5767 fans     1544 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Vota Partido Popular Elecciones 26M 2019
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

O tímido galeguismo das universidades

Publicada: 15/05/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 11 segundos.

O día 9 de marzo de 1933, fai agora,xa que logo, oitenta e cinco anos, celebrouse no Paraninfo da Universidade de Santiago un acto de especial significación dados os avoltos tempos que vivía daquela Galicia. Francisco Fernández del Riego, que entón era un  alumno da Facultade de Dereito, presentaba ao profesor  Álvaro de las Casas, que impartiría unha conferencia titulada “Verbas aos mozos galegos. O momento universitario”.
 
As propostas do conferenciante eran  novidosas e a radiografía que fixo da Universidade tamén moi atinada: “Unha Universidade incerta, dubidosa, desorientada, sen plan seriamente meditado de restauración, aberta aínda aos profesores de vai e vén  que toman posesión soñando no traslado; que caen aquí coma en país de desterró;  profesores alleos, que, agás excepcións honrosísimas de mestres benquerido xa vencellados a nós, chegan no Castromil da mañá matinando pedir o traslado polo correo da tarde. Unha Universidade órgano da cultura castelán, e non plantel e viveiro da cultura galega”.
 
Aquelas palabras tiveron o eco esperado nas mobilizacións estudantís que reivindicaban unha Universidade  galeguizada, que no decorrer do breve tempo que durou a Iª República, tivo no Reitor Alejandro Rodríguez Cadarso o timonel que a levou a ter os mellores científicos impartindo aulas. Quixeron as malas fadas que alquel proxecto cheo de esperanzas da vella Universidade naufragase por mor da sublevación militar de 1936 que descabezou aquelas cátedras de sabedoría que a píque estiveron de obraren o milagre dunha ciencia implicada na renovación das estruturas socioeconómicas de Galicia cun aproveitamento racional das nosas riquezas naturais.
 
O profesor e investigador Ricardo Gurriarán  na súa  fundamentada e extensa obra “Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), di que nese período a Universidade abríuse á sociedade cun modelo de xestión innovador: democratización, preocupación por asentar o ensino experimental nas aulas e posibilitar infraestruturas necesarias para lévalo a cabo. Accións en plena sintonía cos avances renovadores que preconizaba a intelectualidade prerrepublicana. 
 
 
O discurso de Álvaro das Casas daquel entón paira aínda hoxe nas aulas e departamentos das nosas universidades onde a excelencia é un  feito constatable, pero nas  que a presenza da lingua galega nas aulas e actividades académicas non é a desexada. Docentes e alumnos non recoñecen o alcance da cooficialidade lingúística, minorizando o noso idioma nos procesos formativos.
 
Lois Peña Novo, que vivíu aqueles momentos históricos, vén agora ao encontro da memoria cando afirmaba que “o de menos son os títulos de capacidade oficial que a Universidade fabrique cada ano, sen que a idea da súa terra teña no seu espírito ningún valor. A Universidade ten que  enchouparse na alma da terra, ata que os profesores e alumnos sentan con emoción a transcendencia da súa misión”. 
 
Agora que as universidades de Santiago e Vigo acaban de elixir novos reitores teñen a oportunidade de artellar senllos programas e vontades para vigorizar o pulo anovador da galeguización.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

A soidade do cisne

Óscar de Souto

Cando algún aldeán ou "villano" espeta esa máxica coletilla de «ese non é daqui, oooh» , moi recurrente ademais nestes páramos bergantiñàns, moi especialmente no oeste da comarca, recordo con tristura os versos de Eduardo Pondal na súa terra sen case poboación, a súa famosa agreste soidade, os rumoros piñeiros e as súas arpas musicais que o nordés interpretaba. Si, si amigos, Eduardo e os seus familiares instalaronse nunha rexión sen poboación, sen traballo, sen oportunidade, se…

Óscar de Souto
Ler máis

Debate - Espectáculo

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Este artículo trata de sintetizar varias reflexiones sobre los debates padecidos en estos últimos dos días.  Lo primero que se me viene a la cabeza es que este tipo de debates, con formato de cuatro candidatos, apelotonando frases hechas y datos a toda pastilla bajo una serie de epígrafes es sólo útil para los medios de comunicación que los emiten y para los políticos y partidos que se promocionan pero desde luego nada o poco aportan al ciudadano reflexivo por carecer de rigor …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Galicia hai 20 anos. Galicia hoxe

Álvaro Rodríguez

No presente século  XXI, conceptos e ideas tradicionais como Patria, Nación, Nación Histórica, Estado-Nación, ou Estado sen nación, cultura propia, cultura nacional (con estado ou sen estado), espírito da nación, pobo, e  civilización, están a ser diluídas, dixeridas, nunha nacente cultura uniforme e líquida con pretensións de carácter universal. Do éxito ou fracaso do proxecto  unificador e devastador da  contorna existente serán testemuñas as próximas xeracións. Agora s…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Vota Juan Blanco Mazaricos Bloque Nacionalista Galego
Vota Sandra Vilela Muxía Partido Popular
Vota María Pose Santa Comba Partido Popular
Cena benéfica autismo Santa Comba 2019
Vota Mónica Rodríguez Vimianzo Partido Socialista Obrero Español
Vota Abraham Gerpe Coristanco Contigo Somos Democracia
SAT Busto Corzon Mazaricos
Gadis Promo O Son do Camiño
X Ruta das Tapas Santa Comba
Autos Xallas
Concello de Coristanco
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

A soidade do cisne

Óscar de Souto

Cando algún aldeán ou "villano" espeta esa máxica coletilla de «ese non é daqui, oooh» , moi recurrente ademais nestes páramos bergantiñàns, …

Óscar de Souto
Ler máis

Debate - Espectáculo

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Este artículo trata de sintetizar varias reflexiones sobre los debates padecidos en estos últimos dos días.  Lo primero que se me viene a…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Galicia hai 20 anos. Galicia hoxe

Álvaro Rodríguez

No presente século  XXI, conceptos e ideas tradicionais como Patria, Nación, Nación Histórica, Estado-Nación, ou Estado sen nación, cultura pro…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información