@xmlema. García é o apelido máis común no concello de Santa Comba.
Se a nivel galego o máis popular é Rodríguez, seguido por Fernández, González e López, no noso concello ningún destes figura no ránking dos frecuentes. Unhas 473 persoas teñen García como primeiro apelido no municipio e uns 919 o levan como primeiro ou segundo. A moi lonxe están outros como Gerpe, Blanco, Antelo, Espasandín, Suárez, Calvo, Pazos, Martínez e Rial.
Segundo a Wikipedia o máis probable é que o apelido García teña unha orixe ibérica, utilizado polos godos na península. No seu idioma significada “príncipe de vista agraciada”. É un apelido patronímico moi estendido pola península e por América. De feito é tamén o máis habitual de España con máis de tres millóns de persoas que o levan no seu documento nacional de identidade.
Manuel e María, os nomes máis comúns
No tocante aos nomes seguen dominando as listaxes os máis tradicionais.Nos últimos anos a tendencia está cambiando pero polo momento os nomes máis habituais no noso territorio son Manuel, José, José Manuel, Francisco, Jesús e José Antonio para homes e María, Carmen, María del Carmen, Dolores e Josefa para mulleres. A nivel galego no ano 2016, os preferidos foron Martín, Mateo e Hugo para os nenos e Sofía, Noa e Sara, para as nenas.
Esta é a clasificación dos apelidos, segundo o Instituto Nacional de Estatística. A cifra entre paréntese corresponde ao número de persoas que levan os apelidos de primeiro ou de segundo, indistintamente.
Os dez apelidos máis habituais en Santa Comba
1-García – (919)
2-Gerpe – (473)
3-Blanco – (449)
4-Antelo – (446)
5- Espasandín (379)
6- Suárez (368)
7-Calvo (360)
8-Pazos (358)
9- Martínez (354)
1o- Rial (344)
Os nomes máis habituais en Santa Comba(Homes)
1- Manuel
2- José
3- José Manuel
4- Francisco
5- Jesús
6- José Antonio
7- Antonio
8- José María
9- José Luis
10- Daniel
Os nomes máis habituais en Santa Comba (Mulleres)
1- María
2- Carmen
3- María del Carmen
4- Dolores
5- María Dolores
6- Josefa
7- Josefina
8- María Josefa
9- María Carmen
10- Florinda