5059 fans     1432 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Publicidade en galego

Publicada: 09/08/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 35 segundos.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, Parlamento de Galicia e Foro E. Peinador veñen de convocar a XXIV edición dos premios para fomentar o uso da lingua galega na publicidade. Concederanse catro premios, un por cada unhas das seguintes categorías, segundo o medio de difusión: radio, televisión, internet e prensa escrita. Así mesmo establécense dúas modalidades de premios para cada categoría, de xeito que, polos traballos que resulten galardoados, recibirán cadanseu premio tanto a empresa anunciante como a axencia de publicidade que desenvolveu técnicamente o traballo publicitario.

Nunha colaboración anterior, publicada neste xornal, falabamos  do valor estratéxico que para a empresa ten incardinarse na cultura dos traballadores e consumidores. Nin que dicir ten que a lingua é a mellor maneira de certificar a denominación de oríxe dos produtos nos mercados internacionais. Unha filosofía empresarial que aínda encontra resistencias en moitos directivos que non consideran a lingua galega apta para os seus negocios.

O debate xa é vello. Chama a atención a lucidez da proposta do discurso expresada en 1917 no xornal “A Nosa Terra”, que se manifestabas así, e que ten vixencia actualmente: “O galego como factor puramente literario non resolve hoxe  gran cousa. O galego podería ser un instrumento útil de progreso ao servizo dos nosos grandes factores da evolución económica moderna; inspirado só no ideal estéril da obra de arte ficaría no máis completo ridículo. O galego terá que ser un medio de progreso ou non será nada. A humanidade xa non se rexe con siloxismos e redondillas; a literatura e a arte en xeral, veñen logo como corolario”.

En 1969  a revista “Chan”, dirixida polo xornalista Raimundo  García, “Borobó”, que se preocupou en máis dunha ocasión de aleccionar aos empresario sobre a oportunidade do uso da lingua galega na publicidade, facía referencia ao Informe Gaur da Universidade do Pais Vasco que combatía o discurso conservacionista da lingua desta maneira: “O idioma evoluciona na súa utilización, mellorando nun  mundo de necesidades e de  cambios, adaptándose a eles, servindo na actuación sobre eles, desenvolvéndose.O idioma non se conserva.Utilízase. Desenvólvese.En realidade nada se conserva.Incluso aquello que se conserva en latas remata por comerse ou pudrirse”.

Recentemente  Xosé Luís Méndez referíase a este asunto coa lucidez que o caracteriza, e contaba a importancia do uso que fai del Abanca, unha entidade financieira de forte implantación en Galicia, ao afirmar que: “Abanca fai máis gasto de propaganda en galego nun día que todas as antigas caixas de aforro fixeron en toda a súa existencia”. Nunha conversa  que hai ben pouco tempo tivemos con Juan Carlos Escotet, o seu presidente, trasladamolle os parabéns do Foro E. Peinador. A estratexia de comunicación de Abanca é un exemplo para o empresariado galego que debería imitar.

Cómpre salientar que na historia da economía galega temos algúns exemplos de potentes empresas que en tempos ben difíciles apostaron pola lingua galega na publicidade. Zeltía, por exemplo, editou o “Calendario ZZ” íntegramente en galego.Esta publicación, cun alto valor formativo, con dúas edicións anuais tiña unha tirada de trescentos cincuenta mil exemplares; gozou de gran prestixio e respecto dos labregos durante as décadas dos cincuenta deica aos finais do setenta cando se deixou de editar. Anteriormente, no primeiro terzo do século vinte Augas de Mondariz facía tamén publicidade das súas marcas no noso idioma.

Mudar ese hábito empresarial é unha tarefa na que o Foro E.Peinador pon o seu empeño en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Non existe ningún estudo de mercado que indique que a publicidade en galego sexa contraria aos intereses Empresariais. A explicación  deses prexuizos lingüísticos radica nos cadros directivos das empresas e nos creativos da publicidade que aconsellan aos seus clientes  a facela en castelán.

Boa culpa disto téna o sistema universitario galego, público ou privado.Porque no canto de incentivaren módulos formativos que propiecen unha nova mentalidade arredor do reencontro entre a cultura e a identidade, fan todo o contrario: infravalorar a lingua galega como un código de comunicación e negar os dereitos lingüísticos dos traballadores e consumidores. Velaí o reto que deberían afrontar os equipos directivos das facultades de económicas e empresariais, escolas de publicidade e dirección de empresas. O Foro E. Peinador ten insistido moitas veces sobre este asunto, e seguirao a facer.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Pirotecnia política

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Ante todo manifestar mi tremenda consternación por la explosión que se ha producido en Tuy debido a la imprudencia de un individuo que presuntamente acumulaba pirotecnia en un almacén ilegal y que al deflagrar ha generado una terrible catástrofe. Va por delante mi pésame a las víctimas, mi solidaridad con los afectados y el mejor de los deseos a las autoridades en la gestión del siniestro. No dudo del buen hacer del Gobierno Local y del Alcalde tudense, Carlos Vázquez Padín, que debe im…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

O perexil, a esencia do país

Orlando Villamayor

As persoas somos como unha esencia, somos impacientes, vulnerables, arrogantes e sobre todo pouco coherentes con nós mesmos. Basta ollar para os laterais un día calquera da nosa existencia e comprobar que vivimos en demasiada tensión para estar xeralmente disconformes con nós mesmos.   Todo o que nos rodea camiña con moita presa para que na maioría dos casos non demos chegado ó destino con certo éxito. Se analizamos ben as informacións periodísticas darémonos conta de que se no…

Orlando Villamayor
Ler máis

A irmandade xurídica galega fóra da burbulla

Xosé González Martínez

Chegado o Día das Letras Galegas escóitanse os  recorrentes discursos de sempre: a culpa da perda de falantes  é das institucións, e nomeadamente da Xunta de Galicia. Non vou ser eu quen a exima da súa alícota responsabilidade, porque a Lei de normalización lingüística ten mandatos expresos. O problema da desgaleguización é moito máis complexo, porque son moitos máis os axentes que interveñen na pervivencia dunha lingua, sobre os que recae tamén a súa parte de responsabilidade…

Xosé González Martínez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Electrodomésticos Angel
Letras Gallegas Santa Comba 2018
Concello de Coristanco
Enova Energia
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
KNM Abogados
Concello da Laracha
Centro de Ortodoncia e Implantologia Dr. J.M. Pose Rodríguez
Concello de Mazaricos
OndaHit
En breves

Adiante TV

Opinión

Pirotecnia política

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Ante todo manifestar mi tremenda consternación por la explosión que se ha producido en Tuy debido a la imprudencia de un individuo que presuntamente…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

O perexil, a esencia do país

Orlando Villamayor

As persoas somos como unha esencia, somos impacientes, vulnerables, arrogantes e sobre todo pouco coherentes con nós mesmos. Basta ollar para os late…

Orlando Villamayor
Ler máis

A irmandade xurídica galega fóra da burbulla

Xosé González Martínez

Chegado o Día das Letras Galegas escóitanse os  recorrentes discursos de sempre: a culpa da perda de falantes  é das institucións, e nomeadament…

Xosé González Martínez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información