5114 fans     1468 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Precursores e discípulos da galeguización xurídica

Publicada: 08/04/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
2
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 18 segundos.

 
 
Chegado o mes de novembro teremos a oportunidade para conmemorarmos o centenario da celebración da primeira asemblea nacionalista celebrada en Lugo  que proclamou a soberanía estética de Galicia para poñer orde as construcións urbás e rurais. Propuña o texto aprobado que para conquerir tal obxectivo compría “ditar unha lei que obrigue aos propietarios a axeitaren o estilo das súas construcións ao estilo xeral  de cada vila galega”. Noutras palabras: pedían o respeto polas distintas tipoloxías de construción existentes en Galicia que por entón empezaban a ser desnaturalizadas.
 
 
Pero tamén tamén  propuñan que as leis se ditasen en idioma galego. A maiores propuñan que a  función dos Tribunais de Xustiza rematara en recurso derradeiro en Galicia e sempre realizada por funcionarios galego. Na segunda asemblea celebrada  o ano seguinte en Compostela matizáronse algunhas destas propostas programáticas para maior concreción.
 
 
Entre  as moitas personalidades que acudiron  ao cónclave de Lugo estaban os xuristas Lois Peña Novo e Roberto González Pastoriza dos que se cumpren os  125 e 120 anos, respectivamente, dos seus nacementos, que polos seus principios éticos e fidelidade á legalidade republicana sufriron persecucións e desterros impostos polas autoridades sublevadas en 1936.
 
 
Tanto Peña Novo como González Pastoriza fan parte dunha amplísima nómina de xuristas comprometidos coa causa galeguizadora que son, aínda hoxe,  descoñecidos para a inmensa maioría dos profesionais do dereito, por mor do desleixo  das facultades de dereito, colexios profesionais de avogados e escolas de prácticas xurídicas. En ningún destes escenarios académicos o alumnado ten a posibilidade de formarse cursos específicos sobre a historia do dereito galego e dos seus valedores.
 
 
A Irmandade Xurídica Galega séntese herdeira desa tradición que vén reivindicando desde hai ben anos. E faino da mellor maneira: exercendo un continuado labor de galeguización da Administración de Xustiza e dos ámbitos xurídicos, público e privado, co maxisterio do seu exemplo.
Se tempo atrás se celebraron actos de galeguización xudicial nos xulgados de A Fonsagrada, Cangas e Cambados, o próximo día 13 escenificarase outro nos do Partido Xudicial de Caldas de Reis para conmemorar as primeiras sentenzas ditadas en lingua galega naqueles órganos xurisdicionais protagonizados polos maxistrados don Manuel A. Pereira Costas, dona Dalila Dopazo Blanco e dona Encarna Dasi Dorelle.  Todos os tres son, por méritos propios, acredores da homenaxe programada por ese compromiso pioneiro e continuado coa lingua galega ao que están convocados avogados, procuradores, xuíces de paz, entidades societarias, culturais e veciñais, forzas e corpos de seguridade.
 
 
Ese día, amais dos xuíces homenaxeados, tamén serán protagonistas os alcaldes e alcaldesas que asinaran a “Declaración de Caldas de Reis”, comprometéndose a lideraren o proceso de normalización lingüística no ámbito local e nos eidos das actividades administrativas e  xurídicas coa adopción de  medidas concretas por parte das asesorías xurídicas, propias ou externalizadas, e das policías locais que son parte de moitos procesos xudiciais, como denunciante ou testemuñas.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Carballo, Ribeira e A Estrada, onde a lingua galega rexurdíu

Xosé González Martínez

Un rexistrador da propiedade chamado Xoán Manuel Pintos metido a combativo poeta escribíu, “ A gaita gallega”,  o libro máis reivindicativo da lingua galega a mediados do século XIX. Entre verso e verso denunciou a marxinación da lingua galega dos documentos públicos.     É verdade, dicía, que hoxe non usan o noso idioma galego para leis nin escrituras; nin poñen declaración nin estenden testamentos.  Unha descrición exacta do que veu acontecendo nos séculos preceden…

Xosé González Martínez
Ler máis

Crónicas da II Restauración. A CIG mobilízase contra as políticas liberais

Álvaro Rodríguez

 O día 19 de xuño a CIG realizará unha xornada nacional de mobilizacións en defensa das rendas do traballo, da melloría da vida dos galegos, denunciando as políticas liberais existentes.    As políticas liberais ninguén as nega agora, tal vez por estar o PSOE de xerente público. Cando estaba o PP alegaban que era necesario, que era “tal e cal”. Agora xa é así e non se recatan de disimulalo. En La Voz de Galicia do 18 de xuño, Xosé Luís Barreiro Rivas explica que “tod…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Crónicas de la II Restauración. Feijóo y Sánchez

Álvaro Rodríguez

  La prensa libre, independiente e imparcial de la democracia de la II Restauración se centra últimamente en el candidato a sucesor de Rajoy, que todos apuntan a Feijoo, y en apoyar al gobierno de Sánchez en cuanto que continuador de la política económica del PP. Algunos mantienen abierta la posibilidad de que Feijoo no alcance la presidencia del PP y lo descalifican descarnadamente, con todos los epítetos peyorativos que un gallego puede padecer. Si bien, cada descalificación puede t…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Eventos Santa Comba 29/06/2018
Autos Xallas
FENAUCAM 2018
Concello de Coristanco
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
KNM Abogados
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Carballo, Ribeira e A Estrada, onde a lingua galega rexurdíu

Xosé González Martínez

Un rexistrador da propiedade chamado Xoán Manuel Pintos metido a combativo poeta escribíu, “ A gaita gallega”,  o libro máis reivindicativo da…

Xosé González Martínez
Ler máis

Crónicas da II Restauración. A CIG mobilízase contra as políticas liberais

Álvaro Rodríguez

 O día 19 de xuño a CIG realizará unha xornada nacional de mobilizacións en defensa das rendas do traballo, da melloría da vida dos galegos, den…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Crónicas de la II Restauración. Feijóo y Sánchez

Álvaro Rodríguez

  La prensa libre, independiente e imparcial de la democracia de la II Restauración se centra últimamente en el candidato a sucesor de Rajoy, qu…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información