5053 fans     1427 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
ElectroXallas

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Lingua de lei

Publicada: 02/03/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 56 segundos.

O próximo  15 de xuño cumpriranse trinta e cinco anos da entrada en vigor da Lei de Normalización Lingüística de Galicia; unha norma fundamental para o fomento e normalización da lingua galega en todos os ámbitos, abranxendo ás institucións públicas e as decisións na esfera persoal.

O artigo 7 preceptúa que no ámbito territorial de Galicia, os cidadáns poderán utilizar calquera das dúas linguas oficiais nas relacións coa Administración de Xustiza. “En todo caso, a parte ou interesado terá dereito a que se lle entere ou notifique na lingua oficial que elixa”.Dereito que poucos exercitan. O artigo 8 establece que os documentos públicos outorgados en Galicia poderanse redactar en galego ou castelán. Quedan regulados, pois, os dereitos lingüísticos dos usuarios desas oficinas públicas.

 Sen embargo, é só unha pequena porcentaxe de operadores xurídicos e cidadáns a que demanda das instancias oficiais tal dereito naqueles asuntos nos que son parte interesada. E para demostrármolo poñamos dous exemplos. Sendo como é Galicia un país de pequenos propietarios o número de protocolos notariais (declaración de herdeiros, testamentos…) en lingua galega é insignificante. O mesmo  podemos afirmar, tamén, dos asuntos que se tramitan na xurisdición laboral. Os avogados, que poderían galeguizar os máis de 150.000 resolucións xudiciais invocando dereito para que se lles ditasen sentenzas en lingua galega, non o fan. Como tampouco as asesorías xurídicas dos concellos galegos nas relacións cos órganos xurisdicionais do contencioso-administrativo. A Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia que debería ser a primeira en dar o exemplo, non fai. A galeguización da Xustiza conseguirase na medida en que os usuarios a demanden nos asuntos que lles incumben.

Durante estes últimos anos a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e a Irmandade Xurídica Galega, promoveron distintas iniciativas e campañas para convocar aos profesionais do dereito e cidadanía a exercer unha galeguización activa con éxito desigual. Aínda así, no que fai á galeguización no ámbito xudicial tense andado un camiño longo malia as dificultades derivadas dun sistema informático que lles impide aos funcionarios xudiciais desenvolver as súas actividades profesionais en lingua galega e atender as demandas da cidadanía do exercicio dos seus dereitos.

É de salientar, malia  as anteditas dificultades, o esforzado activismo de moitísimos xuíces– cada vez máis-  ditando sentenzas e resolucións xudiciais en galego contando coa colaboración de varios centos de avogados e procuradores e non poucos fiscais. Como recoñecemento a todos eles, a Irmandade Xurídica Galega iniciou hai a campaña LINGUA DE LEI para deixar constancia desas boas prácticas  que se veñen realizando en moitos xulgados desde hai anos. O primeiro acto celebrado foi no xulgado de A Fonsagrada, seguido do de Cangas; os próximos terán lugar nos de Cambados, A Estrada, Caldas de Reis, Lalín, Marín, Carballo, Ribeira, Corcubión, Arzúa… aos que están convocados os operadores xurídicos e funcionariado deses partidos xudiciais.

Para que quede constancia pública destas louvables actuacións descubriranse placas conmemorativas nos edificios xudiciais deixando constancia dos nomes dos xuíces e xuízas que ditaron as primeiras sentenzas en lingua galega. A Irmandade Xurídica Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, pretende, deste xeito, animar o proceso regaleguizador dos usos xurídicos do noso idioma.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

A irmandade xurídica galega fóra da burbulla

Xosé González Martínez

Chegado o Día das Letras Galegas escóitanse os  recorrentes discursos de sempre: a culpa da perda de falantes  é das institucións, e nomeadamente da Xunta de Galicia. Non vou ser eu quen a exima da súa alícota responsabilidade, porque a Lei de normalización lingüística ten mandatos expresos. O problema da desgaleguización é moito máis complexo, porque son moitos máis os axentes que interveñen na pervivencia dunha lingua, sobre os que recae tamén a súa parte de responsabilidade…

Xosé González Martínez
Ler máis

As "joint ventures" russo-chinesas ou de como o cobre galego acabaria na China

Daniel Lago

  Este parece um título de um livro de aventuras para adolescentes daquela serie da Enid Blyton. Poderia ser, mas não é esta a hipótese na que andamos. A nova rota da seda e sua estratégia de alongamento da influencia chinesa no mundo tem uma parceria de primeira ordem no apoio da Rússia do Putin aos mandatos de nova governança mundial que o Xi-Jinping tem fixado definitivamente neste passado mês de outubro de 2017.   Este novo acordo aliás de no político, tem um centro de g…

Daniel Lago
Ler máis

O tímido galeguismo das universidades

Xosé González Martínez

O día 9 de marzo de 1933, fai agora,xa que logo, oitenta e cinco anos, celebrouse no Paraninfo da Universidade de Santiago un acto de especial significación dados os avoltos tempos que vivía daquela Galicia. Francisco Fernández del Riego, que entón era un  alumno da Facultade de Dereito, presentaba ao profesor  Álvaro de las Casas, que impartiría unha conferencia titulada “Verbas aos mozos galegos. O momento universitario”.   As propostas do conferenciante eran  novidosas e …

Xosé González Martínez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Electrodomésticos Angel
Letras Gallegas Santa Comba 2018
Concello de Coristanco
Enova Energia
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
KNM Abogados
Concello de Dumbría
Centro de Ortodoncia e Implantologia Dr. J.M. Pose Rodríguez
Concello de Mazaricos
Concello de Neda
OndaHit
En breves

Adiante TV

Opinión

A irmandade xurídica galega fóra da burbulla

Xosé González Martínez

Chegado o Día das Letras Galegas escóitanse os  recorrentes discursos de sempre: a culpa da perda de falantes  é das institucións, e nomeadament…

Xosé González Martínez
Ler máis

As "joint ventures" russo-chinesas ou de como o cobre galego acabaria na China

Daniel Lago

  Este parece um título de um livro de aventuras para adolescentes daquela serie da Enid Blyton. Poderia ser, mas não é esta a hipótese na que…

Daniel Lago
Ler máis

O tímido galeguismo das universidades

Xosé González Martínez

O día 9 de marzo de 1933, fai agora,xa que logo, oitenta e cinco anos, celebrouse no Paraninfo da Universidade de Santiago un acto de especial signif…

Xosé González Martínez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información