6465 fans     1594 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

O matiz de Cantigas e Agarimos

Publicada: 20/08/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 28 segundos.

Como é ben sabido, a execución dunha partitura pode ter matices moi persoais, segundo  quen a interprete ou dirixa a agrupación musical. Para os ouvidos de entendidos e melómanos a percepción desas orixinais singularidades interpretativas non pasan desapercibidas.

É moi ilustradora ao respecto a anécdota contada por Iglesias Vilarelle, aquel afamado director do Orfeón de Pontevedra no que cantaran Castelao e Bóveda. Celebrábase un certame de orfeóns e ao director parecéulle do caso dar antes un derradeiro repaso á obra de concurso. Formaron os orfeonistas o círculo máxico, e no seu centro, o director dándolle as costas á porta de entrada. Aos poucos compases un cantor cala, logo outro, e outro… Continúa a execución, cada vez máis desastrosa da obra, ata deixarse de escoitar a melodía.O director,que non daba creto, estaba desesperado. Pero que…pasa?,preguntóulles. Todos calan, Achégaselle un barítono e déitalle na orella: É que están aí os de Lugo, e veñen roubarnos o matiz.

“Cántigas e Agarimos” tamén tiña o seu matiz musical, que os diferenciaba dos demais,  tanto para o coro como para o grupo de gaitas do que foron figuras senlleiras Basilio Carril e Xoán Bello Mallou, que dominaban o punteiro con peculiar mestria. Do seu bo facer quedou unha discografía marabillosa que se acrecenta agora coa edición dun novo disco – Corazón aberto- que paga a pena escoitar. Pero a mais disto cómpre suliñar que “Cantigas e Agarimos” ten unha formidable colección de traxes tradicionais dos usados en distintas comarcas do país. Engádaselle a ese patrimonio o arquivo de partituras que é un fermoso tesouro musical do cancioneiro popular galego no que tanto empeño puxeran na súa recuperación Marcial del Adalid, Casto Sampredo ou Jesús Bal y Gay.

Foron moito o directores que tivo nestes últimos noventa e sete anos, desde que o fundaran en 1921 as Irmandades da Fala; moi reputados todos, por certo. Actualmente diríxeo coa sensebilidade que o caracteriza Xaquín Xesteira Losada, un excelso coñecedor da nosa música tradicional e compositor de obras de rotunda ortodoxia. A súa chegada á dirección de “Cantigas e Agarimos” supuxo un revulsivo de inmellorable calidade ateigada de matices propios que lle confiren á agrupación un sesgo orixinal moi do gusto dos amantes da nosa música popular. Velaí esa novidades de participaren en concertos conxuntos con bandas de música e o grupo “Treixadura”, dando lugar esta fusión a espectaculares interpretacións.

“Cántigas e Agarimos” e Real Toxos e Flores de Ferrol, tamén fundado polas Irmandades da Fala, son as agrupacións máis antigas de Galicias. Durante moitos anos  pasaron por épocas de marxinación polas autoridades franquistas que destrozaron o noso acervo musical creando a Sección Femenina  e Educación e Descanso, esperpénticas agrupacións alternativas que fixeron un uso noxento da nosa tradición musical. Cando chegou a perniciosa moda das orquestras cos seus repertorios estranxeirizantes e postas en escena chocalleiras, as comisións de festas  botaron literalmente dos palques dos torreiros a gaiteiros e bandas de música. Malia ese andazo de autoodio, “Cantigas e Agarimos”, aguantou  o embate.

Co gallo da celebración do 95º aniversario da súa creación, a Fundación Lois Peña Novo propúxolle á Comisión de Honras do Concello de Santiago, presidida polo concelleiro Manuel Dios Diz, a concesión da Medalla de Ouro, que recentemente o pleno da Corporación Municipal aprobou, facendo así xustiza cunha agrupación folclórica que durante a longa noite de pedra foi o acubillo  en Compostela para  cantos quixeron buscar as raíces  da nosa tradición musical, e de moito máis; porque nos locais da rúa da Algalía cocéuse moito máis que música.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación.  Con este feito compróbase que a  esquerda  rupturista é un mito.  Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.  As declaracións de Villares e o espectáculo do últimos catro anos no parlamento galego, plasman que os  intereses e ambicións persoais, unen  mái…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se inspiró en la Expulsión de los Judíos de 1492, efectuada por los Reyes Católicos. Acusando así a España de grandes crímenes contra la humanidad.   Partiendo de la base de mi empatía por el pueblo judío y por el reconocimiento de Israel como nación legítima, tengo que reseñar que el Reino de España no fue el primero de la historia …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamento dos medios de comunicación sobre os cidadáns, e chegou á conclusión de que as persoas non se atreven a ir en contra da opinión  defendida polos medios de comunicación, xa que se o fan son marxinadas e atacadas.  Consideraba que nesta sociedade as ideas  contrarías ao sistema dominante,  eran atacadas e desprestixiadas.  Ante esa real…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Entroido Vimianzo 2020
Feira Primavera Santa Comba 2020
Autos Xallas
Entroido A Braña 2020
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamen…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información