6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

A memoria das pedras en Oza-Cesuras

Un dos máis fermosos conxuntos da idade dourada da arte arte medieval. Unha reportaxe de Rafael Lema Mouzo.

O interior da provincia da Coruña agocha xoias artísticas non de todo coñecidas e que non deixan de sorprender a curiosos e a investigadores, con non poucos misterios aínda por desvelar. Un destes tesouros galegos é a arquitectura relixiosa medieval de Oza-Cesuras, na Mariña dos Condes. Románico e gótico, pero tamén nomes que fan brillar os ollos, como os templarios e as collas de canteiros máis esótericas do Camiño de Santiago, van saltar as pálpebras do visitador interesado para enchelas de beleza e certo deasosego en transo, en entornos idílicos tan alonxados das desfeitas da nosa costa ou doutras comarcas rururbanas.

O magnifico templo gótico de San Nicolás de Cines é o centro deste complexo máxico, saido dos alicerces do vello mosteiro de San Salvador de Cines, fundado no 909 polos condes Aloito e Paterna, os mecenas de Sobrado e tantos outros cenobios, ancestros dos Traba. A posible «clavis ad thesaurum», a chave que nos abra a arca dos misterios de Oza-Cesuras. Conserva restos desta primeira obra. A igrexa actual ten planta basilical de tres naves con dúas preciosas portadas de tímpanos historiados e dous magníficos rosetóns, dentro dunha obra de arquitectura oxival con tradición románica. No tímpano da porta prinvipal vemos ao Salvador, san Bieito e san Bernardo, para que non teñamos dúbida da filiación cos benedictinos e coa reforma cisterciense. No muro norte a enigmática Adoración dos Reis Magos, un canto a María Nai e Sofía.

Pero a ruta do románico en Oza-Cesuras levaranos polos templos de Santa María de Cuiña, Santo Tomé de Salto, San Martín de Bandoxa, Santiago de Reboredo, San Pedro de Porzomillos, San pedro de Oza. Algúns conservan a súa feitura orixinal, como os de San Pedro de Oza e Cuiña, onde en ambos ademais temos unhas pinturas murais das poucas que se poden ver no noso arte rural. O románico segue por terras da antiga Cesuras (Mandaio, Filgueira de Traba), na parroquial de Aranga, na de Coirós (ou en Lesa, Collantres), co influxo de Betanzos e os Andrade, de Monfero e Sobrado. Son igrexas sinxelas do máis clásico románico galego, a esencia da arte da primeira idade de ouro do noso país, aquela que vai da subida ao poder de Alfonso VII ata a morte de Alfonso IX, sobre todo entre 1157 a 1230, cando Compostela foi a cabeceira de facto do reino de León. O século do florecemento artístico e constructivo, de Xelmírez, dos mestres Mateo e Esteban en Compostela; do Císter e do faber Alberto, quen desde Sobrado e Cines tivo que marcar a creación dun grupo especial de pedreiros nestas terras. As marcas destas grandes escolas chegadas de Francia, sobre todo cos cistercienses, vainos aparecer na simboloxía do románico de Oza-Cesuras.

O rosetón de Porzomillos, as cruces xeométricas de Mandaio e de Mondoi. Aquí, en Santa Cruz de Mondoi, as súas dúas cruces sobre os testeiros da ábsida e da nave (un «agnus dei» e unha cabeza de boi) levannos a unha irmandade coas escolas mais importantes e influintes do románico francés. Portan as trazas de estilo dos seus gremios, as marcas simbólicas, filosóficas, signos de valía e mestría. A análise da simboloxía destes elementos daría para varios artículos. Sorprenden algunhas semellanzas co románico da Fisterra, do arciprestado de Nemancos, e cos mestres da Trasmiera cántabra. Nos casos das cruces xeométricas de Mandaio e Mondoi teñen unha terceira irmán precisamente en Santiago de Cereixo, na ría de Camariñas, cuns artífices vinculados ao mosteiro de Moraime, aos Traba, e con marcas definidas. A antefixa calada de Cereixo sobre un año deitado está feita sobre un bloque de granito e é xemelga das citadas. A antefixa de Porzomillos é unha evolucion destas, pois inserta unha cruz templaria patada no centro, cun cuadrado resaltado. O templo foi feito na etapa do traballo do mestre das portas do sur de Cereixo e Moraime. E non hai outras cruces iguais no noso románico. Tres nestas terras, unha na Fisterra.

A devoción da santa cruz deixa preciosas e singulares cruces nestas terras, traenos a memoria templaria dos tempos dos poderosos Traba e dos monxes de san Bernardo. Ambos protectores ben documentados do Temple. A cruz xeométrica de San Xulián de Mandaio, a devoción á santa cruz en Mondoi, e as xa citadas formas dos testeiros traen vellos recordos. Esa cruz cátara de Mondoi sobre o boi (tamén referencia a divindade ancestral, a nai terra), as testemuñas do primeiro cristianismo presente nestas terras e o agromar do monacato na Alta Idade Media falan cun resón nada doado de calar.

Lembremos que na veciña Aranga está unha das dúas xoias da orfebrería románica, a súa Santa Cruz (outra en Serramo, tamén na Costa da Morte). Esa cruz esbelta da ábside de san Vicente de Fervenzas. A cruz xacobea de Santa Vaia da Espenuca (Coirós) é o elemento mais destacado da súa fachada, nun centro de arrianismo onde houbo un dos mosteiros máis antigos da provincia, que logo pasou a dependencia de Cines. O culto a María, con magníficos exemplares góticos de influenza bizantina nestas terras, e a devoción pola santa cruz teñen ao Temple e ao Císter como padriños no Camiño de Santiago e no noso país.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos