11.1 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Unha descoñecida foto artística da Bela Otero nun álbum de Ponte do Porto

– Rafael Lema Mouzo-

Nun arcón de fotos da localidade coruñesa de Ponte do Porto apareceu un álbum de vellas imaxes de paisaxes arxentinos e franceses. No medio, unha senlleira postal da gran Carolina Otero, A Bela Otero, toda unha brava loitadora galega desde as súas orixes humildes e unha terrible nenez, a quen é preciso reivindicar nestas datas sinaladas. É unha imaxe descoñecida da gran bailarina galega, posiblemente de 1909-1910, na última tempada da súa deslumbrante carreira artística.

Os retratos conservados da cocotte son sobre todo dos seus anos de plenitude, aínda que algún de 1905 sacados polo seu maior retratista Jean Reutlinger están cercanos éste. É un documento de gran valía para ter unha imaxe de madurez, da última etapa da artista e o seu paso ao anonimato e a vida en Niza e Montecarlo, uns anos onde os biógrafos non reproduciron fotos dela, porque non se deixaba retratar, ata un roubado xa nos seus anos de senectude.

A incógnita ven dada polos posibles propietarios do álbum. En principio parecía apuntar a que un emigrante porteño coñeceu a artista cando actuou en Bos Aires, onde había unha nutrida colonia de «porteños» de Ponte do Porto e comarca, pero os anos da estancia dos propietarios na Arxentina, a data da actuación da cantante no país austral e da foto non corresponden. Ao carón deste retrato hai fotos do casino de Luchon e de viñedos do sur de Francia, algunhas co cuño dos irmáns Labouche de Toulouse. Nunha delas, o nome dun emigrante porteño, Eladio Blanco.

Así pois, ou este veciño fillo dunha coñecida familia de comercio da localidade asistiu a unha actuación da artista no sur de Francia, mentras negociaba con viños, ou foi o boticario Norberto Rodríguez que neses anos viaxou a París para cobrar a herdanza do bispo de Haití Basilio Suárez de Lema, Nacido na Casa do Prado-Vimianzo e morto no 1885, que deixou por herdeiros a oito descendentes da familia dos Carballo de Ponte Do Porto, Cereixo e Carantoña. O torto pola herdanza e o cobro non rematou ata a intervención da coruñesa banca Sobrinos de José Pastor no 1911.

A máis célebre actriz e bailarina galega Carolina Otero foi un dos grandes personaxes da Belle Époque francesa, e reinou nos grandes teatros do mundo durante varias décadas, xa que subiu a un escenario en Santiago de Compostela con trece anos e estivo activa en primeira liña ata os 44 anos. De feito cando se retirou contan as crónicas que estaba en pleno esplendor, como cantante e bailarina e conservando un gran atractivo nos cánones da época, sempre destacando o seu lado exótico.

«La Bella Otero»

Agustina del Carmen Otero Iglesias, a Bela Otero ou Carolina Otero naceu na parroquia de San Miguel de Valga do concello pontevedrés de Valga o 4 de novembro de 1868 e finada en Niza o 12 de abril de 1965. Tivo numerosos amantes como o rei Eduardo VII de Inglaterra, o tsar Nicolao II, o kaiser Gullermo II, alfonso XIII, banqueiros, nobres. Marcel Proust inspirouse nela para algunha das súas protagonistas; e tamén Jean Cocteau, D´anunzzio, Catulle Mendes, Jean Lorrain. Retirouse en 1910 e viviu os seus últimos anos en Niza. Foi filla dunha nai solteira e pobre, Carmen Otero Iglesias, (1844-1903), a que tiñan no lugar por xalleira, descendente de arrieros de Santa Comba, e posiblemente xalleiro tamén foi o seu incognito pai, como temos tratado noutra reportaxe.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos