5356 fans     1475 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Cada pedra ten o seu andar

Publicada: 07/02/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 15 segundos.

Na arte de traballar as pedras os nosos canteiros botaban man da intelixencia, dos coñecementos empíricos e da imaxinación. Todos os tres medios  conxugados facían do “arxina”, normalmente iletrado, un profesional competente capaz de crear fermosas obras de arte imperecedeiras.

Por unha póla familiar tiven moito trato cos canteiros. Chamoume sempre  a atención a intuitiva imaxinación que tiñan para resolver calquera problema que  lles xordese. Deles aprendín que cando se esgota o coñecemento, hai que botar man da intuición.Rachar un penedo non é tarefa doada se non se aplica a intelixencia e se descoñece que cada pedra ten o seu andar, a veta por onde escáchalo.

Porque a intuición, segundo un médico-antropólogo, García-Sabell, é o xermolo do que partir para describir calquera realidade. Esta é a semente de ideas.O abrocho do pensamento. Realidade que só teñen os humanos. Principio activo e complexo de todo coñecer do que derivan os significados máis inexpreitados no discurso humano. Ten moito que ver coa decisión rápida ante eventualidades complexas na que o coñecemento a medias do problema precisa de anticipación para afrontar as súas consecuencias. 

Os intuitivos, afirma o autor citado, os intuitivos son as persoas que en cadansúa actividade están transcendendo sempre do que están vivindo en primeira persoa ao que está sucedendo detrás das bambolinas. Concentran as forzas nas situacións existenciais concretas para desde elas abrírense a perspectivas e horizontes insospeitados. Así é como miran os intuitivos: interpretando.

Concordo cos científicos que din que os intuitivos captan o mundo das relacións como último soporte tanto das estruturas permanentes coma dos elementos cambiantes e dos datos soltos; están especialmente dotados para contemplaren como o río silandeiro da vida, mesmo onde fai relanzos, segue a furar novos camiños para ollar a esfera do transcendental  coma  o horto de calquera outra dimensión.

Cando profundaba nestas teorías, véume ao maxín unha anécdota reveladora de todo o exposto. Era un 10 de novembro de 1976, naquela altura tiña unha relevante responsabilidade na dirección política da UPG que viña dos tempos da clandestinidade, e vínme obrigado a redifinir o novo tempo político que se lle viña enriba ao movemento nacionalista. Tempos de mudanzas que había que albiscar con imaxinación e intuición, porque a información que tiñamos dos movementos que estaban a deseñar as élites políticas do réxime franquista chegábannos envolveitas nun neboeiro. Había que interpretar o pouco que sabiabamos para sortear as dificultades incertas que estaban por vir. Elaborei un plan e presenteillello á dirección do partido. Aquel debate tiña dun lado aos dogmáticos que se movían con razoamentos teolóxicos –a teoloxía ben sabemos que non é unha ciencia- e do outro os que utilizábamos valoracións máis rigorosas. Aquilo derivou nun enfrontamento que tivo un final esperpéntico. Nun momento determinado dirixíndome ao “teórico” e lider da facción contraria á miña díxenlle,descalificando a súa autoridade, que algún día veríao militar nun partido de dereitas radicalmente contrario ao nacionalismo.

Como queira que consideraran gravísima a miña acusación demandáronme iradamente que dera razóns. Respondínlles que estaba fundamentada nunha intuición moi sólida, como era certo. Movidos por un resorte, todos os demais, agás un, erguéronse alporizadamente para reprocharme con berros ao unísono que “a intuición non era marxista”.E quedaron tan panchos. Aínda non pasaran seis anos daquel suceso, cando o impostor, Pedro Luaces Rosón, que así se chama o avezado recitador de fraseoloxía seudorevolucionaria  (recitaba os clásicos marxistas como fan coa Biblia os dogmáticos membros das seitas relixiosas), pasou a ser man dereita e brazo executor de Cacharro Pardo e do seu partido. Un personaxe traxicómico que mesmo se convertera ao islamismo antes do seu suicidio. Os que no seu día o elevaron á secretaría xeral do partido, aínda non deron explicacións coherentes daquel tránsfuga. 

A razón  afianza o pulo intuitivo e, ademais, tórnao revelador de novas realidades.Os dogmas políticos e relixiosos son a antítese da razón. 

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Los Reyes desnudos de la política

Xosé Manuel Lema Mouzo

Yo sigo viendo Reyes. Y están desnudos!. El cuento de Andersen aplicado a la política. No por tópico y conocido deja de tener vigencia aquel cuento de Hans Christian Andersen(“El traje nuevo del Emperador”). En las últimas elecciones municipales, al conocerse los resultados electorales hubo quién no entendió lo que había sucedido. Como si al abrir las urnas y comenzar a recontar los votos, le hubiese caído una injusta maldición o una plaga bíblica. Pero esto pasó hace meses, ha…

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

La Hélade entonces y la España actual. Mujeres y hombres y viceversa

José Gilgado

La vida del hombre en sociedad requiere la asunción de unas pautas de comportamiento que garanticen la viabilidad del proyecto común. Las leyes regulan los derechos y obligaciones de los miembros del grupo y la educación sostiene con su elenco de virtudes la estructura que ampara las relaciones sociales, presentando a los jóvenes modelos de conducta que se consideran óptimos: el ejemplo a seguir. Hay comparaciones que son odiosas y esta, probablemente, la que más. Aunque a un servidor…

José Gilgado
Ler máis

El nerviosismo que genera el crecimiento meteórico de Vox

Pablo Cancio

Varios días antes de tener lugar el acto de VOX en el Palacio de Vistalegre, bastión de la izquierda en Carabanchel, ya estaba colgado el cartel de “no hay entradas”. Autobuses de todos los rincones de España se desplazaron hasta la capital del Reino para asistir al mayor acto que ha tenido el partido desde su fundación a finales de 2013. Nadie puede negar que ha sido todo un acontecimiento. VOX ha provocado un auténtico terremoto mediático, que ha hecho correr ríos de tinta nada más…

Pablo Cancio
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Autos Xallas
Feira Outono Santa Comba 2018
RiXallas Santa Comba 2018
Concello de Coristanco
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Los Reyes desnudos de la política

Xosé Manuel Lema Mouzo

Yo sigo viendo Reyes. Y están desnudos!. El cuento de Andersen aplicado a la política. No por tópico y conocido deja de tener vigencia aquel cue…

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

La Hélade entonces y la España actual. Mujeres y hombres y viceversa

José Gilgado

La vida del hombre en sociedad requiere la asunción de unas pautas de comportamiento que garanticen la viabilidad del proyecto común. Las leyes regu…

José Gilgado
Ler máis

El nerviosismo que genera el crecimiento meteórico de Vox

Pablo Cancio

Varios días antes de tener lugar el acto de VOX en el Palacio de Vistalegre, bastión de la izquierda en Carabanchel, ya estaba colgado el cartel de …

Pablo Cancio
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información