3841 fans     1287 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Manuel Gamallo, o mestre canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo, o mestre canteiro da Ponte do Porto

Reportaxes | Publicada: 07/01/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
3
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 11 minutos e 24 segundos.

Manuel Gamallo, o mestre canteiro da Ponte do Porto. Unha reportaxe de Rafael Lema para Adiante Galicia.

Ponte do Porto perdeu as súas dúas igrexas e outros elementos do seu rico patrimonio, como as desafortunadas intervencións na ponte medieval que lle da nome a actual parroquia, noutrora chamada San Pedro do Porto. Por perder ata perdeu o nome de seu do cauce, o histórico e ben documentado río Do Porto e non ese demencial rio Grande que algún iluminado da Icona nos anos setenta asentou sen xeito nin cabeza, como vimos denunciando desde fai tempo Xosé María Lema e máis eu. Un dos mestres canteiros afincados na Ponte do Porto desde 1800 foi Manuel Gamallo que realizou numerosas obras nas igrexas de Nemancos e Soneira. Fillo dunha colla de arxinas da Terra de Montes.

Manuel Gamallo, mestre de cantería, fai relación de obras acometidas na igrexa de San Cristovo de Carnés desde o 23 de abril de a outubro de 1798, como aparellador. Así explica que é autor da fachada da igrexa coa súa torre, escaleira de adentro, a tribuna, a pía bautismal entre paredes, "como se reconoce adelantando a la Yglesia vieja de Huevo diez y seis quartas además del mayor grueso de las paredes". O rector relata as obras de anchamento da vella igrexa feitas polo canteiro, descritas con bastante precisión. "Ytem las paredes de los costados no solamente del adelantamiento se hizieron desde los cimientos, sino también todo lo demás, por hallárense las viejas desplomadas, y con varios buches, tanto en la cantería de brazero, sin tronos y por adentro llenos de rebos mal puestos, con mal barro, según todo ello lo demuestra un pedazito viejo que se alla después de la puerta traviesa. Ytem se ha lozado de nuevo toda la Yglesia, y se ha echo donde cimientos la pared de atrio desde la puerta de la entrada hasta abajo del esquinal de la Yglesia reedificándose otros pontillos por atrás cuias obras fueron las de cantería, y se hizieron dos campanas nuebas por que dos pequeñas que havía se havían partido entrambas". Manuel Gamallo e os seis fillos Josef e Manuel son canteiros con moitas obras na volta: Carnés, Ponte do Porto, Cereixo, Leis, Camariñas. En igrexas e particulares. Tamén no arciprestado de Soneira. Na última década do século XVIII e nas tres primeiras do XIX, Manuel e os seus fillos José e Manuel traballaron nas parroquiais de Serantes (Laxe); Treos, Carnés e Cereixo (Vimianzo); Leis (Muxía). Un Juan Gamallo obrou tamén na igrexa carballesa de Oza.

Encóntranse aveciñados na Ponte do Porto, onde nacerían xa os fillos do fundador vido de Cerdedo. Os Gamallo no 1795 fan os altares, escaleiras de tribuna, escaleiras da capela maior de San Pedro de Leis. Tamén obras en Ponte do Porto, Serantes, Treos. Temos a Manuel Gamallo como veciño de As Barrosas na Ponte do Porto en 1800, nunha lista de pagos. O apelido ficou como alcume dunha coñecida familia de comerciantes e propietarios que das Barrosas baixou ao Campo de San Roque onde construiu unha fermosa casona desde 1920 a carón da ponte medieval que da nome ao pobo. É unha "Lista de cobro de bulas de vivos y muertos, vinos y carnes, de la casa mayor diezmera" de 1800 en donde Ponte do Porto paga 409 reales de bulas e Cereixo 207. Barrosas é o lugar más poboado, 28 casas, que son 36 contando Vilarellos, Ferrerías, Costa.

Aparece o topónimo Puente, onde viven "Blas Espín, Paula Pérez, Andrés de Parga". En Barrosas: Bonifacio de Anido, Thomas Barbeyra, Josef Gusmán, Antonio Ribas, Manuel Gamallo, Manuela Bermúdez, Andrés da Calva, Antonio Montáns, la viuda de Antonio de Castro, Dionisio Gusmán, Manuel Pérez, Rafaela de Lema, Benito López, Paula Suárez, Jacobo Rial, Andrés Pasantes, don Josef Blanco, Lorenzo Rodríguez, Nicanor Ramos, Rufina Pérez, Marcos Gusmán, María Martínez la curiosa, Basilio da Grela, Luis Figueira, Eusebio Rodríguez, don Gregorio Carril, Fermín García, Francisca hija de Bernardo Figueira. No vecindario de 1829 non temos nas Barrosas a Gamallo pero si a don Joseph Blanco, alias O Gamallo, entre os maiores contribuintes. E no 1852 a don José Blanco. Os Blanco son da aínda hoxe chamada casa do Gamallo, descendentes da saga dos pedreiros e agora comerciantes.

Un traballo de Juan Félix Neira Pérez fai unha pescuda destes Gamallo nunha cita de Pondal sobre a igrexa pontecesá de San Martiño de Cores. Nun poema de Pondal, Volvendo de longes terras, o bardo evoca "o Couto e o seu campanario,/ garrido e branqueador". Nas súas variantes textuais, que o poeta rexeitou como alternativas ao verso "garrido e branqueador", escribe o poeta: "que fixo Gamallo bo" e que "Gamallo antigo obrou". Informa Neira que o Libro de Fábrica de San Tirso de Cospindo confirma que en torno a 1791, o frontispicio (a fachada) e laterais da igrexa do Couto estaban "demasiado avejentados, y destruidos", e o visitador eclesiástico invita a reedificalos e a branquear o edificio. Temos a tres canteiros apelidados Gamallo traballando nas obras: Manuel Gamallo el Viejo, que cobra 10 reais diarios; Manuel Gamallo el Mozo, "maiestro", 7 reais; e José Gamallo, irmán deste e cun soldo de 6 reais ao día. No ano 1800, aséntanse os seguintes cargos na contabilidade parroquial: ao mestre Manuel Jamallo páganselle 1412 reais por 176 días de traballo (8 reais diarios) na "fábrica del frontis y torre de dicha iglesia". Joseph Jamallo, tamén mestre, recibe 1092 reais por 172 días empregados na mesma obra. A documentación sinala que eran veciños da freguesía de San Martiño de Figueroa, no actual concello pontevedrés de Cerdedo, na comarca de Tabeirós-Terra de Montes. O apelido Figueroa estará noutra caste de arxinas de sona na nosa parroquia.

Andrés Martínez, veciño de Cereixo, traballa desde 1741 na volta. Fai tribuna e faiado das igrexas de Cereixo e Carnés. Nesta parroquia no 1741 reedifica a tribuna por 83 reais, coa axuda de Marzelo do Camino de Carnés. No 1775 en Carantoña traballa Manuel Varela, mestre de obras, na sancristía, campanario e planta. Con Pedro Taboada, aparellador, e Domingo Ponte, o seu fillo. Francisco do Gando fai o campanario de Carnés no 1768-69. O mordomo Antonio do Mouzo da 100 reais a Francisco do Gando, mestre do campanario. E outros 200 reais a Ignacio de Leis como fabriqueiro para pagar a Francisco do Gando para a fábrica do campanario. A súa última obra é a reparación da capela da Virxe do Monte de Camariñas no 1840. Pedro do Gando fai a capela de san Cristovo e outras reparacións interiores no 1840. Pedro do Gando fai a capela de san Cristovo e outras reparacións interiores no 1840. En 1795 traballan en San Pedro de Leis a colla dos canteiros Pedro Pérez, Roque Figueroa, Ignacio Figueroa, Manuel Gamallo e Joseph Gamallo, que cobran 412 reales de vellón por facer colaterales, escaleiras da tribuna e da capela maior. Os apelidos Pérez e Figueroa son da veciñanza de Carnés e Ponte do Porto, e terán herdanza de pedreiros.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Gonzalo Caballero inicia a carreira polo liderado do PSdeG

Gonzalo Caballero inicia a carreira polo liderado do PSdeG

Gonzalo Caballero:“O reto é poñer ou PSdeG ao servizo dun proxecto de esquerdas que consiga gobernar Galicia”. …

Ler máis
Malestar por las declaraciones del alcalde de Pontedeume sobre el nuevo parque infantil

Malestar por las declaraciones del alcalde de Pontedeume sobre el nuevo parque infantil

Bernardo Fernández afirma que es el primero de la villa en cumplir con la normativa a pesar de que Pontedeume ya cuenta…

Ler máis
Alarma por la presencia de ratas en la plaza de Pontevedra

Alarma por la presencia de ratas en la plaza de Pontevedra

Por las redes circula un vídeo en el que los vecinos persiguen una rata en la plaza de Pontevedra en A Coruña. …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Día de Galicia - 25 Julio 2017
Enova Energia
Festival da Luz Gadis 2017
KNM Abogados
Verán Xalleiro 2017
Costa Artabra
OndaHit
Auto Xallas 2017
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Día da patria galega/Día de Galicia, xornada de pedagoxía galeguizadora

Xosé González Martínez

Presenciei moitas veces a mesma escena, aínda que con distintos protagonistas. Rematada a manifestación para reclarmar  protección gobernamental p…

Xosé González Martínez
Ler máis

Saiamos a rua a festejar !! Um novo tratado de livre comércio foi un feito!!!

Daniel Lago

Isso seria a lógica mesma, que deveria de funcionar logo da posta em marcha do JEEPA, o acordo de livre comercio entre a UE e o Japão.   Na c…

Daniel Lago
Ler máis

I +D + I + G

Xosé González Martínez

En certa ocasión fun levado a coñecer unha Escola de Negocios dunha entidade financieira. O seu director foime amosando as modernas instalación dot…

Xosé González Martínez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información