3841 fans     1287 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

A escola universitaria de estudos empresariais de Vigo

Publicada: 26/09/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
4
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 24 segundos.

Pola volta de 1957 un equipo relevante de persoas dedicadas á ciencia, á técnica e á vida económica, entre os que sobranceaban Cruz Gallástegui, director da Misión Biolóxica de Galicia; Álvaro Gil Varela, Antonio Fernández e Isidro Parga Pondal, todos os tres directivos de Cementos Oural e Zeltia, entre outras, decidiron crear a Revista de Economía de Galicia, facendo parte do seu Consello de Dirección, dirixido por Xaime Illa Couto, e anos despois por Xosé Manuel Beiras.

O obxectivo da publicación era darlle sentido galego ás actividades económicas “que aquí teñen  lugar, en canto son e en cando deben ser para o futuro”. Mentres durou a súa publicación a revista acadou unha notable proxección e reputación, porque, entre outras cousas, había nos seus números abondosas estudos sobre planificación económica de moita actualidade na Europa dos anos sesenta, que se complementaban con outros sobre os nosos sectores produtivos da autoría dos mellores especialistas daqueles anos.

O máis innovador daquela experiencia editorial foi a súa filosofía que relacionaba a economía e a cultura, “cuxa vinculación positiva non sempre se ten en conta; porque en Galicia non é infrecuente que se contrapoñan eses dous conceptos. O factor económico inflúe na cultura. Pero non é menos certo que a cultura inflúe decisivamente no desenvolvemento económico”. Aquí radicaba a novidade da filosofía económica do Consello de dirección  da revista. As súas propias empresas foron exemplo dese compromiso coa cultura galega.A revista creou escola de pensamento económico en clave galega e galeguista, que deu pé a innumerables monografías socioeconómicas para o estudo das riquezas naturais de Galicia, seguindo o traballo iniciado por Lucas Labrada e outros coetáneos da Ilustración do século dezaoito.

Aquel espírito creativo debeu ter continuidade a partir da creación da Facultade de Económicas da USC en 1968, que coincide coa publicación do derradeiro número da Revista de Economía de Galicia; pero o certo é que co paso do tempo foron escaseando as publicacións de estudos económicos referidos a Galicia. Esta carencia bibliográfica incide negativamente na formación dos universitarios de económicas e empresariais e nas súas actitudes respectos dos problemas do país. 

O Foro E. Peinador tense preocupado por estas carencias e vén pregoando a necesidade de recuperarmos aquel espírito de galeguidade nos centros académicos, abrindo novos espazos para o coñecemento da historia e pensamento económico de Galicia con inequívoca conexión coa cultura. Hoxe albiscamos unha pequena posibilidade para levarmos a cabo ese propósito contando co entusiasmo do equipo directivo da Escola Universitaria de Estudos Empresarias da Universidade de Vigo, formado por Consuelo Currás Valle (directora), María Jesús Barsanti Vigo, María del Mar Riveiro Pérez, Araceli González Crespán e Emilio García Roselló, dispostos todos eles a converteren a Escola nun centro de referencia no sistema universitario galego, empeño no que serán apoiados polo Secretaría  Xeral de Política Lingüística. 

Tres serán as actuacións que se desenvolverán para poñeren pé esta nova experiencia:

1. Organizar un módulo formativo anual con contidos que complementen os estudos teóricos do currículo académico para un mellor coñecemento da realidade soecioeconómica de Galicia e as estratexias aplicables á xestión empresarial en íntima conexión coa nosa identidade cultural que dea pé a unha marca-país galega.

2. Como todo intento anovador precisa dun microclima cultural propicio para desenvolver a pedagoxía necesaria, as aulas bautizaranse cos nomes de recoñecidos empresarios de éxito que na historia de Galicia deixaron a súa inequívoca pegada de galeguidade: Enrique Peinador Lines, Antonio Fernández López, José Fernández López, Ramón Obella Vidal, Álvaro Gil Varela, Xesús Cabanal Fuentes, Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane, Isidro Parga Pondal, Valentín Paz Andrade, Ramón Castromil,  e a histórica figura de Antonio Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos, exemplo de empresario innovador adiantado ao seu tempo.

3. Estas actuacións complementaranse cun premio anual para fomentar o uso da lingua galega ao tempo que se procurará a adhesión dos docentes a participar nesta arela galeguizadora. 

As universidades galegas teñen a obriga de alentar este espírito anovador.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Día da patria galega/Día de Galicia, xornada de pedagoxía galeguizadora

Xosé González Martínez

Presenciei moitas veces a mesma escena, aínda que con distintos protagonistas. Rematada a manifestación para reclarmar  protección gobernamental para o agro galego, ou reivindicar postos de traballo, grupos de manifestantes acuden aos bares levando debaixo do brazo bandeiras e pancartas para celebraren o éxito da convocatoria. Pídenlles aos camareiros viños, vermús, cervexas e  “algo para picar”, sen demandaren que sexan produtos galegos etiquetados na nosa lingua. A escena por frec…

Xosé González Martínez
Ler máis

Saiamos a rua a festejar !! Um novo tratado de livre comércio foi un feito!!!

Daniel Lago

Isso seria a lógica mesma, que deveria de funcionar logo da posta em marcha do JEEPA, o acordo de livre comercio entre a UE e o Japão.   Na contra, não olho as massas sair à rua manifestar a sua postura “contra” do acordo, assim como sim acontece com os tratados de livre comercio com o Canadá ou com EUA. Como sempre, deve ser que os maus não serão realmente os acordos de livre comercio, serão os acordos de livre comercio com os EUA ou com o Canadá. É por isso, que a gente fi…

Daniel Lago
Ler máis

I +D + I + G

Xosé González Martínez

En certa ocasión fun levado a coñecer unha Escola de Negocios dunha entidade financieira. O seu director foime amosando as modernas instalación dotadas de todos os medios tecnolóxicos. Sentíase fachendoso porque cada aula levaba o nome dun coñecido economista.   Pregunteille porque non había ningunha dedicada a un galego. Non soubo que contestarme. Pedínlle información sobre os cursos que se impartían na Escola e nos temarios editados cun lustroso deseño non atopei ningunha ref…

Xosé González Martínez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Día de Galicia - 25 Julio 2017
Enova Energia
Festival da Luz Gadis 2017
KNM Abogados
Verán Xalleiro 2017
Costa Artabra
OndaHit
Auto Xallas 2017
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Día da patria galega/Día de Galicia, xornada de pedagoxía galeguizadora

Xosé González Martínez

Presenciei moitas veces a mesma escena, aínda que con distintos protagonistas. Rematada a manifestación para reclarmar  protección gobernamental p…

Xosé González Martínez
Ler máis

Saiamos a rua a festejar !! Um novo tratado de livre comércio foi un feito!!!

Daniel Lago

Isso seria a lógica mesma, que deveria de funcionar logo da posta em marcha do JEEPA, o acordo de livre comercio entre a UE e o Japão.   Na c…

Daniel Lago
Ler máis

I +D + I + G

Xosé González Martínez

En certa ocasión fun levado a coñecer unha Escola de Negocios dunha entidade financieira. O seu director foime amosando as modernas instalación dot…

Xosé González Martínez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información