6452 fans     1594 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xosé Manuel Lema Mouzo

Xosé Manuel Lema Mouzo

Director de Adiante Galicia, Anosacosta e Elven Comunicación. Escritor e locutor de radio.

Non falta tanto para as eleccións municipais

Publicada: 14/09/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 8 segundos.

Non lle faltaba razón ao político laborista británico Harold Wilson cando dicía que en política unha semana é moito tempo. Nunhas horas ou nuns días pódese desmoronar o castelo de naipes de calquera dirixente ou organización. 

Pero non é menos certo que para a estratexia política a cousa é diferente. Un ciclista pode quedar sen forzas a poucos quilómetros da meta e estragar todo o traballo dun ano nuns minutos, pero o traballo de preparación fíxoo chegar ata aí. E o normal é sempre que o que traballa, loita e se esforza ten moitas posibilidades de triunfar. Aínda que tamén hai carambolas e golpes de sorte.

As eleccións municipais serán aproximadamente dentro de vinte meses. Pode parecer unha barbaridade pero é o momento de engraxar as maquinarias e ir dando pasos. Cando un dirixente asegura que falta unha eternidade, penso que ou ben trata de despistar aos rivais ou está xogando  erradamente.

As estratexias políticas necesitan planificación, equipos, mensaxes e iso non é cousa dunha campaña electoral de quince días. É certo que unha noticia dun día pode cambiar as previsións e o mesmo escenario, pero salvo cuestións extremas, o traballo feito é un investimento de futuro.

A campaña electoral non é máis que o colofón a todo un proceso de traballo. A un cronograma planificado segundo sexa o candidato do goberno ou da oposición, novo ou veterano, etc... E despois está a habilidade de afrontar o día a día. Xogando unha partida coas cartas que vaian saíndo día a día. Percibindo o contacto da rúa. Pero con planificación e cunha estrutura perfectamente artellada todo será máis factible. Incluso cando haxa que reaccionar en tempo récord. Aí notaranse as maquinarias engraxadas e ordenadas. 

O tempo pasa voando. E como podemos ver a través dos medios de comunicación algúns políticos xa están traballando. Outros prefiren facelo desde a sombra sen chamar atención. E hainos que xa fan cálculos mentais para poder acertar cos seus compañeiros de viaxe. As listas son sempre unha arma de dobre fío.

Como dicía Wilson unha semana é moito tempo en política. De acordo. Pero insisto, vinte meses non son tantos para os candidatos gañadores. 

Xosé Manuel Lema dirixe Adiante Galicia e é autor do libro "El Candidato Ganador.Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político) 

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación.  Con este feito compróbase que a  esquerda  rupturista é un mito.  Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.  As declaracións de Villares e o espectáculo do últimos catro anos no parlamento galego, plasman que os  intereses e ambicións persoais, unen  mái…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se inspiró en la Expulsión de los Judíos de 1492, efectuada por los Reyes Católicos. Acusando así a España de grandes crímenes contra la humanidad.   Partiendo de la base de mi empatía por el pueblo judío y por el reconocimiento de Israel como nación legítima, tengo que reseñar que el Reino de España no fue el primero de la historia …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamento dos medios de comunicación sobre os cidadáns, e chegou á conclusión de que as persoas non se atreven a ir en contra da opinión  defendida polos medios de comunicación, xa que se o fan son marxinadas e atacadas.  Consideraba que nesta sociedade as ideas  contrarías ao sistema dominante,  eran atacadas e desprestixiadas.  Ante esa real…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Entroido Vimianzo 2020
Feira Primavera Santa Comba 2020
Autos Xallas
Entroido A Braña 2020
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamen…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información