5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Coellos con liña xenética propia

“O coello de monte de Galicia ten unha liña xenética propia, o mesmo ca galiña de Mos ou o porco celta” indícanos Jaime Veiga, o presidente do colectivo “SOS Coello de monte” nunha entrevista que lle fixen no programa “Na Encrucillada” e que se emite cada día o traverso das emisoras Radio Xallas(107.5 FM) e Fórmula Fun Bergantiños(91.9FM).

Jaime Veiga  Fontán lidera unha asociación de “cazadores sensibilizados o noso patrimonio” e que decidiu xuntas esforzos diante da “grave situación do coello en Galicia”, que ten unha liña xenética propia e que “debemos conservar porque é algo noso e leva aquí miles de anos”.

“Hai novas enfermidades que están chegando e que actúan coas cepas víricas que xa había” apunta Jaime Veiga, consciente de que moitas “acaban sendo endémicas” e que o futuro do noso “coello de monte” depende moito del mesmo pero hai cuestión nas que podemos botarlle unha man.

E desde SOS Coello do monte de Galicia non se quedaron só na teoría senón que decidiron pasar a acción e remitiron varias propostas a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.Propoñen a redución de movemento de coellos nas repoboacións porque estes alteran o propio hábitat e transmiten as enfermidades dun sitio para o outro. Hai repoboacións que se complementen con exemplares doutros puntos de España, cando o coello galego ten máis similitude co coello do norte de Portugal.

Tamén pensan que sería interesante a redución do número de capturas “sobre todo no período reprodutor”.Outra idea é a elaboración dun “mapa epidemiolóxico dos coellos”, aproveitando “que a Xunta xa ten un programa que detecta as enfermidades e un sistema de vixilancia creado”. Outra petición refírese a inclusión do coello no programa de recuperación de razas autóctonas.

Escoita a entrevista con Jaime Veiga-Desde o minuto 43 deste audio

FOTO- Sindo Mosteiro-Flickr

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos