3850 fans     1288 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Galiza terra de sol

Galiza terra de sol

Reportaxes | Publicada: 15/02/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
5
0
1

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 59 segundos.

Empresas de enerxía fotovoltaica animan a investir no aproveitamento do sol no país abrindo o camiño a posibles alternativas ao modelo actual de produción e consumo, mentres os partidos enrédanse no habitual barullo parlamentar nunhas xornadas profesionais na Coruña.

ERIK DOBAÑO

“A cuestión é se queres seguir tendo alugada a enerxía ou ser dono da túa enerxía”, resumiu nun slogan afortunado José Antonio González, que para algo é director de marketing de Red-Fotovoltaica. E dixo máis: se non estades investindo xa en solar, estades perdendo o paso doutras comunidades autónomas onde hai máis sol e amortízase antes a inversión. Autoconsumo é a poción máxica.

No Reino de España unha vez, non hai moitos anos, a raíña era a enerxía solar. Pero as bruxas das eléctricas envexaban como lucía e pechárona nunha prisión. A chave que abre a porta chámase autoconsumo. No presente, en Alemaña instálase nun ano a potencia fotovoltaica que en España leva dez instalar. “Pagamos a curva de aprendizaxe, pero non temos os réditos”, dixo Daniel Pérez, avogado nunha consultora, resumindo a frustración do sector. 

As empresas de enerxía fotovoltaica reunidas onte na Coruña pola UNEF (Unión Española Fotovoltaica), asociación de máis de duascentas compañías, desde produtores a instaladores, enxeñerías ou distribuidoras, levan tempo queixándose de que o goberno de Mariano Rajoy non lles quita o pé de enriba. Mesmo en decembro pasado ese goberno vetou unha lei que relaxaba as trabas e as taxas sobre o aproveitamento solar. Xa hai outra en trámite agora que o PP non ten maioría absoluta.

Mentres, Daniel Pérez traballa desde a súa consultora nun servizo (solardirecto.com) de axuda á tramitación e legalización de instalación de autoconsumo. Así funciona o mercado: onde se fode un negocio, xurde outro e as leis incentivan as dúas cousas. 

As fotovoltaicas non gustan de mirar moito para atrás para non perder de vista a Rajoy e o seu goberno, pero sempre que teñen ocasión lembran que este Reino foi líder europeo en produción cando o custe da instalación andaba polos 7 euros/vatio e hoxe ten a enerxía máis cara do mundo cando o custe de instalación está en 1 euro/vatio. E din tamén que coa crise, a quen máis lle recortaron (as axudas) foi ás enerxías renovables. 

Pero o ollo téñeno en Rajoy. “Haberá outro veto, e se non o hai, haberá inseguridade. Porque que pasará si dentro de catro anos volve a ter maioría absoluta o PP?”, preocúpase Fernando Romero, director xeral de EDF, unha das grandes do sector, que conta 400 MW instalados en Galiza e prevé instalar outros 10 máis este ano. “Non nos importaría pagar a taxa do sol se con iso conseguimos que os trámites se flexibilicen”. E reclamou un camiño acordado e “non imposto” para rematar coa “vergoña para a marca España” de que Inglaterra se instalen 8 GW cada ano e aquí “practicamente nada”.

A marca España xa non dá para exportar tecnoloxía a Europa, dixo Carlos Rivas, de Elsina, unha empresa de instalación de inversores solares que tivo que buscar mercados fóra porque aquí, despois do 2010, empezaron a baixar as vendas. Na actualidade venden en América Latina. 

Hoxe en día, a enerxía máis barata é a fotovoltaica, afirmou José Antonio González dirixíndose á clientela, e en Galiza non ten porque non selo tamén. Hai sol suficiente no país. Mirade se non un sitio como Alemaña. O caso é que hai sol suficiente e a temperatura suave precisa para que os xeradores funcionen con máis eficiencia que en zonas máis cálidas, apuntaron desde pequenas empresas para desbotar a idea de que no país é máis difícil amortizar ca en Barcelona, por exemplo. “Todo o de atrás, o que pasou até hoxe, o modelo enerxético, xa non vale, as renovables, quéirano ou non, son o futuro”, concluíu González como si estivera advertindo sobre o que viría despois: discursos gastados. 

A mesa dos partidos políticos foi irrelevante. A maioría das organizacións políticas teñen cada vez máis dificultades para comprender os mundos nos que se insiren e despachan calquera asunto reproducindo o pim pam pum parlamentar de xeito que acaban todas metidas no mesmo saco. O do home das eléctricas, representante informal das bruxas agochado entre o público, que gabou a independencia de todos os partidos sen que ninguén lle levase a contraria.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

El gobierno de Santiago dedica un bando a Xoán Xesús González, fusilado en 1936

El gobierno de Santiago dedica un bando a Xoán Xesús González, fusilado en 1936

Miembro de Izquierda Republicana, durante la guerra civil se puso al frente del Tercio de Calo, la columna que asaltó e…

Ler máis
La Feria del Libro de A Coruña tendrá un espacio con actividades para niños

La Feria del Libro de A Coruña tendrá un espacio con actividades para niños

José Manuel Sande presentó la XLI edición de Feria del Libro de A Coruña que se celebrará del 1 al 10 de agosto. …

Ler máis
A Xunta oponse á venda das centrais hidroeléctricas

A Xunta oponse á venda das centrais hidroeléctricas

16:05- Valoración de Ana Pontón A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, parabeniza ós traballadores e traballadore…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Festival da Luz Gadis 2017
KNM Abogados
Verán Xalleiro 2017
Costa Artabra
OndaHit
Auto Xallas 2017
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Fuco Pérez Sen Segundo,veciño de Gargamala

Xosé González Martínez

  Cúmprese este ano  o 55º aniversario da obra de Celso E.Ferreiro “Longa noite de pedra”, publicada en 1962. Un dos poemas que contén o l…

Xosé González Martínez
Ler máis

Día da patria galega/Día de Galicia, xornada de pedagoxía galeguizadora

Xosé González Martínez

Presenciei moitas veces a mesma escena, aínda que con distintos protagonistas. Rematada a manifestación para reclarmar  protección gobernamental p…

Xosé González Martínez
Ler máis

Saiamos a rua a festejar !! Um novo tratado de livre comércio foi un feito!!!

Daniel Lago

Isso seria a lógica mesma, que deveria de funcionar logo da posta em marcha do JEEPA, o acordo de livre comercio entre a UE e o Japão.   Na c…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información