O xerme da Dereita Galeguista

Galicia non conta na actualidade cun grupo político de centrodereita nacionalista referente, pero si en 1935 un grupo de galeguistas crearon un partido que tivo curto percorrido.

@xmlema

En abril de 1935, Xosé Filgueira Valverde dirixe unha carta ao secretario xeral do Partido Galeguista, Gómez Román para explicarlle os motivos da súa decisión de arredarse do P.G. Estaba desconforme do achegamento do partido as forzas de esquerda españolas e que finalmente derivaron na chamada Fronte Popular.

Pensaba que “un partido nacionalista non pode deixarse dirixir por movementos alleos” e criticaba algúns puntos dos acordos acadados con esas forzas. Nesa carta Filgueira xa avanza “Teño a certeza de que tardará poucos días en xurdir un novo partido que recolla na dereita do galeguismo. Sei que este novo partido non terá xa aquel anseio de liberación dos moldes alleos que guiou os primeiros movementos do partido que agora deixo”.

E efectivamente non tardará en nacer a Dereita Galeguista. Segundo recolle Xavier Castro no seu libro “O galeguismo na encrucillada republicana”, en maio de 1935 publícase un manifesto en Pontevedra asinado por Martínez Tiscar, Sexto López, García Vidal, Lino Sánchez, Darío Caramés e Filgueira Valverde. 

Aínda que a liña de actuación progresista e de esquerda  do Partido Galeguista xa estaba ben definida, algún sectores conservadores continúan no partido ata que se consuma a adhesión do PG a Fronte Popular.

Nestes convulsos momentos artéllanse novos grupos. Pero non chegan a tempo para a convocatoria electoral de febreiro de 1936. Nese mes xurde publicamente vía manifesto a Dereita Galeguista de Ourense. Asinan Vicente Risco, Fernández Borrajo, José A. Varela, Isidoro Guede, José Luís Parente, José Goyanes, Ángel Martínez Doval e José Perille. Meses despois asinan un manifesto galeguistas de dereitas de Compostela como Manuel Banet Fontenla, Xosé Mosquera, Daniel Louzao, Carlos Seijas, Manuel Jiménez, e Manuel Beiras García.

A Dereita Galeguista prepara as súas “bases para o programa da federación das forzas nacionalistas e galeguistas de dereitas”. As distintas agrupacións únense baixo a presidencia de José Fernández Borrajo. Aínda que rexeita estar na primeira liña Vicente Risco é o “pensador na sombra”.

A Dereita Galeguista implícase na campaña polo estatuto de autonomía e inicia a súa expansión por Galicia. De como acabaría a súa historia e onde chegaría este proxecto queda no campo da imaxinación, porque cando daba os seus primeiros pasos, o golpe militar que remato una ditadura rematou con esta historia.

FOTO Seminario de Estudios Galegos, 1928, onde aparecen algúns dos persoeiros vencellados a Dereita Galeguista

De esquerda a dereita na fileira de atrás: Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Sebastián García Paz, Pintos, Antón Fraguas, Bibiano Osorio Tafall. Sentados: Isidro Parga Pondal, Abelardo Moralejo Laso, Calvo, Salvador Cabeza de León, Joaquín Arias Sanjurjo, Xerardo Álvarez Limeses e Novás. Texto e foto Fundación Otero Pedrayo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos