6542 fans     1602 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

En Monforte de Lemos co dereito

Publicada: 05/06/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 48 segundos.

O Manifesto da Asemblea Nacionalista de Lugo de 18 de novembro de 1918 é un texto articulado de bases constitucionais para un futuro autogoberno de Galicia. O artigo 3 do apartado V (“custiós xurídicas”) establecía: “a publicación das leis farase no idioma galego”. Un precepto que non recolleu o Estatuto de Autonomía para Galicia de 1981. Os asinantes daquel manifesto eran conscientes de que desta maneira habíase prestixiar a lingua galega.

Por certo, habían ter que pasar moitas décadas para que aquela arela se materializase. Foi en 1984. Por entón a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG) fixera todo o posible para que tanto o Diario Oficial de Galicia e o Boletín Oficial do Parlamento se editasen únicamente en lingua galega. Porque considerábamos que só así poderiamos conseguir que os funcionarios das corporacións locais e da nacente administración autonómica  se familiarizasen con ela e se avezasen no seu uso, oral e escrito. Grazas á demanda da asociación e a receptividade  de Xosé A. García Cotarelo, secretario xeral técnico da Consellería da Presidencia, a partir do 3 de xullo de 1984 publicouse o diario oficial unicamente no noso idioma, abandonando o costume de facelo a dobre columna. Conseguido este obxectivo non foi difícil convencer a Antonio Rosón, presidente do Parlamento de Galicia para que o boletín oficial da institución secundase o exemplo do  da Xunta de Galicia.  

Mentres outras asociacións que traballaban por normalizar o uso da lingua galega cultivaban o mito do imposible, a AFNLG optou por outro camiño máis eficaz: con intelixencia  derrubar barreiras, facendo realidade a máxima de opoñer ao pesimismo da razón  o optimismo da vontade. Anos máis tarde habían conseguir que varios grupos parlamentarios de Catalunya e Euskadi apoiasen outra proposta para que o BOE  fose editado en galego, catalán e euskera.

Nesa liña de perseverancia nos intentos de galeguizar a Administración de Xustiza, a Irmandade Xurídica Galega celebra o seu capítulo anual en Monforte de Lemos, a vila que acolleu en 1922 a celebración da IIIª asemblea das Irmandades da Fala, cun amplo programa contando coa colaboración do Concello. O día 10, ás oito do serán, o catedrático de Dereito Xosé A. Gómez Segade impartirá unha conferencia sobre as Irmandades no auditorio municipal, seguido dun concerto da agrupación coral da vila e o zanfonista Francisco Almuiña. Previamente, ás sete da tarde, descubrirase unha placa que perpetúe a memoria do notario Manuel Banet Fontenla, cofundador das Irmandades; e  o sábado día 11 celebrarase o acto  no que ingresarán na Irmandade Xurídica Galega unha nova fornada de  xuristas dispostos a galeguizaren as súas actividades profesionais.

Asemade, será presentado o libro “Os xuristas das Irmandades da Fala”, que recolle as achegas do avogado e profesor da Facultade de Dereito de Ourense Xosé Manuel Pacho, dos escritores Henrique Harguindey, Xulio Ríos, Manuel Roca e Xurxo González. Complétase o volúme coas colaboracións dos xuíces Luís Villares, Dalila Dopazo, Sandra Piñeiro  e do presidente da Irmandade Xoaquín Monteagudo. A edición desta obra é unha colaboración da Deputación de Pontevedra.

Para a Irmandade Xurídica Galega a  normalización do noso idioma nos usos xurídicos será posible na medida na que se impliquen neste proceso moitos actores: funcionarios, operadores xurídicos, corporacións locais e usuarios das oficinas xudicais. Sendo como somos un pais de pequenos propietarios, aínda son poucos os protocolos notariais redactados na nosa lingua. Cómpre que haxa máis vontades por galeguizar as escrituras públicas e testamentos, estendendo tamén o uso nos escritos de demandas perante os órganos xurisdicionais, solicitando deles a reciprocidade. O artigo 7.2 da Lei 3/1983, de normalización lingüística ampara ese dereito (“o interesado terá dereito  a que se lle  notifique na lingua que elixa”). As asesorías xurídicas das corporacións locais deberían ser exemplares, como o son os e as integrantes da Irmandade Xurídica Galega.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Auri: aquelas cancións seguen soando

Xosé Manuel Lema Mouzo

Aínda que nunca me deu clase, sabía  Auri Guerrero, da miña temperá e case obsesiva paixón polas letras.  Aquelas primeiras composicións en  EXB dedicadas a temas tan irrelevantes para a sociedade como as píntegas ou os sentimentos persoais. Pero para min era o comezo dunha viaxe  iniciática polo mundo da poesía; azuzado, tamén é certo, polas ducias de libros que traía, continuamente, o meu irmán para casa. E no Día Mundial da Poesía souben do seu falecemento. E desde e…

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

O informe Petras 25 anos despois

Álvaro Rodríguez

No presente artigo imos expoñer ou lembrar uns artigos do sociólogo Jamen Petras. Sobran as presentacións para o "revolucionario e anti-imperialista" activista e escritor, como el adoita definirse. Petras publicou o estudo “Marx no século XXI”, revista arxentina O Rodaballo (Revista de cultura e política. Ano 1, Nº 1, novembro 1994). O contido do mesmo é público na rede. Para Petras en 1994 a socialdemocracia morrera: “A transformación da socialdemocracia nun vehículo do neoli…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación.  Con este feito compróbase que a  esquerda  rupturista é un mito.  Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.  As declaracións de Villares e o espectáculo do últimos catro anos no parlamento galego, plasman que os  intereses e ambicións persoais, unen  mái…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Coronavirus Sergas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

Auri: aquelas cancións seguen soando

Xosé Manuel Lema Mouzo

Aínda que nunca me deu clase, sabía  Auri Guerrero, da miña temperá e case obsesiva paixón polas letras.  Aquelas primeiras composicións e…

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

O informe Petras 25 anos despois

Álvaro Rodríguez

No presente artigo imos expoñer ou lembrar uns artigos do sociólogo Jamen Petras. Sobran as presentacións para o "revolucionario e anti-imperialist…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información