3120 fans     1117 seguidores     38 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Os premios Peña Novo no cambio dun ciclo

Publicada: 20/06/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 20 segundos.

A Fundación L. Peña Novo leva vintedous anos convocando os premios anuais co nome daquel intelectual vilalbés que protagonizou nos primeiros anos do século XX a modernización do discurso galeguista. A el débeselle, en grande parte, a incorporación ao discurso da identidade das correntes filosóficas que agromaban no mundo despois da críse do ano 1917, abandonando a dinámica exclusivamente literaria herdada do movemento literario do Rexurdimento.

Nunha sociedade eminentemente labrega, cunha feble proletarización, unha sangría emigratoria considerable e unha taxa elevadísima de analfabetismo, Galicia precisaba crear estruturas sociais que organizasen a todos os sectores para cambiar o rumbo da historia. Velaí o acerto daquel nacionalismo que soubo intepretar con acerto cales eran as contradicións sociais e económicas dun réxime político inservible para satisfacer as necesidades da maioría do pobo.

Aqueles tempos convulsos no mundo que habían traer grandes transformacións en todas as ordes gardan moita relación, salvando as distancias do tempo, coas que hoxe estamos a vivir. Se naqueles anos as Irmandades da Fala elaboraron proxectos políticos imaxinativos para remover o atraso económico, sen desvencellalos da pedagoxía necesaria para acrecentar a conciencia de galeguidade dos seus cidadáns, hoxe, do seu exemplo aínda podemos tirar algún proveito para seguirmos artellando un modelo novo de afrontar os retos dos cambios estruturais que  a globalización provocan coa aparición de novas formas e procesos espaciais.

O xurado dos Premios Lois Peña Novo unha vez máis soubo aplicar con acerto os criterios para conceder os galardóns deste ano, que recaeron en persoas e institucións que en cadanseu eido están apostando por alternativas propias tinguidas de inequívoco galeguismo. Velaquí, sucintamente, os méritos dos premiados deste ano:

Don Francisco Díaz-Fierros Viqueira, doutor en Farmacia, catedrático de edafoloxía e Química da USC. O seu labor científico centrouse no estudo dos solos e da climatoloxía agrícola de Galicia, recoñecéndolle o xurado a utilización e valoración da lingua galega no eido da ciencia o que supón un incentivo para o seu uso en espazos nos que habitualmente non está presente.

Don Xosé Manuel Cid Fernández, doutor en pedagoxía e profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo no Campus de Ourense. O seu labor no desenvolvemento de programas de renovación pedagóxica é o exemplo, tanto en Galicia como en Portugal, para entender un ensino transformador vencellado á realidade social e cultural.

O Concello de Brión, porque desde 1979 é un modelo de corporación local preocupada pola defensa da identidade de Galicia como pobo con cultura e lingua de seu. Ao tempo, considera o xurado que o Concello de Brión ten aplicado políticas eficaces para a modernización e eficacia na prestación dos seus servizos públicos.

Tres esteos que terman de modelos de actuacións para reformularmos a estratexia fracasada das últimas décadas nas que fiou todo  á literatura e os seus creadores;  un papel que transcendía con moito a súa función. Nunca Galicia tivera tantos medios –materiais e humanos- para reencontrarse coa súa identidade e, sen embargo, nunca a frustración fora tanta, se a comparamos co titánico e creativo traballo que tiveron que facer os homes e mulleres das Irmandades da Fala para sortearon toda clase de dificultades derivadas das sinerxias de moitos séculos de desgaleguización. Hoxe,como noutrora, cómpre renovación urxente dos métodos de traballo para irmos ao compás das mudanzas.

O próximo día 30 do mes que andamos, ás sete e media da tarde, voltaremos ao patio de armas do castelo de Soutomaior para  honrarmos aos que fan do súa actividade profesional un exercicio patriótico  a imitar. Amigos lectores e lectoras, as portas da fortaleza están abertas para recibilos.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

GOODBYE MR. PRESIDENT

Daniel Lago

Neste novo mundo, onde há muitas coisas a mudar, e a mudar rapidamente, temos que podemos defrontar-nos a um novo marco definitório do que é que a guerra é. Umas destas incertezas, destes novos modelos de guerra, provem dos novos modelos de transmissão da informação. A informação é mais do que nunca poder.   A guerra “híbrida”, na que já estamos, tem um campo de batalha que é uma realidade virtual. As redes e a conectividade, lançam ao minuto mensagens, notícias, ficç…

Daniel Lago
Ler máis

Os escritores que triunfan e os críticos que fracasan

Óscar de Souto

Para o común dos mortais hai dúas clases de escritores: os que publican en papel e son recoñecidos e os escritores fracasados, asi de sinxelo, triunfadores e facasados mais para os entendidos na materia son os propios textos os que confirman a valía destes escritores xa que nesta gran farsa que chamamos "nación" dentro dos galardóns máis coñecidos do mundo literario (especialmente os premios con agasallo económico) atopámonos con tremendos churros que algún xurado tivo a gran valentí…

Óscar de Souto
Ler máis

“Façamos de 2017 um ano de Paz"

Daniel Lago

Assim é que começou o primeiro dia de ano o António Guterres. Um secretário geral das Nações Unidas sabedor do mundo em conflito que está por vir. Um mundo em varias ameaças; um mundo sem liderança mundial; um mundo onde retrocedem as democracias liberais; um mundo globalizado que luta pela anti-globalização, e assim por diante. Em 2017 remata, definitivamente, a hegemonia ocidental sobre a ordem internacional.   O sistema internacional, geralmente anárquico, tinha sido submet…

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
OndaHit
Liga Fútbol Sala Santa Comba
Auto Xallas 2017
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

GOODBYE MR. PRESIDENT

Daniel Lago

Neste novo mundo, onde há muitas coisas a mudar, e a mudar rapidamente, temos que podemos defrontar-nos a um novo marco definitório do que é que a …

Daniel Lago
Ler máis

Os escritores que triunfan e os críticos que fracasan

Óscar de Souto

Para o común dos mortais hai dúas clases de escritores: os que publican en papel e son recoñecidos e os escritores fracasados, asi de sinxelo, triu…

Óscar de Souto
Ler máis

“Façamos de 2017 um ano de Paz"

Daniel Lago

Assim é que começou o primeiro dia de ano o António Guterres. Um secretário geral das Nações Unidas sabedor do mundo em conflito que está por v…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información