Rafael Lema. Accede ao primeiro capítulo
A «Compañía general de carbones s.a. de Corcubión», propiedade de Plácido Castro durante medio século usou uns pontóns flotantes para abastecer vapores de todas as nacións que cruzaban Fisterra. Os seus nomes recordaban mercantes con moitas singraduras nos seus cascos. Castro foi adquirindo barcos para chatarra que usou no seo marítimo fisterrán. Monkbarns, Sorrento, María Luisa, Burdeos, Mayagüez, Cairnryan. Detrás deste nomes temos vellos buques con moita soleira.
O Cairnryan embarrancara o 14-6-1910 na praia da Sieira, en Corrubedo, cando con carga de millo ía dende as costas do Mar Negro en Rumanía a Liverpool. Foi auxiliado polos vapores de salvamento marítimo Neva e Finisterre e posteriormente, acompañado polo vapor de guerra Hernán Cortés, conducido a Muros, lugar onde se reparou e quedou fondeado. Segundo Santi Llovo non chegou a ser usado como pontón en Muros. O Cairnryan era un vapor inglés construído en 1888 de 260 pes de eslora, 36 de manga e 16 de puntal, con 1663 trb, cargado con 2400 tn de millo, que se da por perdido, tendo as bodegas anegadas. Da Cairns R and D, de Leith. Sen víctimas. O canoneiro español Hernán Cortés que o auxilia sufrirá dous sinistros na zona.
A corveta ou brickbarca María Luisa fora construída en 1876 na localidade italiana de Varazze, preto de Xénova. Antes de que a mercase a familia Del Río da Pobra do Caramiñal chamábase María Margherita Borzane. Era de madeira, tiña 49 metros de eslora, 10,2 de manga e desprazaba 667 toneladas. Según Llovo «Dáse a circunstancia de que o capitán do María Luisa, cando o mercou Plácido Castro, era o muradán Ramón Lestón, quen seguiu traballando para o empresario de Corcubión ata marzo de 1911, mes en que sufriu un accidente nun dos pontóns que tiña na referida vila e polo que lle amputan ambas pernas».
Garea aclara que «Ramón Lestón, que posteriormente continuó trabajando para Plácido Castro en Corcubión, como consecuencia de las heridas sufridas en el accidente (se desprendió el ancla de uno de los vapores cuando estaba en maniobra de atraque a un pontón y le cayó encima de las piernas) falleció a los pocos días de estar ingresado en un Hospital de Santiago».
Para o Burdeos hai dous candidatos. Un foi o vapor de Glasgow SS Burdeaux, un cargueiro inglés de 550 grt. Perdido na costa inglesa en 1897. Equipado cunha máquina compound, foi construído por Ramith Leith e Ferguson Ltd para o Loira e Thames T.C. London Ltd no yard n. 56; Sae o 21 de decembro de 1988; tiña base en Glasgow. O vapor SS Bordeaux afundiuse con todo o rol o 29 de novembro de 1897 no sur de Smithic, Bridlington. Segundo a prensa inglesa «unha tormenta violenta do noroeste norte arreciou aquel día, e o barco de 333 toneladas procurou refuxio na baía de Bridlington».
O barco alcanzou a costa sur de Flamborough Head, o vento e o mar levárono lonxe e afundiuse nos cardumes do sur do Smithic. Podíanse ver os seus dous mastros desde a costa. Noutras noticias dise que o Bordeaux en ruta de Londres a Methil foi abandonado na costa de Yorkshire, saíndo de Spurn Head, con toda a tripulación perdida. O propietario publica a lista de desaparecidos: o capitán Jenkin Phillips de New Quay, Cardigan; primeiro oficial, John Reed; segundo oficial, J. Maccallum, de Dennistown, Glasgow; cociñeiro, C. Wilson, de Newhaven; mariñeiros: Inkster, Webster e Neelson; primeiro maquinista, W. Logan, de Govan; segundo maquinista, J. Macbae; bombeiros, W. Stevenson e Thomas Kane de Glasgow máis outro escocés descoñecido.
