5200 fans     1468 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Premios Peña Novo 2018

Publicada: 11/06/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 52 segundos.

 
Hai cento vintecinco anos que nacía en Vilalba o xurista e político máis sobranceiro do primeiro terzo do século XX. Estamos a falar de Lois Peña Novo, cofundador das Irmandades da Fala, que puxeron cabo a un período protagonizado pola reivindicación literaria. O novo movemento vaille coller o relevo cunhas intencións programáticas que abranxían a todos os sectores da sociedade, modernizando o seu discurso e integrándoo  na coordenada dos movementos nacionalistas europeos.
 
 
Peña Novo foi o intelectual máis lúcido que tivo o galeguismo, malia non ter militado nunca nas fileiras do Partido Galeguista. Da súa visión progresista e innovadora son os textos aprobados polas asembleas nacionalistas de Lugo e Santiago de Compostela, nas que se plasmaron a igualdade de dereitos do home e da muller, sobre todo habida conta que a emigración deixábaas indefensas xuridicamente por mor da tutela que exercían sobre elas os homes.
 
 
O rego do discurso de Peña Novo era fondo. Partía dunha análise certa cando afirmaba que a falta de autoestima dos galegos, que os facía dependentes das políticas conservadoras que marxinaran a Galicia, convertíaos en negadores da súa propia identidade.  Ese medo ´-dicía- que chegou a dominar ata as superiores categorías culturais. Medo a manifestárense íntegramente en galego; galegos na lingua, galegos na arte, galegos na política; galegos en todas as afirmacións da nosa vida individual e colectiva. Medo, nunha palabra, a seren demasiado galegos.
 
 
A Fundación Lois Peña Peña consitúese baixo a súa advocación para render homenaxe a quen outros lle negaron valor ao seu exercicio político e galeguizador. Foron moitas as xeracións que foron formadas na admiración a tres, catro ou cinco personaxes da nosa historia, sen que tivesen máis méritos que o vilalvés. Hai vintecinco anos que se institucionalizaron os premios que levan o seu nome e apelidos para recoñecer o maxisterio galeguizador de Galicia en ámbitos extraliterarios, nos que se xoga o futuro do porvir da normalización da lingua galega.
Un xurado de persoas ben representativas  en cadanseu ámbito profesional veñen de conceder os PREMIOS PEÑA NOVO 2018 a tres personalidades que sobrancean en cadajnseu ámbito.
 
A  María Xosé Queizán Vilas, como recoñecemento a unha traxectoria vital de compromiso coa lingua e cultura galegas desde os anos cincuenta deica hoxe estimando o xurado como moi positiva a articulación dun discurso feminista enraizado na realidade galega, mobilizando o seu discurso ás conciencias das mulleres para conquistaren a dignidade e igualdade cos homes.
A Manuel González González, polo seu traballo de investigación científica e constantes achegas á riqueza do noso idioma. Destaca o xurado o seu esforzo por dotar á lingua galega de recoñecemento internacional.
 
 
A Xesús Costas Abreu, xurista e funcionario da administración local, pola súa implicación na galeguización do dereito e da Administración de  Xustiza, e as súas achegas nos anos 80 na fixación dunha linguaxe xurídica e administrativa.
 
 
O próximo día 28 do mes que andamos celebrarase no castelo de Soutomaior o acto de concesión dos galardóns con todos os pronunciamentos formais que son costume con nutrida concorrencia de xentes que todos anos acuden desde distintos lugares de Galicia. 
As portas do castelo ábrense ese día para todos os que queiran acudir, sen máis requisitos que o de presentárense naquel emblemático espazo histórico.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

La defensa de los intereses de un país

Gonzalo Suárez

Una de las cosas más importantes que han de exigirse a un representante político, es que defienda los intereses de su país, tanto a nivel económico como a nivel diplomático. Parece una obviedad, pero en una época donde el globalismo es casi dogma de fe y las instituciones supranacionales alcanzan altas cotas de poder, no lo es. Y para ello, ha de ser necesariamente capaz también de identificar cuáles son esos intereses, así como sus aliados y sus rivales en tal empresa.   Muchos …

Gonzalo Suárez
Ler máis

Honras a Ramón Castromil

Xosé González Martínez

O pleno do Concello de Santiago vén de aprobar unha proposta da comisión de honras que preside o amigo Manuel  Dios Diz do grupo municipal de Compostela Aberta, pola que se lles retiran as distincións outorgadas durante a ditadura a nove ministros de Franco, nomeando, ao tempo, fillos predilectos a título póstumo a Federico García Lorca e a Ánxel Casal, alcalde republicano “paseado” en agosto de 1936. Pero tamén distingue coas mesmas honras a outros cidadáns, entre eles a Ramón Ca…

Xosé González Martínez
Ler máis

Publicidade na lingua dos consumidores

Xosé González Martínez

Cando a ocasión o require traemos a esta sección o debate sobre a publicidade en lingua galega para afondarmos na súa utilización nas estratexias comerciais que procuran buscar nos consumidores a fidelización ás marcas que se ofrecen.  Aínda son moitos os dirixentes empresariais que consideran que o noso idioma non é o medio indicado para pregoar as bondades das súas mercadorías. Prexuízos que teñen raíces ben chantadas nas mentes de moitos creativos formados en centros univer…

Xosé González Martínez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Oferta empleo profesores Santa Comba
Festas A Xunqueira Cee 2018
Ruta CH Santa Comba 2018
Autos Xallas
Concello de Coristanco
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
KNM Abogados
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

La defensa de los intereses de un país

Gonzalo Suárez

Una de las cosas más importantes que han de exigirse a un representante político, es que defienda los intereses de su país, tanto a nivel económic…

Gonzalo Suárez
Ler máis

Honras a Ramón Castromil

Xosé González Martínez

O pleno do Concello de Santiago vén de aprobar unha proposta da comisión de honras que preside o amigo Manuel  Dios Diz do grupo municipal de Compo…

Xosé González Martínez
Ler máis

Publicidade na lingua dos consumidores

Xosé González Martínez

Cando a ocasión o require traemos a esta sección o debate sobre a publicidade en lingua galega para afondarmos na súa utilización nas estratexias …

Xosé González Martínez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información