6508 fans     1602 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Os que queren non poden e os que poden non queren

Publicada: 27/12/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 5 segundos.

Velaí  o dilema no que estamos atrapelados desde hai ben tempo. Para resolvelo debemos saír deste encerello admitindo que son moitos e diversos os axentes causantes desta parálise. Nada de aplicar razóns cartesianas e simplificadoras, porque a responsabilidade ao tempo que está xerarquiza, tamén moi repartida e non admite maniqueísmos.´

A normalización da lingua galega en todos os ámbitos sociais é unha tarefa que incumbe,en primeiro lugar a todos os poderes públicos, sen excepcións; pero tamén a todos os seus organismos autónomos.

Descargar  toda a responsabilidade da galeguización  no entramado xurídico-institucional, que non é máis que unha parte do problema, é negar a súa complexidade. 

Non debemos esquecer que existen,  alén das administracións públicas, outros poderes que  non asumen as responsabilidades do proceso. Refírome ás organizacións políticas e sindicais, por exemplo, que teñen notable influencia en cadanseu sector social. As súas aportacións ao proceso regaleguizador son anecdóticas.

Mais hai un terceiro nivel, cunha base social moi ampla, que tamén permanecen inactivo, cando non indiferente cos valores patrimoniais que nos definen: o variopinto movemento asociativo  cultural e veciñal que vertebra a sociedade civil, dirixido moitas veces por axentes pertencentes ás  organizacións políticas carentes de programas pedagóxicos de galeguización.

Cómpre artellar programas participativos e anovadores baseados na oferta positiva.

Hai que converter o pesimismo da razón no optimismo da vontade. Con esa filosofía actúan as asociacións do colectivo Galeguizar Galicia. Todas elas, sen solapamentos nas súas actuacións, están a  poñer en pé un relato novo de normalización lingüístico movendo os ríxidos marcos que coutan a expansión do discurso.

Remata o ano 2017 e o balance que ofrecen todas as asocacións do colectivo caracterízanse pola progresión nos avances acadados. Velaí están as campañas do Foro E. Peinador e a Irmandade Galega de Agroalimentarios chamando aos consumidores a preferiren produtos galegos e entre eles aqueles que se etiquetan no noso idioma; labor complementado polos premios Bacelos de Prada da Asociación Álvaro das Casas. Outro tanto están a facer en cadanseu ámbito a Irmandade Xurídica Galega e a Irmandade da Sanidade Galega, ambas as dúas integrantes da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, e a Fundación L.Peña Novo. 

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Auri: aquelas cancións seguen soando

Xosé Manuel Lema Mouzo

Aínda que nunca me deu clase, sabía  Auri Guerrero, da miña temperá e case obsesiva paixón polas letras.  Aquelas primeiras composicións en  EXB dedicadas a temas tan irrelevantes para a sociedade como as píntegas ou os sentimentos persoais. Pero para min era o comezo dunha viaxe  iniciática polo mundo da poesía; azuzado, tamén é certo, polas ducias de libros que traía, continuamente, o meu irmán para casa. E no Día Mundial da Poesía souben do seu falecemento. E desde e…

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

O informe Petras 25 anos despois

Álvaro Rodríguez

No presente artigo imos expoñer ou lembrar uns artigos do sociólogo Jamen Petras. Sobran as presentacións para o "revolucionario e anti-imperialista" activista e escritor, como el adoita definirse. Petras publicou o estudo “Marx no século XXI”, revista arxentina O Rodaballo (Revista de cultura e política. Ano 1, Nº 1, novembro 1994). O contido do mesmo é público na rede. Para Petras en 1994 a socialdemocracia morrera: “A transformación da socialdemocracia nun vehículo do neoli…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación.  Con este feito compróbase que a  esquerda  rupturista é un mito.  Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.  As declaracións de Villares e o espectáculo do últimos catro anos no parlamento galego, plasman que os  intereses e ambicións persoais, unen  mái…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

Auri: aquelas cancións seguen soando

Xosé Manuel Lema Mouzo

Aínda que nunca me deu clase, sabía  Auri Guerrero, da miña temperá e case obsesiva paixón polas letras.  Aquelas primeiras composicións e…

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

O informe Petras 25 anos despois

Álvaro Rodríguez

No presente artigo imos expoñer ou lembrar uns artigos do sociólogo Jamen Petras. Sobran as presentacións para o "revolucionario e anti-imperialist…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información