3506 fans     1208 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Anunciate aquí - Adiante Galicia

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Homenaxe ao Doutor Carlos Guitián

Publicada: 21/04/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
81
0
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 17 segundos.

Manuel Herminio e Xosé Carballido , xunto con outros amigos de Amoeiro, son os encargados de organizaren a homenaxe  ao doutor  Carlos Guitián Rodríguez o próximo sábado en Ourense. Xusto o día que cumpre noventa anos. Unha boa data para louvarmos a biografía dun médico que é un referente na medicina galega. Pero tamén porque par desta entrega ao servizo dos demais no seu exercicio profesional, tamén simboliza unha actitude ética de compromiso coa causa galeguista. O doutor Guitián é o precursor da utilización da lingua galega nas receitas médicas, por exemplo. Feito histórico este que non debe pasar desapercibido porque facelo nos tempos que el o fixo constituíu unha decisión transcendental para a dignificación e normalización do noso idioma.

A primeira vez que tiven novas do doutor  Guitián foi hai ben anos, un vintecinco de xullo en Santiago, posiblemente en 1969. Despois do acto litúrxico e cunha presenza desmesurada de policías, todos os asistentes fixemos a foto de rigor nas escalinatas de acceso ao mosteiro. Alguén, despois do canto do Himno Galego, deu o berro de Viva Galicia Ceibe!, secundado por moitos,  que foi aproveitado polos “grises” para disolver aquel  cento de persoas. Nin Otero Pedrayo se librou dun empurrón policía lao tempo que erguía o seu caxato pedíndo respecto para un vello. Ao meu carón estaba o escultor Camilo Nogueira, que caeu a rebolos polas esqueiras.  Membros da brigada político-social dirixidos polo inefable Benito Nieto, alias “o chepas” ou  “o cornudo” que así  era coñecido en Vigo, deu  a orde de detención de Xaime Illa Couto e Carlos Guitián, que foron mallados coas porras e introducidos no “jeep” policial. Foron procesados polo Tribunal de Orde Pública, que os absolveu  segundo a sentenza “porque se desconoce del procesado –referíndose a Xaime Illa- su ideología y tendencia” y “por la misma ausencia de un cierto clima separatista en la región en que se produjo”.

Carlos Baliñas no libro “Rosalia de Castro.Entre a poesía e a política”  recorda  os feitos así: “Aquel serán mentres se procedían estas detencions e no medio do balbordo producido  pasou cabo de min correndo Méndez Ferrín,  dicíndome: hoxe córrese por todas as bandas, pola Dereita e pola Esquerda”. A partir dese ano a Misa de Rosalía deixou de ser a data de reivindicación galeguista para trasladarse ás rúas composteláns.

Anos despois souben que o doutor Guitián fora directivo da Asociación Cultural Auriense, que participaba das mesmas arelas da Asociación Cultural de Vigo, do Facho da Coruña, O Galo de Santiago,  ou da Asociación de Amigos da Cultura de Pontevedra. Tempos de ilusión na defensa dos valores patrimoniais e fermento de militancias políticas na clandestinidade contra un réxime político represor.

Tiven información tamén da súa participación nos actos programados en cidades e vilas galegas para presentar a alternativa das “Bases Constitucionais” que defendía o Consello das Forzas Políticas Galegas formado pola UPG, PSG, PGSD, Partido Carlista e Movemento Comunista, no que eu tivera unha intervención destacada na súa constitución e coordinación,  e que outros disolveron ao pouco baixo o pretexto de que nel había partidos españolistas,  para daren paso á errática, e dogmática proposta que  defendía un único partido para unha nación, que pasados os anos rebentou por mor das contradicións que levaba implícita.

A Irmandade da Sanidade Galega, representada polo seu coordinador xeral o doutor Pablo Vaamonde e outros sobranceiros irmandiños,  participará no acto de homenaxe ao doutor Guitián dunha maneira singular: impoñéndolle a beca da Irmandade e outorgándolle o diploma que o acreditan como “Irmandiño de Honra”, simbolizando e recoñecendo unha traxectoria de valores persoais e profesionais que deberían adornar a actividade de cantos prestan un servizo público na sanidade galega, que ten que estar inculturizada e humanizada. Filosofía que ten sobranceiros exemplos en Galicia, e nomeadamente en Ourense nas figuras do doutor Peña Rey e moitos outros que David Simón Lorda compendia na súa obra “Médicos ourensanos represaliados en la guerra civil y en la posguerra”.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

A segunda volta, não é para escolher, é para eliminar

Daniel Lago

Cremos ter parado a auge da extrema-direita na Europa, cremos ter parado a queda da UE como projeto político,... cremos, cremos e voltamos a crer. Mas sustendo esta crença, fraco favor fazemos para avançar numa democracia de qualidade.   Além da análise do dia eleitoral, na primeira ronda das presidências francesas, temos que achegar uma análise do modelo de tendências e da chamada geografia eleitoral.     Neste ponto, é onde olhamos que o modelo de democracia que temos d…

Daniel Lago
Ler máis

Ahora Lezo

Nacho Louro

Con la actualidad política me viene a la memoria una intervención en la Comisión de Defensa del Congreso de los Diputados del que fuera Portavoz de Cultura del Grupo Popular, Juan de Dios Ruano, en la que disertaba sobre la figura del héroe de la Armada Española, Blas de Lezo. Siete minutos de historia que el honroso exdiputado Ruano relató con su exquisita, pausada y entendible oratoria.    Durante los próximos días y semanas volveremos a escuchar muchas referencias a Lezo, a …

Nacho Louro
Ler máis

A mentirocracia, a próxima paragem de autocarro

Daniel Lago

Alguém, no seu sano juízo, falava em que a democracia unicamente poderia sobreviver com certo grau de verdade. Porém, hoje vivemos, segundo falam os mais, na época da pós-verdade.    Nesta nova época, a informação é múltipla, quase cada uma das pessoas nas redes sociais é um redator de noticias. Um redator que serve-se do seu “status” de anonimato para construir o seu relato da realidade, e nas mais das vezes, porém sem aplicar nada parecido ao método científico ao seu …

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Costa Artabra
OndaHit
Auto Xallas 2017
Primavera Cultural Santa Comba 2017
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

A segunda volta, não é para escolher, é para eliminar

Daniel Lago

Cremos ter parado a auge da extrema-direita na Europa, cremos ter parado a queda da UE como projeto político,... cremos, cremos e voltamos a crer. Ma…

Daniel Lago
Ler máis

Homenaxe ao Doutor Carlos Guitián

Xosé González Martínez

Manuel Herminio e Xosé Carballido , xunto con outros amigos de Amoeiro, son os encargados de organizaren a homenaxe  ao doutor  Carlos Guitián Rod…

Xosé González Martínez
Ler máis

Ahora Lezo

Nacho Louro

Con la actualidad política me viene a la memoria una intervención en la Comisión de Defensa del Congreso de los Diputados del que fuera Portavoz de…

Nacho Louro
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información