- Cargando las noticias de última hora...
Xosé Manuel Lema Mouzo

Director de Adiante Galicia, Anosacosta e Elven Comunicación. Escritor e locutor de radio.
Grazas Paulino Castiñeira Castro
Publicada: 02/02/2021
Tempo de lectura: 2 minutos e 9 segundos.
A Paulino Castiñeira Castro contacteino fai anos para unhas crónicas que estaba facendo para a Agencia EFE, sobre unha das iniciativas da Sociedade Filatélica de Corcubión. A través da liña telefónica escoitei a un home entusiasta e servicial.
Décadas despois volvemos a encontrarnos a través das redes. Paulino lembroume a importancia histórica de Corcubión e a relevante traxectoria de varios dos seus fillos. Pedía difundir as historias da vila de San Marcos e ofrecía algún consello. A través das redes sociais recibín palabras dun home comprometido coa terra e interesado pola difusión do coñecemento.
E acabou colaborando con varios artigos seus en Adiante Galicia.“Aquellas verbenas” ou “Lugar, O Son, despensa da vila” foron artigos que quixo que se publicaran no noso xornal.
Son só un simple exemplo de todo o material que nos deixou. No seu blogue contou unha morea de cousas. Falounos da Orquesta La Palma, de Ramón Pais Romero, Ramón Caamaño, e de distintos episodios históricos. Tamén é autor de dous libros.
Entereime que emprendeu unha viaxe. Que nos deixou. E non quería deixar pasar a oportunidade de volver a darlle as grazas polo seu espíritu colaborativo e a súa vocación divulgadora. Grazas Paulino!
Pódeche interesar...
Un secreto ecológico
Álvaro Rodríguez
Los demás gobiernos hacen lo contrario de lo que se obliga a hacer en España. Pondremos dos ejemplos: La gran potencia Alemania y el emergente Marruecos. Se cierran las centrales térmicas de España y se abren, inauguran en Alemania y Marruecos. ¿Nos están empobreciendo?. Si, es obvio. Mientras que “el gobierno más progresista de historia” impone sacrificios de puestos de Trabajo, cierre de centrales térmicas, perdida de electricidad, y de competitividad, los demás hacen e…

A mesma manobra
Álvaro Rodríguez
A prensa escrita informou que ABANCA gañou no 2020 433 millóns, dos cales 273 dedicounos a reservas. «As cinco integracións realizadas nos últimos anos comezan a render froito, de forma que as melloras de rendemento triplican aos gastos» lembraba un dos dirixentes de ABANCA. A outrora banca pública, agora en mans de capital internacional, vende a súa existencia e usura como un éxito empresarial. É un exemplo da realidade plutocrática do réxime de España. O sector Publíco…

Los amos del progresismo
Álvaro Rodríguez
El grupo PRISA es el medio de comunicación “progresista” de España. Desde él se defiende la visión denominada vulgarmente “socialista” o “socialdemócrata”, y “a la “española”. Las personas que se afirman “progues”, ya sea por interés crematístico, estética, tradición, por convicción o conveniencia, se forman en la opinion que ese medio lanza y presenta día a día. Ello a través de sus múltiples medios, como prensa, radio, editoriales, li…
