5112 fans     1468 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Sermos diferentes para sermos existentes

Publicada: 12/11/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 45 segundos.

                   
En 1895 o semanario “La Tierra Gallega”, editado en La Habana e dirixido por Manuel Curros Enríquez, adoitaba publicar un anuncio das  marcas de viños:  “Salto d´o Can”,  “Enxebre” e “Vieira do Miño”. É de supoñer que a intención dos adegueiros era diferenciárense naquel mercado antillano doutros produtos pola singularidade lingüística que aportaban os seus nomes. Con aquela intención  facían súa a máxima de hai que ser diferentes para facerse notar.
 
 
Hoxe o uso da lingua galega nas etiquetas pregoando as bondades das castes coas que se elaboran os viños é moi numeroso. Os textos e o seu coidado deseño dánlle presenza no medio da multitude de ofertas que hai nos mercados. Este compromiso dos adegueiros coa lingua galega é de agradecer, porque contribúen a internacionalizar o noso sinal de identidade máis singular. Emulan deste xeito a outras marcas de viños e licores procedentes doutros países que tamén se etiquetan en cadansúa lingua de oríxe.
 
 
Repare o lector nos andeis dos supermercados e centros de distribución deste tipo de produtos e comprobará   a diversidade de marcas de distintas procedencias xeográficas.O Foro E. Peinador  e a Irmandade Galega de Adegueiros e Agroalimentarios vén insistindo na oportunidade de etiquetar os nosos produtos en lingua galega, porque é a mellor maneira de ratificar a autenticidade  da súa orixe.  Os consumidores, que son cada vez máis esixentes nos gustos, procuran atopar neles sabores orixinais, auténticos, e a mellor maneira de garantirllelos é referencialos no idioma de procedencia.
 
 
O que é evidente desde o punto de vista da estratexia comercial, aínda non o teñen asumido algúns adegueiros e non poucas industrias de transformación galegas que consideran inconveniente o noso idioma para venderen os seus produtos alén das nosas fronteiras, sen repararen que outros, aquí, xa o están a facer desde hai moitos anos, e que tamén un champán francés de boa calidade vén etiquetado no idioma do pais veciño, ou que un whisky describe as súas características en inglés.
 
 
Malia a existencia deses receos hai que dicir que dun tempo para acó temos avanzado; son moitísimas as marcas de produtos –viños,licores ou outros produtos de alimentación- que superaron eses receos e  utilizan o noso idioma nas etiquetas. Neste proceso de  galeguización comercial ten xogado un papel moi importante o Foro E. Peinador e a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros  que coas súas accións teñen feito un labor de concienciación notorio.
 
 
Neste tarefa de estimular  a etiquetaxe en galego está tamén A Asociación Álvaro das Casas, integrada no colectivo Galeguizar Galicia,  que celebrará o próximo sábado, día 18, no pazo dos Ulloa en Esposende,Ribadavia, o acto de entrega dos  premios Bacelos de Prata a dúas marcas comerciais  que son modelos de galeguización: Adega Alborexar no Ribeiro, unha nova adega formada por mozos inquedos e ilusionados que elaboran viños que transmiten o que se fai na viña para que perdure no tempo e cunha identidade propia; e,  Hoxe, Sociedade Cooperativa Galega, empresa agraria rural da comarca do Deza, que transforma o leite de vaca en variadas marcas de queixo de excelente calidade que está presente nas grandes áreas de comercialización.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Crónicas de la II Restauración. Feijóo y Sánchez

Álvaro Rodríguez

  La prensa libre, independiente e imparcial de la democracia de la II Restauración se centra últimamente en el candidato a sucesor de Rajoy, que todos apuntan a Feijoo, y en apoyar al gobierno de Sánchez en cuanto que continuador de la política económica del PP. Algunos mantienen abierta la posibilidad de que Feijoo no alcance la presidencia del PP y lo descalifican descarnadamente, con todos los epítetos peyorativos que un gallego puede padecer. Si bien, cada descalificación puede t…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Premios Peña Novo 2018

Xosé González Martínez

  Hai cento vintecinco anos que nacía en Vilalba o xurista e político máis sobranceiro do primeiro terzo do século XX. Estamos a falar de Lois Peña Novo, cofundador das Irmandades da Fala, que puxeron cabo a un período protagonizado pola reivindicación literaria. O novo movemento vaille coller o relevo cunhas intencións programáticas que abranxían a todos os sectores da sociedade, modernizando o seu discurso e integrándoo  na coordenada dos movementos nacionalistas europeos. …

Xosé González Martínez
Ler máis

Crónicas de la II Restauración.Pacto a la Israelí

Álvaro Rodríguez

  Sanchez  es presidente.  La novedad del hecho está en que el turno o cambio en el gobierno de España se realiza dentro de la legislatura, en vez de esperar a los próximos comicios. El objetivo del cambio de presidente es mantener el control por parte del PP y PSOE del Estado,  y preparar las próximas elecciones con garantías de éxito para los dos partidos del sistema.      Frente a la europea, lógica y natural “Gran Coalición”,  PP + PSOE, como abogaba Felipe Go…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Electrodomésticos Angel
Autos Xallas
FENAUCAM 2018
Gadis Festival O Son do Camiño 2018
Concello de Coristanco
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
KNM Abogados
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Crónicas de la II Restauración. Feijóo y Sánchez

Álvaro Rodríguez

  La prensa libre, independiente e imparcial de la democracia de la II Restauración se centra últimamente en el candidato a sucesor de Rajoy, qu…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Premios Peña Novo 2018

Xosé González Martínez

  Hai cento vintecinco anos que nacía en Vilalba o xurista e político máis sobranceiro do primeiro terzo do século XX. Estamos a falar de Lois…

Xosé González Martínez
Ler máis

Crónicas de la II Restauración.Pacto a la Israelí

Álvaro Rodríguez

  Sanchez  es presidente.  La novedad del hecho está en que el turno o cambio en el gobierno de España se realiza dentro de la legislatura, en…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información