6.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

A aparición de dúas moedas de 1619 destaca a importancia de Muxía no comercio marítimo

//Rafael Lema//

A aparición de dúas moedas de Felipe III no Coido de Muxía pon de relevo a importancia desta ría desde a Baixa Idade Media dentro do comercio marítimo internacional. Un mozo muxián de 14 anos Gabriel Cernadas Martínez, encontrou dúas pezas de cobre españolas de 1619, de 4 e 8 maravedís.

Según o análise da delegación provincial da Real Liga Naval Española «Una de ellas de cuatro maravedís de la ceca de Segovia, de unos 20 mm de diámetro y 4 gramos. En ella se aprecia un círculo que centra un castillo entre la ceca y el valor IIII. En el revés, león a izquierda dentro de un círculo con fecha 1619. La otra moneda, un poco mayor, apenas presenta el relieve de un círculo pero al ser de la misma calidad que la anterior podría ser una pieza de 8 maravedís de la misma era».

Nesa época había un tráfico intenso de ferro e peixe entre a ría e o País Vasco. También cara o sur, a Sevilla e Portugal. Mercancías apetecidas por piratas berberiscos e ingleses. E armadores de Camariñas e Muxía comerciaban con barcos propios cos portos vascos, andaluces e portugueses. Os vascos demandaban peixe e tamén viño de Ribadavia e de Pontevedra, éste mais barato e onde moitos asturiáns facían de intermediarios e foron ficando entre nos. Desde 1375 os vascos adquiren dereitos para a pesca da balea nesta costa, e será unha industria importante.

En Camelle ainda traballaban a balea no 1615 Clemente de Campo e Gonzalo Pose. Tamén veñen vender peixe ingleses e holandeses. Outros tráficos de valor eran o sal que viña da Bretaña e o trigo que sacaban desde Muxía e Camariñas os abades de Ozón e Moraime. Logo ven o encaixe, a madeira, as cebolas. Ocasionalmente, polos temporais ou para evadir impostos, chegaba algún barco do carreira de América e posiblemente con pelegríns.

Na ría na Idade Media construíanse barcos, e había plantíos de madeira. Por exemplo durante o ataque da flota portuguesa a Muxía no 1384, conta o cronista que nesta abra se estaban armando dúas naos nos seus estaleiros. Ata o século XIX seguíu sendo importante o tráfico de ferro por sardiña e viño con Bilbao e San Sebastián, pero xa con maior peso do porto de Camariñas.

Os séculos XVI e XVII foron de grande intensidade de comercio mariño entre a ría e o o País Vasco. Ademais Muxía era escala habitual do comboio veneciano cara Flandes no século XV, onde viña o despenseiro da mitra de Santiago adquirir mercadorías. Entre os mercadores de Muxía no século XIV temos a Pedro Eáns e Gonzalo López de Ozón, ou ao ceense Fernán Casquizo de Cee e viúva (1490). No século XV moitos barcos de toda bandeira pican na abra. O alcalde de Muxía, por exemplo, di que ten dereito a inspeccionar «naos francesas, cargadas de paños, surtas en la Arena Mayor» no ano 1554, cargando para os monxes.

Na época a que pertencen as moedas, que posiblemente fosen dun barco vasco ou galego destruido durante o ataque turco á ria de 1622, temos varios nomes de armadores locais que fan o tráfico sardiña-ferro, como Pedro Abelona (1605) e antes a Juan de Camelle (1534). Pero no 1619 o Concello de Muxía denuncia ante o rei a comerciantes holandeses e ingleses que venden o seu peixe no reino e piden que a prohibición. É por tanto unha época de tensións, de inestabilidade comercial e moita actividade pirata. Armadores históricos da ría entre 1705-1719 son Antonio Canosa e Joseph González de Lema de Camariñas. Jacinto López, domingo e Juan de Dios de Muxía.

Aparte dos portos de Muxía e Camariñas teñen relevancia como exportadores e importadores por mar as abadías da ría, as de Ozón e Moraime, das que xa teño falado. Moraime vendía os seus excedentes de trigo por mar en barcos que saían do ancoradoiro de Area Maior, tamén dos portos de Muxía e logo Camariñas. Desde 1346 Muxía ten foro de vila e reclama o seu dereito sobre a zona costeira, ata onde chega a auga salgada.

Así manterá moitos preitos cos monxes denunciando cargas de barcos na ría. Desde 1547 os monxes contan con permiso real para os embarques e manterán durante toda a Idade Moderna un fluido comercio; tamén con estranxeiros, malia a obriga por algunha disposición real a venderen dentro do reino, polas faltas que hai de cereal na terra. Aparecen citados no 1534, sendo prior Miguel Yans (Eáns) Juan e Pero de Camelle, veciños de Muxía e de Moraime, que viven ou teñen bens na xurisdición dos monxes, e por iso aparecen nas listas de tortos de Moraime gardados no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. O seu apelido de orixe é claro.

Os monxes cando teñen disoutas coas autoridades de Muxía fan valer o seu dereito a secuestrar bens que están baixo o seu foro, e este ano é especialmente complicado por un torto entre as xurisdicións de Muxía e Moraime, polos lindes. Os de Muxía aproveitan para pedir novos postos de goberno. O cartapacio desta disputa pode verse en (AHUS, Clero, Carpeta 2, cartapacio 1180. fº nº 36v a fº39r).

O 19 de xaneiro de 1534 o escribán de Moraime, con Afonso Lobrans como testemuña, preitea contra Bartolomé de Lema e outros, porque «Tiene de renta en casa deste testigo en cada un año tres ferrados de trigo. E qˆ Horraca Afonso otros dos ferrados e medio en cada un año. E Juan de Camelle de Mugia cinco ferrados e se los debe y qˆ eso mysmo tiene Juan Darliña quatro o cinco presas de vacas de las quales el dicho Juan Darliña tiene la mitad tanbyen se le secuetran en su poder». Aquí aparece o noso primeiro caso, Juan de Camelle, veciño de Muxía que lle debe cinco ferrados de trigo ao demandado.

Na mesma data, 19-1-1534, coa testemuña de Bertolame de Sançon (Sanzón), o escribán acusa a Pero de Camelle de ter no seu prado sete égoas e seis pezas de gando, que lle levaron o mesmo Sançón, Yanes e Ferreiro. Di a testemuña: «Traxera una yegoa e la metyera en prado de este testigo e que dicho Aº Yañes tyene en lugar donde este testigo bibe e mora cinco o seys pieças de ganado e que estan en la corte deste testigo. E que estan mas en la grei deste testigo cinco o seys pieças de yegoas las quales dize qˆ en ellas, Gregorio Ferreyro vzº de Mugia, no sabe qˆ tanta parte.. secuestro en su poder».

Fotos-Mercaderes siglo XVI

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos