2.4 C
Santa Comba
viernes, diciembre 13, 2024

Aquel popular concurso gandeiro en Santa Comba

Cumpríronse cen anos do concurso de gando celebrado en Santa Comba promovido por Juan Rof Codina e que supuxo todo un acontecemento no inverno de 1917.

Xosé Manuel Lema

Fai un século, o un de xaneiro de 1917, Santa Comba acollía un concorrido concurso de gando que foi estupendamente difundido pola prensa da época. De feito, un xornalista de la “Gaceta de Galicia” desprazábase ata a capital do Xallas nun vehículo de transportes “El Noroeste” para cubrir o acontecemento, impulsado pola Cámara Agraria de Santiago e pola Deputación provincial, co empuxe dun persoeiro que pasaría a historia, o daquela inspector de Hixiene e Sanidade Animal, Juan Rof Codina.

A cita non faltaron os deputados da zona, José Reino Caamaño e Herminio Amigo. Reino Caamaño e o alcalde de Santa Comba, Juan Arosa Nieto formaron parte dun xurado composto tamén polo concelleiro de Santiago e veterinario, Antonio Fernández Tafall, o concelleiro de Negreira, José Constantino Fornos, o subdelegado de veterinarios de Negreira, José Gómez Ferrer, o veterinario de Santa Comba, Severiano Lema e o propio Rof Codina.

55 animais  chegados de toda a redonda participaron nun animado concurso. A parroquia máis premiada foi a de Arantón aínda que tamén houbo recoñecementos para gandeiros de Freixeiro, Arantón, Santa Sabina, Castriz, Santa Comba,Alón, Montouto, A Pereira, Esternande e da parroquia veciña de Suevos(A Baña).

La “Gaceta” dedica dúas páxinas a este evento. Hai que engadir que seguindo a tradición da época, o xornal tiña seis páxinas. Na reportaxe no faltan eloxios para a capital do Xallas, as fotos de varios touros premiados, unha imaxe da capela de Santa Catalina, un artigo técnico de Juan Rof Codina e unha curiosa composición dun autor que se fai chamar Antón do Campelo. É un “Palique xalleiro” que xa se dera a coñecer con anterioridade e que se poder ler nesta ligazón de Anosacosta. Non ten desperdicio.

Imaxe da capela de Santa Catalina de Armada en 1917

Foto portada- Perico, o touro gañador do concurso.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos