5856 fans     1549 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Treixadura

Publicada: 17/04/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 57 segundos.

 
 
Asistín ao concerto de presentación do novo disco do grupo “Treixadura” e saín reafirmado, unha vez máis, na miña convicción de que é a agrupación que mellor representa  a nosa tradición musical. Non hai moito afirmaba nunha colaboración publicada aquí que o milagro de Treixadura é facer bailar e cantar a nenos e maiores, transmitíndolles a forza emotiva do noso cancioneiro popular. Tal cousa pasou no Teatro García Barbón en Vigo a pasada semana,cun aforo de 994 prazas repartidas entre un patio de butacas e tres anfiteatros. A forza telúrica que insuflaba o programa musical no público era de tal intensidade que, Martiño, un rapaciño de apenas nove meses aguantou todo o concerto, contorneándose e movendo os brazos coa emoción que lle producía a música que escoitaba; o mesmo facía, a señora Maruxa, que seica acababa de cumprir cen anos, que non eran estorbo para que bailase e cantase sen parar.Velaí a maxia da nosa música.
 
 
“Inda canto! “, que é o título do novo disco, recolle un repertorio variado no que inclùe foliadas, pasodobres, e muiñeiras. Unha delas da autoría  de Xaquín Xesteira, ese músico de extraordinaria versatilidade, sobre un poema de Ramón Cabanillas, “Muiñeira da Revolta”. Este novo disco é unha contribución máis que arrequece o noso patrimonio musical en tempos nos que os ventos da globalización ameazan a nosa singularidade cultural. 
 
 
O orfeón de Treixadura que leva a voz cantante,  está formado por tres baixos   (Ramón Martín, Gustavo Cuntín e Álvaro Lamas); catro barítonos (Quico Obelleiro, Paulo de Rei, Xurxo Raposo e Antón Cabaleiro), e tres teores (Antón Fontenla, Alberto Raposo e Anxo Xesteira), complementado cos instrumentistas Paulo Nogueira, Xaquín Xesteira, Toniño López, e a única muller, Magoia Bodega, que son quen de executaren coas gaitas, acordeón e percusión excelentemente o repertorio editado neste novo disco.
 
 
 
Polo que sabemos, de aquí a fin de ano, Treixadura xa ten contratados ao pé de trinta concertos, que non son poucos. Isto demostra que os seus concertos interesan porque concentran a milleiros de persoas, moitas delas procedentes de lugares distantes, que acuden engaiolados pola música deste grupo que hoxe en Galicia é o símbolo da pervivencia do noso acervo musical; son os herdeiros de coñecidas agrupacións corais, as máis delas fundadas polas activas Irmandades da Fala que souberon mirar na nosa música tradicional un medio para chegar á alma do pobo e avivala.
 
 
Os concellos galegos, que deberían programar as súas festas maiores contratando a Treixadura,  pensando en daren exemplo ás comisións de festas parroquiais, as máis das veces sometidas á vulgaridade de actuacións musicais de pouco gusto e de considerable custo económico. É ben triste observar o comportamento da xente ante as actuacións desas coñecidas orquestras, incapaces de transmitir sentementos como o fai  Treixadura, entusiasmando ao público.
 
 
As festas son espazos lúdicos que debemos aproveitar para elevarmos o nivel de conciencia galega nas nosas xentes e o orgullo polo propio. Velaí o gran labor que está a facer Treixadura en Galicia. Cada actuación súa é unha torrenteira de emocións e sentimentos que temos que agradecerlles. Os concellos e as comisións teñen a palabra. O público agradeceríallelo.
Con Treixadura é posible facer realidade o desexo de termos mil festas máis para a lingua galega.
 
   

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Plástico:la caza de brujas de la ecología europea

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Vamos al Lidl cargados con bolsas de arpillera o tenemos que surtirnos con unas talegas de cartón que se rasgan al primer descuadre de estive interno. Esta cadena ha retirado las bolsas de plástico por, supuestamente, conciencia ecológica. El movimiento anti-plástico recorre el final de década paralelo al Me Too o a la guerra contra el diesel. Se nos muestran imágenes de tortugas, delfines o corales envueltos en pexiglás, afirmándose que dentro de cincuenta años habrá en los océano…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Rusia,¿imperio bizantino o caballo de Atila?

José Manuel Palacín Y Rodríguez

A Tijon Shevkunov se le considera el padre ideológico de Valdimir Putin, si es que éste ha procesado deontología alguna en su vida. O sea, que este insólito prior ejerce más bien como factotum u hombre que susurra al oído del omnipotente líder ruso.Shevkunov, además de ortodoxo conservador, es un reputado cinéfilo que presentó su obra cumbre a comienzos del mandato del Nuevo Zar. "El desmoronamiento del Imperio o la lección de Bizancio", (así se titula esta cinta), responde en apa…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Inmigración y II Restauración en Galicia

Álvaro Rodríguez

En 2018 sucedió un hecho político de dimensión máxima.  La prensa  gallega,  cumpliendo  su obligación de informar, en sus portadas,  La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego,  La Opinión,  La Región, Diario de Pontevedra, ABC, sección Galicia,  nos trasladaban la última “Directriz”  aprobada por el Gobierno gallego.  Constaba la orden de la Xunta de dos fases o argumentos: Primero: “hay problemas de reemplazo generacional en Galicia”,  “el preocupante …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Carballeira Zas 2019
Día de Galicia 2019
SAT Busto Corzon Mazaricos
Concello de Coristanco
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Plástico:la caza de brujas de la ecología europea

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Vamos al Lidl cargados con bolsas de arpillera o tenemos que surtirnos con unas talegas de cartón que se rasgan al primer descuadre de estive interno…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Rusia,¿imperio bizantino o caballo de Atila?

José Manuel Palacín Y Rodríguez

A Tijon Shevkunov se le considera el padre ideológico de Valdimir Putin, si es que éste ha procesado deontología alguna en su vida. O sea, que este…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Inmigración y II Restauración en Galicia

Álvaro Rodríguez

En 2018 sucedió un hecho político de dimensión máxima.  La prensa  gallega,  cumpliendo  su obligación de informar, en sus portadas,  La Voz…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información