5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

«Paco e a análise política actual»

Un mozo xalleiro, protagonista dun proxecto socioeducativo de desenvolvemento de habilidades sociais da Universidade da Coruña realizado por Yolanda García.

Xosé Manuel Lema

Paco Vilas, é do Tarroal, na parroquia de Freixeiro. É de sobra coñecido en Santa Comba, pero agora serao un pouco máis fóra das verdes terras do Xallas, xa que é o protagonista do proxecto “Paco e a análise política actual”, que realizou a estudante Yolanda García Suárez na materia de “Acción Socioeducativa nas Discapacidades” impartida no terceiro curso do grao en Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela que imparten os docentes Yesshenia Vilas Merelas e Miguel Ángel Zabalza.O proxecto ten como obxectivo que os estudantes desta especialidade se acheguen ao ámbito das discapacidades, elixindo unha persoa voluntaria cunha discapacidade funcional

Paco Vilas, un auténtico crack

.

Paco ten trinta anos, e segundo comenta Yolanda García “é unha persoa moi alegre, moi sociable, que coñece a un montón de xente coa cal se relaciona día adía; sobre todo, aqueles que o coñecen, sempre destacan del que é un amante da política”.E sobre a paixón política do benquerido Paco xirou o traballo que consistiu na realización de entrevistas a varias persoas do ámbito político, cultural ou educativo xalleiro sobre a situación política a nivel estatal. Paco e Yolanda saíron a rúa para recoller as opinións. 

Conclusións dun proxecto

“As conclusións que puidemos obter a raíz das entrevistas realizadas foron que á maioría das persoas entrevistadas lles gustaría que o goberno español estivese dirixido polo PP, Partido Popular; que a solución máis rápida e xusta que ven serían unhas novas eleccións; que creen que a forza máis votada foi o PP polo feito de que España é un país conservador con medo aos cambios” dinos a estudante xalleira.

Os interlocutores tamén pensan que “a situación de inestabilidade política” tamén afecta a Filipe VI, e que os políticos deberían contar con estudios superiores e sobre todo “respecto, honestidade e educación”. Tamén deixaron claro que “o feito de coñecer ou non a unha persoa sempre inflúe no voto”. Certifican que a situación en España “é moi complicada” pero menos no mundo rural.

Meritoria iniciativa de Yolanda García

Pero Yolanda García non só se queda cos datos das entrevistas e destaca que tivo “a oportunidade de poder coñecer a Paco, vivir moitos momento con el, e penso que si lle axudou moito no referente á mellora das habilidades sociais” e subliña o importante avance rexistrado desde a primeira á última entrevista.

Porque no fondo o obxectivo é eliminar barreiras e romper clixés e demostrar que unha persoa cunha discapacidade “pode desenvolverse perfectamente na vida diaria e incluso no ámbito da política que é un campo moi complicado e extenso”. E este proxecto aparte de ter un excepcional protagonista, Paco Vilas, tamén supón un paso máis de cara a sensibilización e a integración.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos