6508 fans     1602 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Ceas de empresa, tamén en galego

Publicada: 16/11/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 14 segundos.

Chega o tempo das ceas de empresa como limiar das festas do nadal. As expectativas de negocio para os restaurantes seica van ser óptimas. Non é de estrañar porque celebraranse por milleiros. Nelas o ambiente de camaradería  irá acompañado de bos pratos, viños e licores. É unha boa ocasión para que os encargados de organizalas  poñan a proba o seu criterio e o sentido común na escolla dos menús.

Dicimos bo criterio porque as máis das veces, por non afirmar que sempre, non se repara na transcendencia que ten para a nosa economía o abultado gasto que se vai facer, se  impera o sentido da responsabilidade coa economía do país.

Porque  coa elección dos produtos podemos apoiar as nosas industrias de transformación agroalimentarias que sobreviven no rural con dificultades.

Porque ampliamos o número de consumidores  e consumidoras nas grandes áreas metropolitanas para que as nosas explotacións agrícolas sexan rendibles e un medio de vida para as xentes do agro galego.

Porque dárllelas costas a familiares e amigos que manteñen con esforzo heróico as explotacións agrícolas é unha mostra de insolidariedade con esas xentes.

Porque Galicia necesita ter economía propia, de seu, para non sermos dependentes doutras, fixar poboación no agro e oportunidades de traballo nel.

A cohesión social de Galicia ten que forxarse cunha economía sólida, diversificada e cunha boa redistribución da riqueza, e un patrimonio cultural común. Con estes bimbios poderá ser posible crear unha Galicia próspera en todo o seu territorio e non só nunha parte dela . Ao contrario, abandonar o rural, é afondar nos desequilibrios territoriais  que  empobrecen e mancan a nosa identidade forxada pola historia.

As ceas de empresa son unha boa oportunidade para apoiar os produtos galegos, preferindo o seu consumo aos foráneos. As escollas do menús deben facerse pensando nas consecuencias, positivas ou negativas, que poden ter para o noso tecido produtivo.Velaí porque,en primeiro lugar, apelemos á sensibilidade daqueles que  por razóns políticas ou sindicais,saben do que estamos a falar. Pero tamén, en segundo lugar, a todos os demais, para que se paren a pensar  que Galicia precisa dunha economía propia. 

Nas ceas de empresa, amigas e amigos, consumamos produtos galegos, e deles, aqueles que se identifican coa nosa cultura etiquetándose en lingua galega (viños, licores, lácteos, embutidos, conservas vexetais…). A economía e a lingua teñen que ir da man dos consumidores. Axudemos á galeguización da economía e ao mantemento de postos de traballo no rural.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Auri: aquelas cancións seguen soando

Xosé Manuel Lema Mouzo

Aínda que nunca me deu clase, sabía  Auri Guerrero, da miña temperá e case obsesiva paixón polas letras.  Aquelas primeiras composicións en  EXB dedicadas a temas tan irrelevantes para a sociedade como as píntegas ou os sentimentos persoais. Pero para min era o comezo dunha viaxe  iniciática polo mundo da poesía; azuzado, tamén é certo, polas ducias de libros que traía, continuamente, o meu irmán para casa. E no Día Mundial da Poesía souben do seu falecemento. E desde e…

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

O informe Petras 25 anos despois

Álvaro Rodríguez

No presente artigo imos expoñer ou lembrar uns artigos do sociólogo Jamen Petras. Sobran as presentacións para o "revolucionario e anti-imperialista" activista e escritor, como el adoita definirse. Petras publicou o estudo “Marx no século XXI”, revista arxentina O Rodaballo (Revista de cultura e política. Ano 1, Nº 1, novembro 1994). O contido do mesmo é público na rede. Para Petras en 1994 a socialdemocracia morrera: “A transformación da socialdemocracia nun vehículo do neoli…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación.  Con este feito compróbase que a  esquerda  rupturista é un mito.  Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.  As declaracións de Villares e o espectáculo do últimos catro anos no parlamento galego, plasman que os  intereses e ambicións persoais, unen  mái…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

Auri: aquelas cancións seguen soando

Xosé Manuel Lema Mouzo

Aínda que nunca me deu clase, sabía  Auri Guerrero, da miña temperá e case obsesiva paixón polas letras.  Aquelas primeiras composicións e…

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

O informe Petras 25 anos despois

Álvaro Rodríguez

No presente artigo imos expoñer ou lembrar uns artigos do sociólogo Jamen Petras. Sobran as presentacións para o "revolucionario e anti-imperialist…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información