6135 fans     1567 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xoán Bascuas

Xoán Bascuas

Xoán Bascuas. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Profesor de Traballo Social na Universidade de Santiago de Compostela.

O gasto social e a trabada das ovellas

Publicada: 03/02/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 8 minutos e 54 segundos.

Vivimos tempos nos que a obsolescencia programada sinala un onte permanente. Onde todo debe ser expresado ocupando menos de 140 espazos. Nos que unha imaxe vai asumindo máis forza que mil palabras e nos que nada importa máis que un lema, ou que un slogan publicitario.

É a época na que a política que trunfa é a do discurso baleiro, a do poder do simbólico, a da forza da imaxe e a do impacto da metáfora. Son días nos que hai “partidos instrumentais”, cando todos eles o son por definición (non son todos ferramentas para alcanzar obxectivos?); ou de procesos de unidade popular, como se houbera forzas políticas que non supoñen a suma de xente do pobo; tempos nos que pretende superar as etiquetas da esquerda e da dereita como se esta fose a primeira fin das ideoloxías.

A realidade é que todo isto da nova política xa o vivimos antes. Si. Xa na década dos oitenta había novos movementos sociais e Offe deixou moito escrito de todos deles. Xa Europa viviu como eses movementos sociais se convertían en forzas políticas. E tamén o vello continente ficou decepcionado pola distancia entre o que se insinúa que se vai facer. É unha volta aos 80: por un lado, Trump e May, a modo dun mal actor convertido en presidente e a segunda edición da dama de ferro; e por outro, a pureza da esquerda que vén ao rescate da maioría social, concepto xa acuñado naquelas datas, vítimas dunha crise, xa ensaiada con demasiada frecuencia.

Dicía que son tempos da política feita metáfora. A tal punto de que non se acepte, baixo ningún concepto, que algunha actuación puntual pode ser obxecto de crítica, contribuíndo con isto ao retorno tamén da figura do amado líder. Chégase ao extremo de que se examine ao autor dunha crítica construtiva como o colaborador necesario que o inimigo precisa. Con todo, non menos certo é que tamén son tempos da crítica ridícula, inzada e grotesca, que logo resta credibilidade á que se fai con máis ou menos tino.

Dicía Joyce que as nosas accións son os mellores intérpretes dos nosos pensamentos. Xa que logo, observemos as accións para examinar o contido real do que se fai e do que se deixa de facer de quen afirmou a súa vontade de chegar para mudalo todo.

Ben sei que unha cidade, un país e mesmo o mundo universo non se cambia nun instante. E que todo debe ser gradual (os socialdemócratas levamos esta aprendizaxe no noso ADN). E máis aínda que son mudanzas que afectan aos alicerces mesmos dunha sociedade. E sobre todo, se afectan ás capas sociais máis desfavorecidas dunha comunidade.

Así, por exemplo, para evitar que existan os desafiuzamentos fai falla todo un proceso lexislativo que debe nacer do Congreso dos Deputados. Entón, pódese chegar ao poder municipal coa promesa de que non vai haber máis lanzamentos no Concello que se gobernar? Que resultaría máis preocupante: prometer algo que non sabes que non podes cumprir ou prometer algo que sabes que vas incumprir?

Eu comparto que a política actual ou é política social ou non é. Pero nada contribúe máis a desarmar esta premisa que dicir que vas facer política social, que este é un eixo que vertebra o teu programa, para logo vender fume. Quen fai causa dunha renda de inserción para axudar a esa persoas que non son cubertas ou desatendidas  pola RISGA, non é posible que tarden un ano en redactar unha ordenanza municipal. E que aínda por riba, deixe fóra á xente como a inmigración irregular. Ou que se acompañe esta medida estrela dunha proposta orzamentaria inicial de 3 millóns de euros; que despois se reduza a 2,1 millóns; e que despois fique simplemente no 10% da contía prevista en principio (isto é, que se dispoña de 300.000 euros).

