamos a terra e quedaba o mineral.Aquilo era traballar, e comer unha cunca de caldo e un cacho de broa”.

María Mourelle co director deste xornal Xosé Manuel Lema

Tres anos complicados:”O principio era máis bruto porque tiña que cargar as vagonas e picar. Cando empecei no lavadoiro cambioume ben a vida”.

Había quen tentaba sacar wolframio da mina:”Enchían os mineirais no peto e uns tiñan que rexistrar ós outros. O mellor levaban os petos cheos pero, como eramos veciños, o que rexistraba facía a vista gorda.Eu non quería rexistrar porque eran veciños”.

O material que se sacaba da explotación tiña unha estupenda saída no mercado: ”Había un de San Salvador que compraba o wolframio polas portas”.

María Mourelle, con Xosé Manuel Lema e o seu bisneto

María Mourelle:»Saía da casa coa pandeireta na man»

Os domingos era día de paseo:”Iamos andando ata a Feira da Agualada cos zocos calzados e os zapatos na man”.

Tamén había bailes nos lugares. En Grixoa, nunha casa da Cotoleira. María Mourelle non tiña problemas:”Saía da casa coa pandeireta na man”.

Unha pandeireta que acompañouna desde pequena:”Anido tocaba a gaita e tiña unha moza en Grixoa. Un día díxome: Toma esta pandeireta e toca conmigo. E desde aquela”.

Pese o duro traballo un carácter festeiro:”Baixábamos da Mina de Varilongo e eu empezaba no alto a cantar e a xente quedaba mirando nas leiras”.

María Mourelle tocando a pandeireta

“A mina era moi importante. Despois quedou ben, todo tranquilo, non había roubeta, nin pelexas, e os lavadoiros traballaban. Eu despois estiven no lavadoiro central, onde refinaba o material na criba. E non me movín dalí ata que marchei da mina con 19 cando me casei”.

Houbo que seguir traballando duro. Despois foi o seu home o que traballaba na mina e ella desenvolvía tarefas varias:”Antes tiñamos sete vacas que había que muxir a man e daban dez litros de leite que vendiamos nun caldeiro”.

Escoita a María Mourelle en Radio Xallas- Desde o minuto 63

Moitos fogares seguiron durante anos exercendo de pousadas para mineiros:”Viña xente de moi lonxe, Aquí en Boaña de Arriba había xente de Anxeriz ou Entrecruces que durmía nunha palloza. Na mina pagaban ben.

Coa pandereta na man, María, nacida no contexto dunha Guerra Civil, lembra historias e un amplo surtido de coplas e cancións que partillou connosco, ante a mirada atenta do seu bisneto Suso.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos