6465 fans     1594 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

O Couto Mixto, unha república raiana esquecida

Publicada: 26/06/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 59 segundos.

José Rodríguez Cruz é o autor dun novo libro publicado por Edicións Laiovento co seuxerente título de “Couto Mixto. Aspectos folclóricos”. Nesta obra atopamos unha manchea de relatos que o autor foi recollendo da memoria dos veciños, porta por porta, daquelas aldeas nas que aínda aniña a conciencia de pertenza a un enclave territorial singular que hai 150 anos perdeu  os privilexios  en xuño de 1868, por mor do  Tratado de Lindes entre España e Portugal, poñendo fin ás aspiracións portuguesas sobre o Couto Mixto, quedando este en territorio integrado na provincia de Ourense. A cambio, como nolo recorda o historiador e etnógrafo António Fontes,  as aldeas galegas de Souteliño, Cambedo e Lamadarcos, pasaban a seren portuguesas.
 
 
Se vostede, amable lector ou lectora, descoñecese a ubicación xeográfica e natureza de tal enclave histórico, ilustrámolos con algúns apuntamentos. Trátase de tres aldeas – Rubiás, Meaus, capital do comercio, e Santiago a capital relixiosa e política, cunha extensión de 2.695 hectáreas. Meaus pertence ao concello de Baltar, e as outras dúas a Calvos de Randín.
 
 
Gozaban os veciños daquel territorio dun réxime  xurídico que os convertía de feito nun Estado, tal como foi nas súas oríxes a actual Andorra. Entre os privilexios do Couto Mixto podemos citar: a) Dereito a escolleren a nacionalidade o día da voda, brindando polos reis de España e Portugal; b) Dereito de asilo a reos da Xustiza con algunha excepción a prol dunha ou outra xurisdición nacional; c) Dereito a non pagaren tributos a España ou Portugal, con excepción dunha alcabala ás casas de Bragança e Monterrei; e) Dereito a elixiren por sufraxio das cabezas de familia ao seu líder (xuíz) e os represantes das aldeas; f) Dereito a comerciaren con todo tipo de produtos, mesmo os estancos e armas de defensa ou caza; g) Dereito a non utilizar para os seus negocios impresos oficiais obrigatorios en España e Portugal, e h) Dereito dos mozos a non seren alistados nos exércitos portugueses ou españois.
 
 
Foi, como queda dito,a primeira democracia que en tempo das monarquías feudais elixía por sufraxio  directo dos representantes das casas a quen os había gobernar (xuíz) polo tempo de tres anos. Os seus documentos gardábanse na arca das tres chaves que aínda se conserva.
Entre  o Couto Mixto e a freguesía portuguesa de Tourém había un camiño neutral con todos os dereitos para as persoas, bens e mercadorías, chamado Camiño Privilexiado. Os que o transitaban non podían ser molestados polas autoridades portuguesas ou españolas.
 
 
Un grupo de amigos, da man do historiador García Mañá, fomos ao rescate dunha memoria histórica  antes de que o tempo a convertese en lenda por mor da desaparición dos derradeiros supervivintes que tiñan coñecemento directo dun enclave territorial tan singular, que agora conta cun Centro de Interpretación merecente de ser coñecido.
 
 
A Asociación de Amigos do Couto Mixto celebra todos os anos en Santiago de Rubiás un acto de rememoración histórica o próximo día 7 de xullo ás 12:00 horas que este ano terá un programa excepcional, no que serán investidos como Xuices Honorarios dos presidentes das freguesías de Souteliño, Cambedo e Lamadarcos, unha representación teatral, “A historia do Couto Mixto”  e a actuación da cantante Uxía, seguido dun xantar popular aberto a todos.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación.  Con este feito compróbase que a  esquerda  rupturista é un mito.  Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.  As declaracións de Villares e o espectáculo do últimos catro anos no parlamento galego, plasman que os  intereses e ambicións persoais, unen  mái…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se inspiró en la Expulsión de los Judíos de 1492, efectuada por los Reyes Católicos. Acusando así a España de grandes crímenes contra la humanidad.   Partiendo de la base de mi empatía por el pueblo judío y por el reconocimiento de Israel como nación legítima, tengo que reseñar que el Reino de España no fue el primero de la historia …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamento dos medios de comunicación sobre os cidadáns, e chegou á conclusión de que as persoas non se atreven a ir en contra da opinión  defendida polos medios de comunicación, xa que se o fan son marxinadas e atacadas.  Consideraba que nesta sociedade as ideas  contrarías ao sistema dominante,  eran atacadas e desprestixiadas.  Ante esa real…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Entroido Vimianzo 2020
Feira Primavera Santa Comba 2020
Autos Xallas
Entroido A Braña 2020
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamen…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información