6135 fans     1567 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Galeguistas e nacionalistas no 25 de xullo

Publicada: 16/07/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 54 segundos.

Está rulando polas redes sociais un novo anuncio publicitario chamando ao consumo de produtos galegos etiquetados no noso idioma. Unha creación de Pio García Audiovisuais, S.L. para o Foro Peinador - Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística que en pouco menos de corenta e oito horas acadou máis de oito mil reproducións. Pódese visionar na páxina www.galeguizargalicia.com
 
A mensaxe do anuncio baséase na evidencia de que o sector agroalimentario galego vive unha crise endémica que lle impide afrontar a competitividade de produtos foráneos que se comercializan nas grandes superficies con agresivas campañas publicitarias  que seducen aos consumidores que non aplican o principio da discriminación positiva nas opcións de compras individuais e familiares. A insolidariedade cos nosos produtos  é de tal natureza que os que así se comportan tiran pedras contra o seu propio tellado; é dicir, empobrecen o país e arruinan as noas explotacións agrarias e industrias transformadoras.
 
 
A mesma crise que vive a nosa economía agraria é semellante á marxinación da lingua galega en moitos usos sociais, que queda reducida no ichó do ámbito literario con poucas posibilidades noutros ámbitos sociais e económicos. De aí que manteñamos desde hai ben tempo a necesidade dunha alianza estratéxica  entre a lingua e a economía galegas para superar a marxinación a que son sometidas tanto unha coma outra.
 
Unha reflexión sobre estas circunstancias fai que todos os anos nas portas do 25 de xullo, Día da Patria Galega/Día de Galicia, tan propicia á exaltación do espírito da galeguidade, insistamos na necesidade de apelar á coherencia dos celebrantes mesmo despois de rematados os mítines e concentracións. Pero para iso cómpre que as proclamas que se lancen insten aos asistentes a seren consumidores galeguizados.
O discurso da galeguidade debe ser máis pedagóxico  e didáctico para que sexa interiorizado polas nosas xentes. Os galeguistas e nacionalistas de noutrora exerceron un maxisterio máis incisivo que os de agora, aleccionando eficazmente aos seus militantes.
 
Así o fíxo o Partido Galeguista que fora decantando unha postura de galeguismo económico que puña o acento na exhortación aos galegos para que consumisen preferentemente  produtos galegos. “Por onde vaiades convertédevos en propagandistas incansables e fervorosos dos nosos viños, gabándoos e recramándoos no restorán a onde vaiades  xantar, na taberna onde vos vexades citados e no café  do que sodes clientes”, dician en 1934. “Pensade ao defender os produtos da nosa terra que estades  defendendo o pan dos nosos veciños, os intereses dos nosos amigos e a gloria e a fame do noso país”, dicía o Manifesto da Unión de Colleiterios do Ribeiro do Avia.
 
Os seus chamamentos á galeguidade dos consumidores era unha constante: “Unha patria para existir necesita contar cunha economía. Tena Galicia? Tena, aínda que moitos galegos non o saiban”, afirmaban; e mesmo denunciaban as economías alleas que lle facían a guerra “coa complicidade dos propios galegos”, por activa ou por pasiva.
 
A Federación das Mocidades Galeguistas fixeron  tamén bandeira deste discurso. O que non fan, desgrazamente, hoxe as organizacións da mocidade. Nin tampouco os seus dirixentes políticos.
 
Defender a nosa economía e que esta fale galego é unha obriga para todos, sexan galeguistas ou nacionalistas. A obriga tamén é lles afecta en xeral a todos os galegos que non profesen credos partidarios, se non queren  empobrecer os sectores produtivos do noso pais e minorizar a nosa lingua.
 
O Día da Patria Galega/Día de Galicia, xornada de catarse colectiva, debe ser aproveitada para poñer en práctica o exercicio dunha experiencia inédita: consumir produtos galegos etiquetados no noso idioma ali onde celebremos a xornada cos amigos ou coas familias. Unha oportunidade para demostrarlles aos fabricantes de produtos etiquetados en galego a nosa solidariedade ao tempo que penalicemos aos que aínda non incorporaron o noso idioma ás súas etiquetas.
 
A única política que vale é a dos feitos, a que crea conciencia galega galeguizada. Só así poderemos avanzar. O demais é falar por falar.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Antipopulistas, populistas e loita de elites

Álvaro Rodríguez

O concepto de populismo sempre foi usado como un adxectivo  peyorativo,  e excepcionalmente como un substantivo.  A excepción esta en os  Naródnik,  que deron lugar ao primeiro partido revolucionario ruso: «A Vontade do Pobo» (en ruso:  Naródnaya  Volya). Máis sempre o termo populista foi utilizado como unha inxuria polo poder establecido desde o século  XIX, o poder liberal.  Foi o sociólogo  Pareto quen no século  XX analizou a política como unha loita entre elites que …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Análise política da UE e o papel do Reino de España

Álvaro Rodríguez

Non existe unanimidade sobre a natureza política da UE. No presente artigo pretendemos expoñer  a visión defendida por certos pensadores, que é diferente á divulgada polos medios de comunicación dominantes. Os  autores que citamos e expoñemos o seu pensamento en relación á UE,  son  da dereita e esquerda, españois e estranxeiros,   e iso a través de estudos, ensaios e artigos  publicados nos últimos 15 anos.  Especialistas no pensamento e a historia contemporánea de Europ…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

O gran engano: propaganda e mentira do globalismo.A realidade galega

Álvaro Rodríguez

O presente estudo pretende aclarar ideas e conceptos sobre o  globalismo que está a arrasar a economía e sociedade galega. E iso desde o radicalismo democrático contra a gran mentira hexemónica.  O engano ou a mentira fan miles de anos que esta estudado e é usado na arte da política e da guerra. Escribía  Sun  Tse que “a arte da guerra é a arte do engano; se adoptamos sempre unha aparencia contraria ao que somos, aumentamos as nosas oportunidades de vitoria”. (Sun  Tse. A art…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Feira de Outono Santa Comba 2019
SAT Busto Corzon Mazaricos
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Antipopulistas, populistas e loita de elites

Álvaro Rodríguez

O concepto de populismo sempre foi usado como un adxectivo  peyorativo,  e excepcionalmente como un substantivo.  A excepción esta en os  Naródn…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Análise política da UE e o papel do Reino de España

Álvaro Rodríguez

Non existe unanimidade sobre a natureza política da UE. No presente artigo pretendemos expoñer  a visión defendida por certos pensadores, que é d…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

O gran engano: propaganda e mentira do globalismo.A realidade galega

Álvaro Rodríguez

O presente estudo pretende aclarar ideas e conceptos sobre o  globalismo que está a arrasar a economía e sociedade galega. E iso desde o radicalism…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información