SS Bordeaux era tamén un barco de carga e pasaxe francés, a finais do século XIX levaba emigrantes na ruta de Londres a Madeira, Chile e Hawai. No 1884 levou 760 emigrantes portugueses a Hawai, nunha ruta de 88 días, morrendo 72 na viaxe, a maioría nenos. Tiña 394 pes de eslora (120,13 m), unhas 3.000 tn netas Nrt, capitán Philipot, segundo «The daily bulletin» de Honolulu (2-8-1884) é semellante ao Zealandia e a o City of Paris. O Zealandia (1875-1917) era un vapor e veleiro americano afundido en Southport no 1917. O City of Paris (1865-85) era un mercante inglés de tres paus da Inman line, de 2.650 tn, e 105 mts eslora, perdido por colisión. Descoñecemos a fin deste Burdeos, pero é outro candidato posible para o pontón citado. Houbo outro SS Bordeaux (1891-1915), mercante francés de 4.604 grt, e 112,8 m. eslora, afundido por torpedo de un ub o 7-9-1915 na costa inglesa, da Cie. Generale transatlantique CGT París. Capitán Louis Rousselot, con 47 mariñeiros e 3 pasaxeiros, todos mortos.
Do Mayagüez non sabemos a súa historia. Hai varios barcos con ese nome dun porto de Porto Rico, tamén vinculado ao carbón, un deles célebre por un incidente cos khemeres vermellos no remate da guerra do Vietnam, no 1975, convertido en porta contedores no 1944. Puido ser un cargueiro americano de Navieras de Puerto Rico, armador que tivo outro dese nome no 1965.
O Sorrento, segundo Santi Llovo era un vapor alemán de casco de ferro e de armadores de Hamburgo. Fora construído en 1881 en Glasgow, tiña 95,5 metros de eslora, 11 de manga e desprazaba 2.370 toneladas. Tratábase dun barco mixto de pasaxeiros e mercadorías. Plácido Castro mercoullo aos seus propietarios logo de que ao mando do capitán Jörgensen naufragase o 10 de novembro de 1902 nos Miñarzos, preto de Lira. Para Aquiles Garea «era un velero italiano que entro con problemas en A Coruña y en dicho puerto fue comprado para intereses de Plácido Castro Rivas y Aznar y Tutor». Na compañía tamén aparece co nome Sorrendo.
Do pontón Cawdor tamén coñecido por Condor xa temos falado. Segundo a Compañía General de Carbones, S. A «la vieja barca Cawdor, de cuatro palos y casco de hierro, construida en 1884, y botada el 16 de febrero de ese mismo año. En nuestra contraseña se llamó Condor, y tuvo un triste fin en el año 1920 en el que perecieron seis de sus tripulantes».
Este barco de 4.000 toneladas no 1911 foi comprado por Plácido Castro Rivas para a Cape Finisterre Coal Depot Ltd (fundada no 1885) , sendo convertido en pontón.
En outubro de 1916 foi trasladado a Vigo onde quedou fondeado a disposición da Estación Carbonera de Vigo (Compañía General de Carbones). A web de Lars Bruzelius, cita sobre o Cawdor: «Febrero de 1884. Botada en los astilleros de Oswald, Mordaunt & Co., de Southampton, para John Houston, de Liverpool. Asignado Official British Reg. No. 87958 y señal distintiva JKBV. El primer capitán fue Samuel Furze. 1911. Vendido a armadores españoles por 3050 libras. Renombrado Condor y convertido en pontón en Corcubión. Después rearmado como barca de cuatro palos». No diario El Sol, de Madrid, 10 de maio de 1918, páxina 4, lemos:
«Vigo 9 (7,35 t.).- Ha sido vendido, en 1.300.000 pesetas, a la sociedad explotadora de las minas de Villablino (León), el barco Cawdor, que pertenecía a la Compañía general de carbones. Dicho barco, que estaba destinado a depósito flotante de carbón, será remolcado a Bilbao, donde será equipado para navegar. El coste del equipo se calcula en 800.000 pesetas. También está la misma Compañía en negociaciones para vender los pontones Ivonne y Sorrondo».
