5854 fans     1549 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

A irmandade xurídica galega fóra da burbulla

Publicada: 17/05/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 11 segundos.

Chegado o Día das Letras Galegas escóitanse os  recorrentes discursos de sempre: a culpa da perda de falantes  é das institucións, e nomeadamente da Xunta de Galicia. Non vou ser eu quen a exima da súa alícota responsabilidade, porque a Lei de normalización lingüística ten mandatos expresos. O problema da desgaleguización é moito máis complexo, porque son moitos máis os axentes que interveñen na pervivencia dunha lingua, sobre os que recae tamén a súa parte de responsabilidade.
 
 
A mocidade amosa desafección pola lingua, dise. Pero os sociolingüistas non se atreven a falar da causa causante do mal causado. O fracaso da galeguización do estudantando téna en grande parte –sempre hai excepcións- o profesorado que non atinou na pedagoxía aplicada, e na concepción literaria do proceso. Un erro transcendental. Creouse unha burbulla literaria para manter unha industria editorial que se dedicou a producir  unha inconmensurable oferta de títulos que atestaron os almacéns das editoriais con milleiros de libros que non eran demandados polos escasos lectores. A crise do sector fíxose evidente. Pero non se escoitan voces autocríticas. Porque  había unha retroalimentación entre uns e outros que deu lugar a esta situación. Sorpréndenos que ahora, alguén con responsabilidades editoriais afirme en declaracións a un medio de comunicación que a súa preocupación é “sacar o galego do gueto da escola”.
 
 
 
No  Día das Letras celebráronse moitos actos literarios. E houbo xantares, mesmo oficiais, onde os produtos postos nas mesas  non estaban etiquetados en lingua galega. Unha contradición que só se explica pola excesiva importancia que se lle dá aos valores literarios por riba do proceso de normalización lingüística que ten que abranxer a todos os sectores sociais e ás marcas comerciais que se identifican cos valores patrimoniais do país pregoándoo nas etiquetas; a estes dáselles as costas. 
 
 
Pero aínda hai máis. As moreas de persoas que celebraron este día das letras galegas –e as  organizacións sociais nas que están encadradas- non son coherentes co proceso regaleguizador. Se as decisións tomadas nas esferas persoais, que son moitas, fosen congruentes coa liturxia das celebracións destes días, a lingua galega chegaría a estar presente en moitos ámbitos. Pero non é así. Ás nosas celebracións sóbranlles devotos e faltanlles crentes no ideal.
 
 
Abrir novos espazos de uso para o galego. Iso é o que vén facendo desde hai once anos a Irmandade Xurídica Galega, apostando pola normalización lingüística nas esferas xudiciais e xurídicas. Velaí están os  xuíces, fiscais, funcionarios xudicais e os operadores xurídicos que están facendo posible que o noso idioma sexa de uso común nos tribunais de Xustiza. Custou furar, pero conseguíuse o que parecía imposible hai vinte anos. Un labor feito con  intelixencia e constancia. 
 
 
 
O próximo día 26 no vello Paraninfo da Universidade de Santiago acollerá o solemne acto da Irmandade Xurídica Galega no que se homenaxeará a Lois Peña Novo, egrexio xurista e galeguista nado hai 125 anos. Formalizarán o seu ingreso na Irmandade  vinteún xurístas que manifestarán o seu compromiso público coa lingua galega nas actividades profesionais, uníndose aos máis de douscentos cincuenta irmandiños e irmandiñas que xa o fan. Ao tempo imporáselle a insignia de ouro da Irmandade ao maxistrado do Tribunal Supremo Luciano Varela, preparador de moitos opositores á xudicatura que cando gañaron a praza optaron polo galeguismo pragmático.
 
 
 

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Plástico:la caza de brujas de la ecología europea

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Vamos al Lidl cargados con bolsas de arpillera o tenemos que surtirnos con unas talegas de cartón que se rasgan al primer descuadre de estive interno. Esta cadena ha retirado las bolsas de plástico por, supuestamente, conciencia ecológica. El movimiento anti-plástico recorre el final de década paralelo al Me Too o a la guerra contra el diesel. Se nos muestran imágenes de tortugas, delfines o corales envueltos en pexiglás, afirmándose que dentro de cincuenta años habrá en los océano…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Rusia,¿imperio bizantino o caballo de Atila?

José Manuel Palacín Y Rodríguez

A Tijon Shevkunov se le considera el padre ideológico de Valdimir Putin, si es que éste ha procesado deontología alguna en su vida. O sea, que este insólito prior ejerce más bien como factotum u hombre que susurra al oído del omnipotente líder ruso.Shevkunov, además de ortodoxo conservador, es un reputado cinéfilo que presentó su obra cumbre a comienzos del mandato del Nuevo Zar. "El desmoronamiento del Imperio o la lección de Bizancio", (así se titula esta cinta), responde en apa…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Inmigración y II Restauración en Galicia

Álvaro Rodríguez

En 2018 sucedió un hecho político de dimensión máxima.  La prensa  gallega,  cumpliendo  su obligación de informar, en sus portadas,  La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego,  La Opinión,  La Región, Diario de Pontevedra, ABC, sección Galicia,  nos trasladaban la última “Directriz”  aprobada por el Gobierno gallego.  Constaba la orden de la Xunta de dos fases o argumentos: Primero: “hay problemas de reemplazo generacional en Galicia”,  “el preocupante …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Carballeira Zas 2019
Día de Galicia 2019
SAT Busto Corzon Mazaricos
Concello de Coristanco
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Plástico:la caza de brujas de la ecología europea

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Vamos al Lidl cargados con bolsas de arpillera o tenemos que surtirnos con unas talegas de cartón que se rasgan al primer descuadre de estive interno…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Rusia,¿imperio bizantino o caballo de Atila?

José Manuel Palacín Y Rodríguez

A Tijon Shevkunov se le considera el padre ideológico de Valdimir Putin, si es que éste ha procesado deontología alguna en su vida. O sea, que este…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Inmigración y II Restauración en Galicia

Álvaro Rodríguez

En 2018 sucedió un hecho político de dimensión máxima.  La prensa  gallega,  cumpliendo  su obligación de informar, en sus portadas,  La Voz…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información