6317 fans     1586 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Na lingua dos defuntos

Publicada: 13/10/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 48 segundos.

A memoria lingüística dos veciños da parroquia de San Facundo de Ribas de Miño do Concello da Paradela (Lugo) está correctamente  reflectida no seu cemiterio. É un exemplo que non debera pasar desapercibido. Tomouse esta coherente decisión en 1997 cando a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia dicidíu levantar os enterramentos do adro da igrexa do século XII  co gallo da súa restauración; trasladou os restos a un novo cemiterio, pero tivo o bo acordo de galeguizar as lápidas. 

Os máis de 3.750 cemiterios que hai en Galicia, porén,  ofrécennos unha realidade distorsionada do feito lingüístico. Como é posible que aqueles que foron galego falantes despois do seu pasamento sexan recordados nas lápidas en lingua distinta da súa? Pois élles así.  Os datos que nos ofrece o Instituto Galego de Estatística sobre a realidade sociolingüística dos concellos non deixa lugar  para dúbidas. Para mostra un exemplo: o  de San Xoán de Río (Ourense) é o máis monolingüe,seica. A totalidade dos seus habitantes pensan e senten en galego a todas as horas e días do ano; sen embargo, só hai unha lápida en galego. Este é o inventario realizado o ano pasado. 

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia  vén demandando desde hai máis de vinte anos a colaboración de concellos e movementos culturais para corrixir esta distorsión cultural producida por vellas inercias e tamén, porque todo hai que dicilo, polas prácticas das funerarias  que non recoñecen a cooficialidade lingüística de Galicia. As floristerías e marmolerías son tamén responsables na parte que lles toca.Todo isto unido á falta de autoestima dos galegos  fai que se produzan tales anomalías. Menos do tres por cento das esquelas que se publican redáctanse en galego; e só unha de cada mil lápidas reza do idioma do defunto. De aí que as institucións públicas que teñen o mandato legal de promover o fomento da lingua galega, deben organizar cantas accións de pedagoxía social sexan precisas para reconstruír a identidade galega.

O Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, que este ano cadra o día 29 do mes que andamos, vai ser conmemorado unha vez máis por moitos concellos con diversos actos, galeguizando  as rotulacións dos cemiterios e  colocando unha placa nun lugar ben visible que diga: “Na memoria de todos os que xacen aquí, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”. O Concello de Mondariz inaugurará tamén un monumento coa gravura  do coñecido poema de Celso E. Ferreiro “Fuco Pérez Sen Segundo” no camposanto na parroquia de Gargamala. Nalgúns cemiterios tamén serán substituídas lápidas en castelán por outras en galego, por decisión propia dos familiares. A súa celebración é, xa que logo, unha data para rendérmoslles admiración e agradecemento a todos os que nos precederon pola súa contribución ao noso patrimonio cultural e lingüístico. 

Paralelamente a esta acción procederase á sinatura das Actas de Vontades nas que os asinantes deixarán constancia do seu desexo de que todo o relativo ao seu pasamento se realice en lingua galega; manifestación realizada xa por máis de cinco mil persoas durantes os últimos anos. A colección de libro titulada “En galego,agora e sempre”, editada pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia recolle sentidas e fermosas mandas testamentarias.

A Fundación de feiras e exposicións de Ourense (Expourense) que organiza  Funergal (feira internacional de produtos e servizos funeracios) ofrécenos este marco para chegarmos a un acordo coas empresas do sector en Galicia co recoñecemento da cooficialidade lingüística concretado na prestación dos seus servizos en lingua galega.

Fagamos posible que as “parroquias dos mortos” falen a lingua das “parroquias dos vivos”.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamento dos medios de comunicación sobre os cidadáns, e chegou á conclusión de que as persoas non se atreven a ir en contra da opinión  defendida polos medios de comunicación, xa que se o fan son marxinadas e atacadas.  Consideraba que nesta sociedade as ideas  contrarías ao sistema dominante,  eran atacadas e desprestixiadas.  Ante esa real…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Victimismo de los favorecidos y progreso de los desfavorecidos

José Gilgado

La semana pasada estuve en una cena con Meritxell Budó, portavoz del gobierno autonómico catalán. Una ocasión para conocer sin intermediarios, los medios de comunicación, las esperanzas y deseos del separatismo afincado en Cataluña. Me ha servido para concluir algo que, supongo, conocen o deberían de conocer los actores políticos sobre los que recae la responsabilidad de representación otorgada a través de las urnas, y que no es otra cosa que lo interiorizado que tiene el independentis…

José Gilgado
Ler máis

Elites do capitalismo, e culpa da “desaceleración”

Álvaro Rodríguez

Nas eleccións xerais do ano  2008, o bipartidismo (PP-PSOE) obtivo  o 83,81% dos votos emitidos,   (21.567.345 votos). Nas eleccións do pasado 10 de novembro, cunha participación inferior nun 4% á do ano  2008, o bipartidismo  PP-PSOE obtivo o 44,90% dos votos expresados, ou o que é o mesmo, 11.772.852 votos,  sendo case a metade dos obtidos nas votacións de 2008.  E lembremos que en abril de 2019  o PP-PSOE sacou o  48,32%. En ambos os casos, abril ou novembro,  obtiveron menos…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Nadal Santa Comba 2019
Autos Xallas
GADIS NAVIDAD 2019
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamen…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Victimismo de los favorecidos y progreso de los desfavorecidos

José Gilgado

La semana pasada estuve en una cena con Meritxell Budó, portavoz del gobierno autonómico catalán. Una ocasión para conocer sin intermediarios, los…

José Gilgado
Ler máis

Elites do capitalismo, e culpa da “desaceleración”

Álvaro Rodríguez

Nas eleccións xerais do ano  2008, o bipartidismo (PP-PSOE) obtivo  o 83,81% dos votos emitidos,   (21.567.345 votos). Nas eleccións do pasado 1…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información