No libro «Obras. S.E. de C.N. Año 1918», páxina 14, cita: «Carenas y reparaciones. Se han verificado importantes carenas y reparaciones durante este año, entre ellas, la de la fragata Condor (antes pontón Cawdor)». En La Vida Marítima (1-12-1919, páxina 17″ anota: «Se dan dos curiosos ejemplos de aprovechamiento de cascos viejos, con la reconstrucción del pontón Cawdor (hoy fragata de cuatro palos Condor, de Alejandro Navajas, matriculada en San Sebastián, de 2.491 toneladas), realizada en los astilleros del Ferrol de la S. E. de C. N.». Naufraga o 22-1-1920. O ABC, 3-3-1920 cita: «Supervivientes de un naufragio. Cádiz 2, 12 mañana.
A bordo del Monserrat han llegado los supervivientes del naufragio de la fragata española Condor, de 4.500 toneladas, que habiendo zarpado de Bilbao el 16 de enero último, se hundió frente a las costas de Puerto Rico, a las que llegaron los tripulantes en los botes salvavidas. En el naufragio fallecieron seis personas. Los treinta náufragos llegados son bilbaínos y catalanes. El capitán, D. Juan Ruiz, es de Canarias. Los nombres de los salvados, los siguientes:
Oficiales: D. José Ferrer, D. Fabián Ocaminos y D. Enrique Guel; agregados, D. Francisco Vera, D. Vicente Moreira y D. Eduardo Echave: marinos, Jaime Pons, Sebastián Alsina, Juan Ferrer, Francisco Serrano, Francisco Ferrer, Gabriel Enfila, José Pérez García, Francisco Rojas, Antonio Feijoo Rey, Julio R. Navarro, Nicolás Vedella, Francisco Rada, Cristóbal Chopide, Ramón Azcarate, Severino Sanjurjo, Juan Bastirrechea, Agustín González, Francisco Pujol Calderata y Ángel Echevarría; camarero Pedro García; cocineros Torrealdai y Luis Ustiaga y carpintero Simón Ovieta».
O SS Monkbarns (1895-1927) era un fermoso mercante a vapor inglés con tres paus que tras unha azarosa vida marítima foi usado pola estación baleeira de Cee e polo menos desde 1952 serviu como pontón carboneio en Corcubión. En 1927 foi vendido en 2.500 libras a Bruun & von der Lippé de Tønsberg, Noruega, para unha de súas varias estacións de caza de baleas en Galicia, a de Caneliñas (1924-28), con seis barcos. Según Jay Sivell, que o descubriu sorprendido en 1954 en Corcubión, en xuño de 1919 «el Monkbarns atracó en Cork con un cargamento de maíz sudafricano». Hubert S. Sivell era o primeiro oficial e James Donaldson o capitán. O último capitán foi William Davies de Nefyn, no noroeste de Gales, que morreu de cancro de estómago en Río de Xaneiro o 29 de marzo de 1926. O capitán Davies non sobreviviu a última viaxe e a nave foi levada a casa polo seu sobriño Richard Davies. Ao mando estaba un vello capitán, dous oficiais novos, 16 aprendices adolescentes e unha ducia de brazos competentes, dependendo das desercións. Fixo numerosas singraduras a Sudáfrica, Australia, Madagascar, China. O propietario era John Stewart and Co. Construído en 1895 por Charles Webster Corsar, podía ter una tripulación de 28 homes. En 1914 Stewart tiña dez mercantes, tras la guerra so lle quedaron catro, un era este. Monkbarns foi finalmente amarrado o 10-7-1926 nas boias de Charlton no Támesis, e vendido aos noruegueses no 1927.