- Cargando las noticias de última hora...
Xosé Abelenda

Sindicalista xalleiro afincado en Suíza.
Radio Xallas batendo no dial
Publicada: 01/02/2019
Email Facebook Twitter Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo
Tempo de lectura: 3 minutos e 26 segundos.
Unha boa nova para a comarca do Xallas é saber que xa podemos escoitar de novo Radio Xallas, o altofalante dos xalleiros e xalleiras co programa estrela “A Encrucillada”, dando voz a todas e todos sen censura (cousa rara nestes tempos que corren).
A nosa radio local é tamén unha fiestra aberta á nosa actualidade local e que máis dunha vez se lembrou de nós os emigrantes, importante recalcar que unha boa parte do noso pobo por desgraza xa nace cunha maleta na man.
Teño que dicir que para min foi un orgullo ser entrevistado por Xosé Manuel Lema, na miña terra, no meu lar. Ese día estaba moi emocionado, xa que despois de pasar en varios medios de comunicación; galegos estatais e helvéticos faltábame a nosa radio comarcal. Gostei de informar dos dereitos e obrigas laborais e sociais en Suiza e das nosas loitas sindicais por mellorar as condicións de traballo e tamén no aspecto social da nosa xente que tivo que deixar a súa familia, as súas terras, a súa xente e encamiñarse cara a Confederación Helvética, como fixeron entre outros meus pais e coma moitos fillos de emigrantes quedei o coidado de meus avós.
No meu caso nunha aldea chamada Grixoa de Esternande e non quero esquecerme de nomear Boaña de Arriba, onde vivín un tempo ca miña familia materna. Lembrareime sempre dos pasos do Rubeiro (agora cheos de maleza) que cruzaba tentando non mollarme para ir visitar os meus familiares cando xa estaba vivindo en Grixoa da Mina. O Abelenda moito se enrolla, diredes e razón non vos falta pero a terriña tira e os recordos son moitos. Pois adiante Radio Xallas batendo de novo no dial, contando as nosas historias e dando voz á nosa xente, cousa moi importante neste mundo globalizado e onde as redes sociais son as protagonistas deste mundo virtual.
Precisamos máis ca nunca de medios de comunicación que nos conten a nosa realidade e con extremo rigor. Dende terras Helvéticas, boa sorta e que a Radio Xallas sIga sendo a casa de todas e todos.
Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:
Pódeche interesar...
Victimismo de los favorecidos y progreso de los desfavorecidos
José Gilgado
La semana pasada estuve en una cena con Meritxell Budó, portavoz del gobierno autonómico catalán. Una ocasión para conocer sin intermediarios, los medios de comunicación, las esperanzas y deseos del separatismo afincado en Cataluña. Me ha servido para concluir algo que, supongo, conocen o deberían de conocer los actores políticos sobre los que recae la responsabilidad de representación otorgada a través de las urnas, y que no es otra cosa que lo interiorizado que tiene el independentis…

Elites do capitalismo, e culpa da “desaceleración”
Álvaro Rodríguez
Nas eleccións xerais do ano 2008, o bipartidismo (PP-PSOE) obtivo o 83,81% dos votos emitidos, (21.567.345 votos). Nas eleccións do pasado 10 de novembro, cunha participación inferior nun 4% á do ano 2008, o bipartidismo PP-PSOE obtivo o 44,90% dos votos expresados, ou o que é o mesmo, 11.772.852 votos, sendo case a metade dos obtidos nas votacións de 2008. E lembremos que en abril de 2019 o PP-PSOE sacou o 48,32%. En ambos os casos, abril ou novembro, obtiveron menos…

Parte de Laxe desaparecerá baixo o mar
Óscar de Souto
Recentemente GCiencia, El País, La Voz de Galicia, Praza.gal e outros moitos medios de comunicación, nacionais e internacionais, recollen, en datas recentes, a nova información actualizada por Climate Central confirmando os pronósticos para as pròximas décadas debido ao aumento do nivel do mar. 300 millóns de persoas veranse afectadas ou desplazadas por este fenómeno. Moi curioso o caso das «dunas caolínicas» da rúa Isidro Parga Pondal de Laxe (entre o campo do escaravello e a…
