6452 fans     1594 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xosé Abelenda

Xosé Abelenda

Sindicalista xalleiro afincado en Suíza.

Patriotismo de pacotilla

Publicada: 15/11/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 21 segundos.

Nunca tanto se escoitou falar da constitución como nestes últimos días. Unha España corrompida, antes que rompida. No estado español temos un partido político que se di defensor da santa constitución e da legalidade, mais cando se trata de pagar a sede en B, de financiarse ilegalmente, non importa tanto a ilegalidade ou a falla de ética total.

Co tema de Cataluña, xa non importa se a precariedade laboral está en auxe, se emigramos coma nunca, se os postos novos de traballo son puntuais, se as pensións non están garantidas, o importante é a UNIDAD DE LAS ESPAÑAS. 

Señor Rajoy, presidente do Partido Popular, un partido campión en caciquismo e tramas financeiras escuras, onde todo indica que recibiu sobresoldos dun xeito ilícito, con que cara pode pedir que se cumpra a lei e que se cumpra a constitución? 

Noutros lares o Partido Popular sería ilegalizado polos casos graves de corrupción e Rajoy cesado de xeito fulminante. Os que nos gobernan son os de sempre, so mudaron o paxaro, seguen sen condenar as atrocidades franquistas e non lles importan ir da man da Falange ou de Democracia Nacional  nas manifestacións; por certo na manifa de Valencia berrouse <>. Que esperan o PP, Ciudadanos ou o PSOE pra solicitar medidas contra este grupo de nazis que ameazan e que nos lembra os campos de concentración?

Que teñamos presos políticos no cárcere só por facilitar que o pobo se exprese democraticamente, por poñer unhas urnas e pola contra Urdangarín ceibe por Xenebra, despois de ser condenado e que a xustiza española nos casos de corrupción tan impresionantes que estamos a sofrer, non amose tanta celeridade nin tanta firmeza, nas condenas contra a corrupción. O pobo ten que ter a última palabra, a xustiza adáptase aos novos tempos, se a xente non loitara por mudar as cousas, non teriamos dereito ao divorcio, ao aborto, seguiriamos co dereito de pernada. O momento chegou, de mudar, o dereito a decidir, ten que ser unha realidade, que o pobo teña a posibilidade de lanzar iniciativas e referendos.A que serve ese patriotismo de pacotilla, se ao fin de contas para Suíza os cartos levan, se só miran polos que están forrados, se cando deciden que emigrar é turismo. Que se pode esperar de esta xente!

Que podemos esperar dun Rajoy que non domina ningunha lingua estranxeira e se avergoña de falar galego, do home <> da xestión desatrosa do Prestige. Por certo, o exiliado Puigdemont fala cinco idiomas, claro, pero os independentistas non cren que todo xira ao redor de Madrid e que co español se vai a todos os lados, nin cren no colonialismo, iso chámase  abertura de mente.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación.  Con este feito compróbase que a  esquerda  rupturista é un mito.  Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.  As declaracións de Villares e o espectáculo do últimos catro anos no parlamento galego, plasman que os  intereses e ambicións persoais, unen  mái…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se inspiró en la Expulsión de los Judíos de 1492, efectuada por los Reyes Católicos. Acusando así a España de grandes crímenes contra la humanidad.   Partiendo de la base de mi empatía por el pueblo judío y por el reconocimiento de Israel como nación legítima, tengo que reseñar que el Reino de España no fue el primero de la historia …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamento dos medios de comunicación sobre os cidadáns, e chegou á conclusión de que as persoas non se atreven a ir en contra da opinión  defendida polos medios de comunicación, xa que se o fan son marxinadas e atacadas.  Consideraba que nesta sociedade as ideas  contrarías ao sistema dominante,  eran atacadas e desprestixiadas.  Ante esa real…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Entroido Vimianzo 2020
Feira Primavera Santa Comba 2020
Autos Xallas
Entroido A Braña 2020
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamen…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información