¿Estamos de precampaña?

As eleccións municipais están moi preto.Xa estamos en tempo de precampaña e mobilización da maquinaria política. Pero o certo é que en Galicia os grandes partidos aínda teñen deberes pendentes.

 

Cristóbal Mourín @cristobalmourin

 En varias cidades e concellos  non hai un candidato seleccionado, como o caso do PP en Vigo e Ourense por poñer dous exemplos destacados. Pero ademais PP, PSOE e BNG teñen unha listaxe de municipios con alcaldables por concretar.Algún partido incluso aprazou determinado acto provincial previsto para a “foto de familia” ao faltarlle varios cabezas de lista.

“Dáme a impresión que todo vai demasiado lento pero que teremos unha campaña electoral especialmente intensa” comenta un dirixente político autonómico. Debe resultar complexo que un candidato novo poida ofrecer un proxecto político diferenciado e ben traballado, con poucos meses de marxe. Moitos deles case non farán precampaña. 

Hai quen opina que para algúns partidos representativos este retraso pode ser unha acción estratéxica premeditada, aínda que é demostrable  tamén que hai municipios onde a cuestión débese a outro tipo de impedimentos.

E non é por levarlle a contraria a maioría dos partidos galegos e españois, pero entre o refraneiro popular (“a quen madruga deus axúdalle”) e as voces de moitos expertos, semella que a planificación con tempo e o traballo a pé de rúa son elementos fundamentais para o éxito.Para un dos grandes expertos mundiais en campañas electorais e “tótem” da consultoría política, Joseph Napolitan a cousa está clara:

“Cada situación é diferente. Para un candidato descoñecido, unha campaña temperá de imaxe pode ser vital.Para un candidato moi coñecido, pode ser un dispendio sen sentido.Nunca se empeza a preparar unha campaña demasiado pronto. Pódese empezar a campaña demasiado pronto, pero iso é outra cousa. Empezando pronto tense tempo para facer e analizar enquisas, estudar aos adversarios e os seus probables movementos en profundidade, deseñar e discutir varias estratexias posibles, elixir os mellores especialistas para traballar na campaña e preparar psicoloxicamente o candidato. Cando se empeza tarde, non se teñen que facer menos cousas, sinxelamente se ten menostempo para facelas”.

Ao marxe das reflexións de Napolitan, estamos nunha precampaña polo momento tranquila.Nun clima de desencanto político hai quen pode apostar por non aburrir demasiado ós potenciais votantes. Ou incluso deixar pouca marxe de tempo para mobilizar simplemente ós adeptos.

Aínda que no contexto social de desapego, non vaia ser que estes xogos de laboratorio de especular cos prazos, sexan contraproducentes e lle saia “o tiro pola culata».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos