11 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Xoaquina Outes, a poeta que cantou a lenda de Santiago de Ameixenda

Rafael Lema.

«Lenda de Santiago de Ameixenda» é o título dun curioso libro dunha poeta popular de Ameixenda en Cee, Xoaquina Outes, escrito cando contaba 76 anos. Unha muller dona dunha mestría para pasar a verso de xeito espontáneo lendas e contos escoitados nas longas noites de inverno da nenez, ou cantigas nacidas en calquer momento de inspiración.

Xoaquina Outes Marcote naceu en Santiago de Ameixenda, concello de Cee, un 29 de xullo de 1923 e sempre lle gustou ler e contar historias, sobre todo en verso. Esta poeta rural finada fai tres anos ademáis era moi amiga de recoller lendas e crónicas do pasado da súa parroquia, por iso no 1999 quixo deixar por escrito o froito do seu debezo nun libro onde recolle a lenda romanceada de Santiago apóstol cando «disque» chegou a Ameixenda, onde librou unha batalla cos mouros que desembarcaran en Fisterra.

Esta singular batalla está recollida por Xoaquina nunha «historia», un xénero popular semellante ao romance que procede da tradición dos cantos de cego, da regueifa, e que ten entre outros vates a Pepe de Xan Baña de Santa Comba. Xoaquina cóntanos que o apóstol «cando chegou a Galicia/ tivo que loitar moi forte,/ porque os combates máis duros/ foron na Costa da Morte». «Dille Santiago ós soldados:/ chegamos ó fin da terra,/ e de aí vénlle o nome/ o que ten hoxe Fisterra» segue a poeta. Santiago loitou cos mouros nesta ría ata a caída do sol, e non deixou un con vida. A última batalla foi no Petón do Campo da Ameixenda: «Santiago venceu ós mouros/ que dominaban España,/ alí no Petón do Campo/ foi a última batalla».

Ademáis a autora incorpora ao seu libro de 48 páxinas outros poemas soltos adicados á súa terra, unha pequena semblanza histórica, fotos de elementos do patrimonio da Ameixenda e incluso a copia dun foro de 1729, unha mestura de cousas de interese que esta curiosa autora, que sen dúbida é unha muller a reivindicar na comarca, e que ha gardar na casa moitas outras cancións e contos anotados en libretas, sacados do seu maxín ou contados polos ancestros. Neste ano que o Día das Letras está adicado a unha muller compre lembrar tamén a moitas mulleres rurais con sona de regueifeiras e compoñedoras de versos na milenaria fala dos nosos antergos recollendo a mestría da cantiga e o romance popular.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos