3128 fans     1119 seguidores     38 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Couto Mixto: xente de aquí e de acolá

Publicada: 27/06/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 55 segundos.

Xosé Rodríguez Cruz, ese xornaleiro da cultura  vén de publicar un libro – “Contos e lendas arraianos”-  que recolle unha colectánea de contos populares escoitados dos beizos das xentes que habitan a raia seca. 

Con este libro a cultura da fronteira adquire maior entidade, e nomeadamente a do Couto Mixto que queda ben reflectida na obra comentada. Unha contribución que se engade  á moita xa publicada en formato libro e audiovisual, que fai daquel territorio singular o espazo máis literaturizado da raia seca. Un éxito que sen dúbida hai que atribuírllo á Asociación de Amigos do Couto Mixto que durante algo máis de vinte anos puxo o enorme empeño en recuperar unha historia descoñecida. A primeira pedra dese edificio documental púxoa Luís M. García Mañá, e despois, aos poucos, outros foron colocando a súa pedra con marca, seguindo a tradición dos canteiros que erguían castelos e torres, ata edificar os sólidos muros da historia da primeira república democrática da historia da Gallaecia.

O Couto Mixto é, de seu,  un referente histórico singular e como tal debe ser recoñecido pola Xunta de Galicia, porque a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia no seu articulado establece  a protección daqueles territorios caracterizados por teren unha historia propia. Por esta razón a Asociación de Amigos do Couto Mixto envíoulles aos concellos de Calvos de Randín e Baltar  unha proposta para que as respectivas corporacións aproben unha moción solicitando do Goberno galego que declare aquel enclave Territorio Histórico.

Asemade, e tendo como antecedente  a concesión da dobre nacionalidade que o goberno portugués lles concedeu ao concello de Olivenza, que antes que español foi luso, e pola similitude histórica cos pobos de Cambedo, Soutelinho da Raia e Lama de Arcos, que antes de seren portugueses foron galegos,  a devandita Asociación de Amigos solicitará do Goberno español a dobre nacionalidade para os seus habitantes; e  faranse xestións para que o portugués á recíproca llela conceda aos veciños do Couto Mixto.

Esta pretensión casa coas constitucións das eurocidades de Verín-Chaves, Salvaterra-Monçao e Valença-Tui, que están trenzando unha nova cidadanía que obrigatoriamente terá que gozar nun futuro inmediato da dobre nacionalidade.O próximo día 2 de xullo celebrarase en Santiago de Rubiás o tradicional acto de nomeamento de novos Xuíces Honorarios. Nesta ocasión foron merecentes de tales honras a Eurocidade Valença-Tui, Asociación Galego-Portuguesa de Profesores pola Paz, e o dúo musical 2nafronteira.

Haberá no programa de actos tamén un tempo dedicado á celebración da fundación do centenario das Irmandades da Fala, precursoras da desaparición das fronteiras entre Galicia e Portugal ao solicitaren dos respectivos gobernos a libre circulación dos cidadáns dos pobos arraianos sen necesidade de utilizaren os pasaportes. Participarán grupos de música tradicional de aquén e alén da fronteira para deixarán constancia da diversidade músical que nos une. Plantarase un ciprese no adro  da igrexa de Santiago de Rubiás como símbolo da fraterna convivencia daquelas freguesías galegas e portuguesas.

O Couto Mixto volverá ser a capital da memoria da antiga Gallaecia e unha oportunidade máis para  seguirmos creando conciencia común nun territorio  no que hai máis coincidencias ca diverxencias; unha vella república democrática na que os seus gobernantes eran elixidos – algo excepcional naquel tempo - polo voto universal e directo dos veciños.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Un novo modelo de empresa?

Natalia Lema Otero

Din os expertos ou mesmo os tecnócratas máis asentados neste eido que nos encontramos ante unha revolución tecnolóxica. Quizais ese sexa o noso porvir, as xestións e os servizos empezan a facerse por vía telemática e, tal vez, o único que nos falta é implantar este modelo adaptado á empresa. A actividade económica que nos xere beneficios necesita unha renovación posicionada cara os novos tempos, á venta online debería ser o primeiro paso. Todo isto debería ir ligado ao market…

Natalia Lema Otero
Ler máis

Poca sabiduría

Nacho Louro

Hay un refrán que solemos mentar y utilizar a menudo para expresar que cuando cometemos un  error, siempre existe una oportunidad para enmendarlo; “rectificar es de sabios”. Cuando el tiempo nos ofrece la posibilidad de corregir nuestra equivocación, pero somos incapaces de hacerlo, bien porque nuestra sesera no da para más, o bien porque a sabiendas persistimos en nuestro error movidos por un espíritu revanchista, nos convertimos irremediablemente en inútiles o torpes, o lo que es peo…

Nacho Louro
Ler máis

A COVA DE ALÍ-BABA

Daniel Lago

Pois está a coisa a ser bem curiosa. O frio siberiano, por uma deslocação do vórtice polar, mais ao sul do que vem sendo normal, tem a Europa toda alagada em temperaturas muito por debaixo dos zero graus Celsius. Não é facto casual, mas a invernia sempre resultou numa ajuda para os russos.    Neste gélido paisagem, o “trumpismo” começa a repartir doutrina aquém e além do mundo. Estes dias já está o seu representante em Davos, ao igual que o Xi Jinping; convidado pela vez …

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
OndaHit
Liga Fútbol Sala Santa Comba
Auto Xallas 2017
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Un novo modelo de empresa?

Natalia Lema Otero

Din os expertos ou mesmo os tecnócratas máis asentados neste eido que nos encontramos ante unha revolución tecnolóxica. Quizais ese sexa o noso po…

Natalia Lema Otero
Ler máis

Poca sabiduría

Nacho Louro

Hay un refrán que solemos mentar y utilizar a menudo para expresar que cuando cometemos un  error, siempre existe una oportunidad para enmendarlo; …

Nacho Louro
Ler máis

A COVA DE ALÍ-BABA

Daniel Lago

Pois está a coisa a ser bem curiosa. O frio siberiano, por uma deslocação do vórtice polar, mais ao sul do que vem sendo normal, tem a Europa toda…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información