Que conexión hai entre o que se di e o que se fai cando un goberno municipal fai da erradicación do chabolismo unha temática recorrente, para posteriormente só executar 2.300 euros dos pírricos 70.000 destinados a este obxectivo? De que vale incrementar o que se vai gastar en servizos sociais se máis adiante non se materializa ese gasto, até o punto de deixar de gastar 6,5 millóns de euros?

Hai quen podería argumentar que a non execución de gasto non é unicamente causa de quen goberna. Pode ser, pero iso tamén é xestión e capacidade de acordo cando non se ten maioría. Hai quen poderá dicir que ao non executar gasto estase a minimizar a débeda alén dos imperativos legais de Montoro. Coidado con ese argumento, porque a nova política acusaba á vella de andar preocupados de aforrar ou de pagar débeda cando a sociedade tiña necesidades básicas sen cubrir.

Houbo quen soubo, e con moito acerto, alentar a esperanza da xente. Pode que a xente remate por non facerlle caso aos medios de comunicación que fan da crítica unha consecuencia dunha triste vendetta. Pero, contrariamente ao que dixo un deputado galego en Madrid, eu coido que a xente non é parva. Pode que perdoen moitas cousas. Pero non creo que desculpen que asasinen a súa esperanza.

O propio escritor irlandés deixou escrito no seu “Ulises” aquilo de que a xente pode soportar que lle morda un lobo, pero leva mal que lle trabe unha ovella. E isto leva camiño de ser unha mala trabada.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Antipopulistas, populistas e loita de elites

Álvaro Rodríguez

O concepto de populismo sempre foi usado como un adxectivo  peyorativo,  e excepcionalmente como un substantivo.  A excepción esta en os  Naródnik,  que deron lugar ao primeiro partido revolucionario ruso: «A Vontade do Pobo» (en ruso:  Naródnaya  Volya). Máis sempre o termo populista foi utilizado como unha inxuria polo poder establecido desde o século  XIX, o poder liberal.  Foi o sociólogo  Pareto quen no século  XX analizou a política como unha loita entre elites que …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Análise política da UE e o papel do Reino de España

Álvaro Rodríguez

Non existe unanimidade sobre a natureza política da UE. No presente artigo pretendemos expoñer  a visión defendida por certos pensadores, que é diferente á divulgada polos medios de comunicación dominantes. Os  autores que citamos e expoñemos o seu pensamento en relación á UE,  son  da dereita e esquerda, españois e estranxeiros,   e iso a través de estudos, ensaios e artigos  publicados nos últimos 15 anos.  Especialistas no pensamento e a historia contemporánea de Europ…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

O gran engano: propaganda e mentira do globalismo.A realidade galega

Álvaro Rodríguez

O presente estudo pretende aclarar ideas e conceptos sobre o  globalismo que está a arrasar a economía e sociedade galega. E iso desde o radicalismo democrático contra a gran mentira hexemónica.  O engano ou a mentira fan miles de anos que esta estudado e é usado na arte da política e da guerra. Escribía  Sun  Tse que “a arte da guerra é a arte do engano; se adoptamos sempre unha aparencia contraria ao que somos, aumentamos as nosas oportunidades de vitoria”. (Sun  Tse. A art…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Feira de Outono Santa Comba 2019
SAT Busto Corzon Mazaricos
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Antipopulistas, populistas e loita de elites

Álvaro Rodríguez

O concepto de populismo sempre foi usado como un adxectivo  peyorativo,  e excepcionalmente como un substantivo.  A excepción esta en os  Naródn…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Análise política da UE e o papel do Reino de España

Álvaro Rodríguez

Non existe unanimidade sobre a natureza política da UE. No presente artigo pretendemos expoñer  a visión defendida por certos pensadores, que é d…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

O gran engano: propaganda e mentira do globalismo.A realidade galega

Álvaro Rodríguez

O presente estudo pretende aclarar ideas e conceptos sobre o  globalismo que está a arrasar a economía e sociedade galega. E iso desde o radicalism…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información