- Cargando las noticias de última hora...
Xosé Manuel Lema Mouzo

Director de Adiante Galicia, Anosacosta e Elven Comunicación. Escritor e locutor de radio.
Adiante Vieiro
Publicada: 14/10/2020
Email Facebook Twitter Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo
Tempo de lectura: 2 minutos e 3 segundos.
O meu benquerido José Manuel Vázquez Gómez estará pensando o mesmo onde se atope. Unha entidade como Vieiro é moi necesaria en Bergantiños e na Costa da Morte.
Queimouse unha parte importante da memoria documental nun incendio provocado no local da entidade. Alguén baixou aos escalóns máis ínfimos da condición humana. Morder a man amiga. Esa que leva case dúas décadas axudando a persoas que camiñan polo túnel escuro da vida. Xentes con problemas que encontran solucións e comprensión.
Varios roubos, un incendio, son golpes duros pero necesitamos a Vieiro. E reconfortan as palabras de Xosé María Arán, cando aínda cheira a queimado, e temos cinza no corazón. Van seguir adiante.
A sociedade debe de valorar a importancia de entidades como esta. O seu papel tan importante. Recoñecer o traballo dese grupo de persoas. E agora máis ca nunca, apoiar con folgos e donativos.É de aplaudir a reacción rápida e positiva do concello de Carballo.
E non me canso de agradecer,en nome de moitas persoas anónimas o compromiso e a capacidade solidaria das xentes de Vieiro.Non vos deteñades. Sodes necesarios, pero temos que apoiarvos. O amigo Vázquez estará orgulloso.
Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:
Pódeche interesar...
Un secreto ecológico
Álvaro Rodríguez
Los demás gobiernos hacen lo contrario de lo que se obliga a hacer en España. Pondremos dos ejemplos: La gran potencia Alemania y el emergente Marruecos. Se cierran las centrales térmicas de España y se abren, inauguran en Alemania y Marruecos. ¿Nos están empobreciendo?. Si, es obvio. Mientras que “el gobierno más progresista de historia” impone sacrificios de puestos de Trabajo, cierre de centrales térmicas, perdida de electricidad, y de competitividad, los demás hacen e…

A mesma manobra
Álvaro Rodríguez
A prensa escrita informou que ABANCA gañou no 2020 433 millóns, dos cales 273 dedicounos a reservas. «As cinco integracións realizadas nos últimos anos comezan a render froito, de forma que as melloras de rendemento triplican aos gastos» lembraba un dos dirixentes de ABANCA. A outrora banca pública, agora en mans de capital internacional, vende a súa existencia e usura como un éxito empresarial. É un exemplo da realidade plutocrática do réxime de España. O sector Publíco…

Grazas Paulino Castiñeira Castro
Xosé Manuel Lema Mouzo
A Paulino Castiñeira Castro contacteino fai anos para unhas crónicas que estaba facendo para a Agencia EFE, sobre unha das iniciativas da Sociedade Filatélica de Corcubión. A través da liña telefónica escoitei a un home entusiasta e servicial. Décadas despois volvemos a encontrarnos a través das redes. Paulino lembroume a importancia histórica de Corcubión e a relevante traxectoria de varios dos seus fillos. Pedía difundir as historias da vila de San Marcos e ofrecía algún cons…
