2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

O CIM presta axuda psicolóxica, xurídica e organiza distintas actividades

O Centro de Información á Muller de Santa Comba ofrece atención psicolóxica e asesoramento xurídico gratuito desde 2003.

O Centro de Información á Muller de Santa Comba, dependente da concellería de Servizos Sociais, leva funcionando desde setembro do ano 2003 cando se presentaba nun acto público, no mandato de José Toja Parajó, e sendo a concelleira responsable do servizo a edila María José Ares Casal.

Creouse co obxectivo de proporcionar orientación, información e asesoramento ás mulleres e hoxe continúa operativo. Presta un servizo de atención psicolóxica relacionado con problemas familiares, axuda ás mulleres vítimas de malos tratos ou con enfermidades,  adiccións, trastornos alimentarios, etc .Tamén ofrece asesoramento xurídico, contando con persoal especializado en ambos casos. 

Distintas actividades ao longo do ano

Segundo a memoria  do CIM xalleiro ao longo do pasado ano 2016 tamén se realizaron distintas actividades como un “Obradoiro da memoria” que se celebrou ao longo de todo o ano con 16 participantes no Centro Sociocomunitario.

Tamén se organizaron actividades conmemorativas polo “Día internacional da Muller”, o 8 de marzo, con sesión de contacontos, obradoiro de xogos pola igualdade, e un concurso escolar. Con motivo do 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, desenvolvéronse dous obradoiros dirixidos a 130 escolares de primaria e secundaria, unha sesión de contacontos e dúas representacións teatrais en colaboración co departamento de cultura.

Outras das actividades postas en marcha foron un obradoiro de “habilidades sociais” para alumnos de primaria, unha excursión ás Rías Baixas na que participaron 72 mulleres do concello, o Verán Lúdico, o IV Campamento Urbano en Inglés ou o Nadal Lúdico.

Ao longo desde 2017 continúase coa mesma programación. Recentemente tiveron lugar os actos conmemorativos do 8 de marzo deste 2017, cun acto con mulleres na biblioteca municipal, e un obradoiro de igualdade no colexio Barrié de la Maza.

A maiores coa coordinación do CIM e da concelleira de Servizos Sociais, Esther Espasandín, promoveuse a I Andaina Solidaria na que participaron o pasado sábado 18 de marzo un cento de persoas de tódalas idades, e que rematou cunha lectura de poemas a cargo de Dolores Blanco.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos