3513 fans     1209 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Anunciate aquí - Adiante Galicia

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Enrique Peinador Lines e o galeguismo ourensán

Publicada: 23/04/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 20 segundos.

O profesor e historiador Ricardo Gurriarán Rodríguez, que é un avezador investigador capaz de explorar fontes agochadas para reconstruír páxinas da historia de Galicia, aceptou a encomenda de escribir a biografía de Enrique Peinador Lines, o empresario de máis proxección internacional que tivo Galicia no primeiro terzo do século XX. Un descoñecido  para moitos empresarios empeñados en alimentar o discurso da contradición entre os negocios e faceren ao tempo propósitos de galeguismo. O Foro E. Peinador fólgase dos resultados acadados nas pesquisas do investigador.

Enrique Peinador Lines, propietario do Balneario de Mondariz  e das augas mineromedicinais,  foi o precursor da responsabilidade social corporativa, da filantropia e mecenado. O seu activismo galeguista foi decisivo na organización das Irmandades da Fala, e a partir do ano 1931 cando se constituíu Partido Galeguista. En ambas as dúas organizacións tivo un papel sobranceiro. Mesmo durante o tempo da sublevación militar do ano 1936 intentou na clandestinidade reorganizar o partido ata o seu falecemento acaecido o 20 de xuño de 1940.

As súas inquedanzas galeguistas víñanlle de vello; pois xa figuraba desde a súa fundación co número 15 no censo de afiliados  da Irmandade Nacionalista Galega que dirixía Vicente Risco  a carón de Álvaro das Casas, Manuel Banet Fontenla, Ramón Cabanillas e outros  coñecidos intelectuais. 

A teor da correspondencia rescatada polo biógrafo temos constancia da estreita relación de amizade que mantivo cos intelectuais ourensáns da Xeración Nós, que o admiraban e solicitababan a súa mediación en moitas ocasións.

Con data de 3 de setembro de  1923  Vicente Risco outorgáballe poderes así : “Eu, Vicente Risco Conselleiro Supremo da I.N.G autorizo e dou a miña confianza prena ós irmáns Enrique Peinador Lines, Manoel Banet Fontenla e Antón Lousada Diéguez, para que, conxuntamento, ou calquera d´iles, precisen unha fórmula para chegarmos a un acordo coa Irmandade da Fala da Coruña”. Pretendía Risco poñer a salvo a unidade  das Irmandades ameazada polas diverxencias estratéxicas que xurdiran entre elas, e Peinador foi o mediador. ”En fin, teño a satisfaición de poder pensar que namentras haxa quen da causa se preocupe coma ti e coma min, iremos para diante”, dílle Risco.

Pero aínda houbo máis ocasións  nas que Peinador foi útil á causa. Cando a revista  Nós deixou de editarse  durante dous anos,  1923 e 1925, unha vez máis Risco diríxese a Enrique Peinador, o “abastado oficial“ do galeguismo, demandando axuda económica para que a revista se volvese editar, confirmándolle a colaboración solicitada.

O 14 de abril de 1935 escríbelle Otero Pedrayo unha carta solicitando a súa mediación para que Vicente Risco non abandone o Partido Galeguista: “Vostede que estaba presente, sabe como se desenvolveron as cousas na IV Asemblea do Partido. Mais o Risco non está conforme. Sofre moito i-a min dáme moita door miralo sufrir. Dóelle na ialma arredarse do Partido, e vaise arredar por escrúpulos de concenza galeguista que considerada magoada pol´a direición política do Partido. Mais se o Risco se vai iránse outros e abonda a saída de Risco para nos magoar a todos. Eu penso que vostede podería faguer algo aconsellando a Risco  i-eispondolle as razós que considere Vde. co seu grande galeguismo, oportunas, sen falar para anda de ista carta miña pois élo sería peor”.

Pero desta  volta  Enrique Peinador Lines xa non puido facer nada; porque son ben coñecidas as diferenzas políticas que foron insalvables. Vicente Risco con  outros máis escindíronse constituíndo Dereita Galeguista. Peinador  quedou   cos que foran partidarios de iren ás eleccións en coalición na Fronte Popular.

O próximo día 5 de maio o Foro E. Peinador, no marco da celebración do “Día da Galeguidade Empresarial”,  honrará a memoria dun empresario egrexio, de éxito nos seus negocios, ilustrado e galeguista. Presentarase a súa biografía coincidindo coa descoberta  dun monumento do escultor J.Molares nos xardíns da Escola Universitaria de Estudos Empresariais en Vigo, a ubicación  máis natural para que o alumnado teña un referente na historia  económica de Galicia a quen imitar cando asuman  postos de xestión e dirección empresarial.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

A segunda volta, não é para escolher, é para eliminar

Daniel Lago

Cremos ter parado a auge da extrema-direita na Europa, cremos ter parado a queda da UE como projeto político,... cremos, cremos e voltamos a crer. Mas sustendo esta crença, fraco favor fazemos para avançar numa democracia de qualidade.   Além da análise do dia eleitoral, na primeira ronda das presidências francesas, temos que achegar uma análise do modelo de tendências e da chamada geografia eleitoral.     Neste ponto, é onde olhamos que o modelo de democracia que temos d…

Daniel Lago
Ler máis

Homenaxe ao Doutor Carlos Guitián

Xosé González Martínez

Manuel Herminio e Xosé Carballido , xunto con outros amigos de Amoeiro, son os encargados de organizaren a homenaxe  ao doutor  Carlos Guitián Rodríguez o próximo sábado en Ourense. Xusto o día que cumpre noventa anos. Unha boa data para louvarmos a biografía dun médico que é un referente na medicina galega. Pero tamén porque par desta entrega ao servizo dos demais no seu exercicio profesional, tamén simboliza unha actitude ética de compromiso coa causa galeguista. O doutor Guitiá…

Xosé González Martínez
Ler máis

Ahora Lezo

Nacho Louro

Con la actualidad política me viene a la memoria una intervención en la Comisión de Defensa del Congreso de los Diputados del que fuera Portavoz de Cultura del Grupo Popular, Juan de Dios Ruano, en la que disertaba sobre la figura del héroe de la Armada Española, Blas de Lezo. Siete minutos de historia que el honroso exdiputado Ruano relató con su exquisita, pausada y entendible oratoria.    Durante los próximos días y semanas volveremos a escuchar muchas referencias a Lezo, a …

Nacho Louro
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Costa Artabra
OndaHit
Auto Xallas 2017
Primavera Cultural Santa Comba 2017
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

A segunda volta, não é para escolher, é para eliminar

Daniel Lago

Cremos ter parado a auge da extrema-direita na Europa, cremos ter parado a queda da UE como projeto político,... cremos, cremos e voltamos a crer. Ma…

Daniel Lago
Ler máis

Homenaxe ao Doutor Carlos Guitián

Xosé González Martínez

Manuel Herminio e Xosé Carballido , xunto con outros amigos de Amoeiro, son os encargados de organizaren a homenaxe  ao doutor  Carlos Guitián Rod…

Xosé González Martínez
Ler máis

Ahora Lezo

Nacho Louro

Con la actualidad política me viene a la memoria una intervención en la Comisión de Defensa del Congreso de los Diputados del que fuera Portavoz de…

Nacho Louro
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información