4565 fans     1367 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

A memoria da lingua na paisaxe

Publicada: 10/10/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
47
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 52 segundos.

A paisaxe galega atesoura unha rica memoria cultural e lingüística que definíu ao pobo que a habita. Cada anaco da súa terra: montañas e serras, fragas, soutos, carballeiras, ríos e rías, lameiros e veigas son escenarios con cadaseu nome, e todos eles evocadores do imaxinario popular. De aí que os seus habitantes mantivesen unha forte unión entre a lingua e a paisaxe; entre a cultura e os espazos xeográficos aos  lles foi poñendo nomes para identificalos, alusivos ás súas peculiaridades ou propiedades naturais.

Dez millóns de topónimos acreditan a relación dun pobo que sentíu sempre como propios os eidos nativos nos que naceu e se críou, coñecendo con prodixiosa memoria eses espazos territoriais, porque a paisaxe está chea de vida. Froito desa relación é a saudade que tanto caracteriza a nosa sicoloxía. Rosalía de Castro expresou poeticamente esa ruptura dramática entre o home e a terra (“Adiós ríos, adiós fontes,/ adiós regatos pequenos,/ adiós vista dos meus ollos,/ non sei cando nos veremos./Prados, ríos, arboredas/pinares que move o vento,/paxariños piadores,/casiña do meu contento”). Ese fondo sentemento que derivou no panteísmo de cultura á terra sempre foi superior ao doutras terras próximas a nós.

Os nomes da fauna e flora, dos oficios,  recoñecidos nos apelidos, as denominacións das construcións populares (cabaceiro, palleira, cruceiro, muiño…), foron arrequecendo o patrimonio lingüístico que tiñan nos adros parroquiais ágoras abertas para o coñecemento e sociabilización da cultura popular para debates democráticos sobre a xestións dos bens comunais.

Mais esa harmonia entre a paisaxe e a cultural desdebuxouse excepcionalmente nos compartimentos estancos dedicados aos  cemiterios. Neles están depositadas as memorias dos seus moradores, daqueles que aprenderon a falar un idioma común que tiveron como propio toda a vida deica a súa morte, e que polas malas fadas dos avatares históricos os que sempre foron galegofalantes, agora son lembrados polas súas lápidas escritas nun idioma que nunca falaron.

Hai, pois, unha clara desharmonía entre as dúas parroquias que conviven nun mesmo territorio, a dos vivos e a dos mortos. Non se entende que para comunicar os afectos do espírito non se empregue a lingua do berce, “porque extendendo o idioma exténdese a Patria” como dixera o activista galeguista Arturo Noguerol, cuxos restos aínda están sen identificar nunha foxa común desde agosto de 1936.

A Asociación de Funcionarios para Normalización Lingüística de Galicia no intento de reparar ese perturbador comportamento das nosas xentes levadas por vellas inercias históricas, instituíu  hai ben anos o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia cadrando a súa celebración cos días anteriores ao de Defuntos de tanta tradición na nosa cultura popular.

En galego,agora e sempre, ese é o lema de tales celebracións. O que principiou sendo unha iniciativa cos receos dalgúns sectores do galeguismo político e cultural, hoxe acadou predicamento coa colaboración de moitos concellos que programan actos para sensibilizar á veciñanza na importancia de utilizar o noso idioma nas  exequias fúnebres.

A partir do próximo día 15 do mes que andamos están previstos moitísimos actos que inclúen a colocación dunha placa na porta dos camposantos co seguinte texto: “Na memoria de todos os que xacen aquí, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”; ao tempo que, nalgúns casos, se procederá a substituir lápidas en castelán por outras en galego coa autorización  expresa dos familiares dos defuntos.

A mellor maneira de honrar a memoria dos nosos devanceiros é restituirllela cultura e lingua na que se expresaron en vida. Apelamos aos concellos que aínda non secundaron esta celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística, ao movemento asociativo e a cantos profesan a cotío unha militancia cívica de galeguidade para que se animen a reparar un anacronismo que non debe durar máis tempo.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Pero llegaron los turcos. Oriente vs Occidente (II)

José Gilgado

Los encontramos en el este del mar Caspio donde habitaban los nuevos actores, los uguz o turcomanos. Un grupo denominado selyúcida se separó de los uguz en el año 950 y se desplazó hacia el sur y el oeste.    Resulta que el califa abasí de Bagdad les pidió ayuda (ya conoce el lector las disputas familiares entre los descendientes del profeta) contra los fatimitas de Egipto y los bullidas de Persia, y los selyúcidas se la prestaron. Dirigidos por Tugril Bel invadieron Persia y haci…

José Gilgado
Ler máis

As etiquetas en política

Xoán Bascuas

Como que non existe a loita de clases? Existe e están a gañala os meus, os ricos. (Frase de Warren Buffet, un señor con moito diñeiro).     A pesar do título, estas palabras non veñen falar de estilos de vestir en actos políticos, nin de roupas de gala parlamentaria, nin de cousas polo estilo. Modestamente pretendo criticar a actualización daquel discurso dos 60 de Daniel Bell sobre o fin das ideoloxías (ou quen prefira unha versión máis hispana, O crepúsculo das ideolo…

Xoán Bascuas
Ler máis

El tabaco del MSC Eloane

Cristóbal Mourín

El mar escupió la carga del MSC Eloane.Más bien una parte de ella. Cajetillas de tabaco, botes de leche en polvo, cartuchos de impresora o muebles fueron arrastrados hasta la costa.   A los arenales de Fisterra, Cee, Muxía o Camariñas volvieron centenares de curiosos. También hombres y mujeres solidarios, recuperando el espíritu del Prestige. En Fisterra, el ayuntamiento local colaboró en la recogida junto a voluntarios, y se recogieron un centenar de sacos de restos llegados a Arn…

Cristóbal Mourín
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Futbol Sala Santa Comba
Enova Energia
KNM Abogados
CMAT
Concello da Laracha
Centro de Ortodoncia e Implantologia Dr. J.M. Pose Rodríguez
Concello de Mazaricos
Concello de Neda
OndaHit
En breves

Adiante TV

Opinión

Pero llegaron los turcos. Oriente vs Occidente (II)

José Gilgado

Los encontramos en el este del mar Caspio donde habitaban los nuevos actores, los uguz o turcomanos. Un grupo denominado selyúcida se separó de los …

José Gilgado
Ler máis

As etiquetas en política

Xoán Bascuas

Como que non existe a loita de clases? Existe e están a gañala os meus, os ricos. (Frase de Warren Buffet, un señor con moito diñeiro).   …

Xoán Bascuas
Ler máis

El tabaco del MSC Eloane

Cristóbal Mourín

El mar escupió la carga del MSC Eloane.Más bien una parte de ella. Cajetillas de tabaco, botes de leche en polvo, cartuchos de impresora o muebles f…

Cristóbal Mourín
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información