8.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Antonio Amigo Ramos. Un trovador do Xallas

-Rafael Lema-

Antonio e José Amigo Ramos son dous referentes da música galega. José Amigo Ramos formou parte da orquestra coruñesa Los Satélites, e viviu en América onde destacou en Casino de Sevilla e Alegrías de España, as dúas con varios discos gravados. Daquela en América os músicos españois aprenderon das grandes orquestras de estilo norteamericano, e cambiaron o rumbo das nosas bandas cando regresaron.

Así o fixeron os compañeiros de Amigo en Casino de Sevilla en Cataluña. Ou Los Satélites cando ven da súa xira en Venezuela. José dirixiu a banda de música local e a de Ponteceso. O seu irmán Antonio era autor de partituras que hoxe recrean as bandas de música galegas. A banda de Cee inclúe nos seus discos varias pezas súas. Con don José teño estado moitas mañás falando destas cousas, afamados musicólogos cataláns viñeran facerlle unha reportaxe como memoria viva da gran reforma das bandas en Cataluña e presenciei o fervor que lle mantiñan.

O seu irmán Antonio Amigo naceu en Grixoa de Cícere o 24 de agosto de 1926 e faleceu novo nun accidente de trafico, o 10 de novembro de 1985, ós 57 anos de idade. Está soterrado en Corcubión, de onde é natural a súa dona, Alejandrina Amigo González. Do matrimonio naceron tres fillos: Margarita, J. Antonio e Blanca. Constantino Amigo foi o pai, e tanto el coma o avó de Antonio tamén foran músicos. Empezou traballando na construcción, como canteiro, e foi estudiar música ó Conservatorio da Coruña, sendo alumno de Rodrigo A. de Santiago (director da Banda Municipal coruñesa) e de Ricardo Dorado, músico militar. Entrou no mundo da verbena como acordeón da orquesta Sintonía. Tamén tocaba na Banda de Santa Comba de José Ferrero. «Daquela tivera tamén problemas cunha enfermidade pulmonar, pero que non lle impediu seguir exercendo a súa profesión2, como recolle nun traballo do ano 2000 Amancio Liñares.

No 1954 pasa a ser director da Banda de Música de Silleda (Pontevedra), logo da de Viveiro (Lugo), no 1959. Na década de 1960 marchou a Toro (Zamora). A familia trasladouse a Valladolid, onde viviron 8 anos. «No Conservatorio desta capital castelá foi profesor dun curso superior de Composición, e, con 45 anos, concluíu a carreira de piano. Xubilouse naquela cidade, por enfermidade, pero non reamaría aí a súa efección e labor musical» indicaba Liñares no seu artículo.

Antonio Amigo vén a Compostela, dirixiu a afamada banda de música de Merza (Pontevedra). Con esta agrupación viaxou a Venezuela en 1981 e gravou unha cinta. Tamén nese ano 81 as súas composición encheron un disco da Banda de Música de la Guardia Civil, Primera comandancia móvil, de Madrid, dirixida polo capitán Alejandro Fernández Sastre. Este disco, editado por Ibérica de Sonido (Madrid, 1981) inclúe as seguintes composición do autor: Aquí Galicia, Pasodoble; Villagarcía, Fantasía Gallega; Silleda, Pasodoble; Maruxiña, Muiñeira; Carballeira, Jota; Príncipe heredero, Marcha Militar; Melodía, Por Esta noche…, Cimbia; Dinamita, Rock and Roll; Santos Bartolomé, Marcha Pasodoble; Dorado, Pasodoble. O golpe do 23-F de Tejero colleunos neste trafego.

Como compositor, ademáis do seu propio nome, A. Amigo empregou os pseudónimos de Ricor e Orgima. Ten máis dun cento de composición propias, entre elas unha Suite, creada para a Orquestra Sinfónica de Caracas. Puxo a andar un selo de producción musicais –«Producción de Discos AMIGO», con obras de «Ediciones CORAL»-, domiciliado na rúa Arzúa, de Santiago. A web Patrimonio Musical recolle na súa base de datos de dúas marchas súas como un dos grandes autores da música española.

Fotos- Concello de Santa Comba

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos