6465 fans     1594 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Honras a Ramón Castromil

Publicada: 09/08/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 43 segundos.

O pleno do Concello de Santiago vén de aprobar unha proposta da comisión de honras que preside o amigo Manuel  Dios Diz do grupo municipal de Compostela Aberta, pola que se lles retiran as distincións outorgadas durante a ditadura a nove ministros de Franco, nomeando, ao tempo, fillos predilectos a título póstumo a Federico García Lorca e a Ánxel Casal, alcalde republicano “paseado” en agosto de 1936. Pero tamén distingue coas mesmas honras a outros cidadáns, entre eles a Ramón Castromil Ventureira, a proposta  do Foro E. Peinador. Asemade, concédelle a medalla de ouro da cidade á agrupación folclórica Cantigas e Agarimos a instancias da Fundación L. Peña Novo.

En próxima colaboración comentaremos os méritos da agrupación folclórica. Hoxe ímonos referir aos de Ramón Castromil. O Foro E. Peinador argumentaba a súa proposta sinalando a importancia que tivo aquela empresa de transporte público na vertebración de Galicia. A numerosa frota de autobuses, renovada periódicamente con novos e confortables modelos, ofrecía a particularidade da puntualidade, pouco común nos coches de liñas tradicionais. Mais isto só non abondaría para ser merecente Ramón Castromil, compostelán de nacencia, de tal distinción.

Como todo feito histórico ten a súa intrahistoria, vou relatar como Ramón Castromil galeguizou a empresa familiar. Iso aconteceu a comezo da década dos anos noventa. Fíxose, ademais, en tan curto período de tempo que mesmo foi excepcional pola súa celeridade. Velaqui o relato. Andabamos na Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia preocupados por  extendermos a normalización lingüística a outros ámbitos da sociedade cando un bo día, despois de debatermos esas posibles opcións, decidimos recuperar o elo perdido da historia da galeguización empresarial. Tal foi o caso da conserveira Massó, que no ano 1934 rotulara as súas instalacións con letreiros no noso idioma; ou o exemplo dos Laboratorios Zeltia, adiantados na publicidade en galego coa edición do Almanaque Agrícola ZZ por mor do filantrópico galeguista  Antonio Fernández López,  émulo de Xesús Canabal, dono da industria papeleira máis importante da Latinoamérica –IPUSA- e fundador do Banco de Galicia, sempre disposto a apoiar a cultura galega no exilio. Aquí, en Galicia, o exemplo de galeguismo empresarial con proxección internacional protagonizábao Isaac Díaz Pardo, dirixindo as cerámicas do Castro e Sargadelos.

Tiñamos precedentes de galeguización empresarial e agora compría darmos o salto cualitativo. Movidos por ese afán convidamos a un xantar a Ramón Castromil para falarlle dos antecedentes históricos e do proxecto para a súa empresa. Despois dun xantar, cunha demorada sobremesa na que estivo atento ás nosas propostas, déunos a arelada resposta: “Nunca ninguén me propuxo nada semellante; podemos empezar mañá a traballar no plan”. Aquel día abréuselle un  novo escenario á lingua galega que foi sobre rodas; nunca mellor dito. En seis meses a empresa Castromil convertírase no exemplo de galeguización empresarial que recibíu os parabéns da sociedade galega.

Rotuláronse os autobuses con nomes de personaxes das nosas letras e historia de Galicia; editaronse os “Contos do Castromil”, escritos para a ocasión por trinta e tres autores, que recibían os usuarios do transporte co billete no noso idioma. Os monitores de televisión dos autobuses reproducían documentais sobre o noso patrimonio, e os sons da música galega  reemprazaron as distintas emisións radiofónicas que tanto molestaban aos viaxeiros  por mor da división das tendencias ideolóxicas. O convenio colectivo da empresa redatouse en galego coa inclusión dunha cláusula que recoñecía os dereitos lingüísticos dos traballadores e usuarios, que nunca tan identificados estiveran coa dirección da        empresa.

Pasados os anos podemos afirmar que o “modelo Castromil”, como adoitabamos chamalo, ía abrir un novo e inédito período histórico, derrubando o argumentario dos prexuizos lingüísticos, que moitos empresarios secundaron. Desde entón para acó o conto cambiou moito, e para ben. Non na medida que a algúns nos gustaría, pero máis do que podíamos imaxinar. Velaí porque o Foro E. Peinador considerou de xustiza que o Concello de Santiago nomease Fillo Predilecto a un compostelán con vocación galeguista. Moito nos agradaría que o día da entrega dos atributos que lle confiren tal honra sexa aproveitado polo goberno municipal  para facer maxisterio galeguizador no tecido empresarial . Ali estaremos para apoiar.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación.  Con este feito compróbase que a  esquerda  rupturista é un mito.  Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.  As declaracións de Villares e o espectáculo do últimos catro anos no parlamento galego, plasman que os  intereses e ambicións persoais, unen  mái…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se inspiró en la Expulsión de los Judíos de 1492, efectuada por los Reyes Católicos. Acusando así a España de grandes crímenes contra la humanidad.   Partiendo de la base de mi empatía por el pueblo judío y por el reconocimiento de Israel como nación legítima, tengo que reseñar que el Reino de España no fue el primero de la historia …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamento dos medios de comunicación sobre os cidadáns, e chegou á conclusión de que as persoas non se atreven a ir en contra da opinión  defendida polos medios de comunicación, xa que se o fan son marxinadas e atacadas.  Consideraba que nesta sociedade as ideas  contrarías ao sistema dominante,  eran atacadas e desprestixiadas.  Ante esa real…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Entroido Vimianzo 2020
Feira Primavera Santa Comba 2020
Autos Xallas
Entroido A Braña 2020
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamen…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información