3999 fans     1303 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Fuco Pérez Sen Segundo,veciño de Gargamala

Publicada: 23/07/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
1
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 3 segundos.

 
Cúmprese este ano  o 55º aniversario da obra de Celso E.Ferreiro “Longa noite de pedra”, publicada en 1962. Un dos poemas que contén o libro titúlase “Romance incompleto” nel o autor relata a xeito de biografía a historia dun veciño da parroquia de Gargamala chamado Fuco Pérez Sen Segundo, posiblemente coetáneo do vate celanovés. O poema foi musicado por moitos cantautores. Nel debúllanse as miserias dun labrego desherdado, explotado, dos que non tiñan onde caer morto. E tanto debeu ser así que eu non dei coa súa tumba por moito que rebusquei no camposanto parroquial.Nin tan sequera atopei a ningún dos habitantes  daquela parroquia de mortos ninguén que se apelidase Pérez.
 
 
Grazas ao seu alcalde, Xoán Carlos Bugarín, e á Escola de Canteiros de Poio que fixo o monumento, o Concello de Mondariz e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística van celebrar o próximo día 24 do mes que andamos o acto de inauguración dun monumento co texto do poema gravado na pedra. Será unha homenaxe postreira a todos aqueles seres anónimos que sufriron cruelmente a historia, ao tempo que incorporará á memoria de Gargamala un relato poético que acadou notabre popularidade.
 
 
Posiblemente o tal Fuco Pérez Sen Segundo fose un cliente do poeta cando exerceu de procurador dos tribunais en Vigo, ou o coñecese ocasionalmente nas súas andainas polas terras do Condado.Quen sabe!. Mágoa que Celso Emilio non tivese redactado  o seu epitafio, porque daquela si que estaría escrito en galego. Era o poeta moi imaxinativo para escribilos. Para Otero Pedrayo propuxo un: “Pasade caladiños, descobrirvos.Estades diante da Fala”. El mesmo deixou escrito o seu que identifica a súa sepultura en Celanova: “Mais o lume que alampea/xamais o veredes morto”.
 
 
Este costume de deixar constancia das bondades que adornaron as memorias dos defuntos vén de vello. Don Álvaro Cunqueiro  escribirá o seu epitafio para que cando lle chegase o día figurase na lápida: “Eiquí xaz alguén que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis”.
Chama poderosamente a atención que as esquelas que se publican nos xornais estean redactadas nun 98% en castelán, o mesmo que as que as funerarias colocan en distintos lugares da parroquia para convocar ao sepelio aos veciños que sempre se relacionaron en galego co agora defunto. Unha estatística que manexamos infórmanos que en Galicia só unha de cada mil lápidas están escritas en lingua galega. Hai un exemplo de galeguismo mortuorio na parroquia de San Facundo de Ribas de Miño (Concello de Paradela) onde o 99% dos nichos están escritos en galego; unha decisión sabia dunha parroquia coherente. O asunto resulta  esperpéntico e triste pola pouca autoestima das familias que consinten isto.
 
 
No cemiterio da parroquia de Gargamala, de algo máis de trescentos veciños, de douscentos noventa e cinco enterramentos só atopamos dúas lápidas en galego; esta cifra contrasta cos datos do Instituto Galego de Estatística que informan que o 98% da poboación é galegofalante. É unha mostra máis da deformación cultural que se producíu nas xentes do noso país. Se nalgún momento da nosa historia as causas fosen achacadas á presión antigalega da Igrexa e da cultura oficial imperante, hoxe esas circunstancias deberan estar superadas, pero non é asi. Por iso cómpre que os concellos desenvolvan iniciativas para fomentar o uso da lingua galega neses espazos onde dorme para sempre a memoria colectiva dos veciños, para recoñecérmolos como o que foron: galegofalantes.
 
 
 
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística anuncia desde xa a celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística para o mes de outubro en máis de cincuenta e cinco concellos. Nun deles, o de A Coruña, o goberno municipal inaugurará un panteón que se edificará sobre a desleixada tumba de Manuel Murguía. Unha vez máis chamaremos á reflexión para que os galegos e as galegas se preocupen de pervivir a memoria dos seus familiares no idioma no que expresaron as súas emocións. 

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

This is not America

Daniel Lago

É esse o título de uma dessas canções que é quase hino “This is not America”. E olhamos para lá fora como a estética passa a ser ética. As suásticas, não ficam unicamente no lado da imagem e da tatuagem. Agora, entram na cabeça e nos pensamentos de uma expressão desafiante para os valores das democracias, desde uma extrema direita que recorda a horrores do passado.   O carácter dos protestos de Charlottesville teria que levar a qualquer um a uma condenação forte e contu…

Daniel Lago
Ler máis

Moción de censura en Coristanco?

Cristóbal Mourín

Coristanco é un dos epicentros da política galega e non é para menos. Cando moitos políticos e tamén moita xente común dáse uns chapuzóns na praia ou tenta desconectar da vida cotián, e as redaccións dos medios están baixo mínimos, salta a lebre no verxel de Bergantiños. A pesar dalgunhas crónicas e declaracións contraditorias hai un dato incontestable. A moción censura foi presentada por seis concelleiros do Partido Popular e un concelleiro do Partido Socialista, conxuntamente. …

Cristóbal Mourín
Ler máis

Publicidade en galego

Xosé González Martínez

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, Parlamento de Galicia e Foro E. Peinador veñen de convocar a XXIV edición dos premios para fomentar o uso da lingua galega na publicidade. Concederanse catro premios, un por cada unhas das seguintes categorías, segundo o medio de difusión: radio, televisión, internet e prensa escrita. Así mesmo establécense dúas modalidades de premios para cada categoría, de xeito que, polos traballos que resulten galardoados, recibirán cadanseu premio ta…

Xosé González Martínez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Santa Comba Móvese 2017 II
Enova Energia
Venta Casa Labranza Ponte do Porto
Concello de Neda
KNM Abogados
Verán Xalleiro 2017
OndaHit
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

This is not America

Daniel Lago

É esse o título de uma dessas canções que é quase hino “This is not America”. E olhamos para lá fora como a estética passa a ser ética. As…

Daniel Lago
Ler máis

Moción de censura en Coristanco?

Cristóbal Mourín

Coristanco é un dos epicentros da política galega e non é para menos. Cando moitos políticos e tamén moita xente común dáse uns chapuzóns na p…

Cristóbal Mourín
Ler máis

Publicidade en galego

Xosé González Martínez

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, Parlamento de Galicia e Foro E. Peinador veñen de convocar a XXIV edición dos premios para fomentar …

Xosé González Martínez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información